ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 24 de setembro de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 8
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


ACARL pide máis tempo

ACARL aparenta terlle collida a medida aos interlocutores sociais estatais: as caixas de aforro están a marcar os modos e os tempos desta negociación. A data de hoxe seguimos sen coñecer qué pensan as caixas deste convenio, e piden máis tempo para seguir estudiando as propostas sindicais, marcando a seguinte reunión para o 14 de outubro.

Dende a CIG anunciamos a nosa intención de continuar co proceso de mobilizacións que comezamos o 25 de xuño pasado, así como a posible impugnación dos artigos do convenio colectivo relativos ás categorías profesionais, se as caixas non se aveñen a negociar un novo sistema de clasificación profesional.

Pola súa banda, CCOO e UGT fixeron entrega na mesa dunha relación de puntos en común; non é unha plataforma conxunta que contribúa a avanzar cara a, cada día máis necesaria, unidade sindical. Con esta tímida medida os sindicatos estatais tratan de desbloquear a negociación.

Chegados a este punto, e para cambiar esta situación, consideramos que é imprescindible contar coa participación e colaboración de tódolos traballadores e traballadoras do sector, polo que facemos un chamamento á vosa asistencia ás distintas asembleas convocadas pola CIG.


Galiza, 23 de setembro de 2003.


Data e hora das Asembleas do Sector Financeiro (Banca e Aforro)
A Coruña24/09/0319:00 horasSalón de Actos da CIG.
Alfonso Molina, s/n-Edificio Sindicatos.
Vigo24/09/0319:00 horasSalón de Actos da CIG.
Gregorio Espino, 47 entrechán.
Lugo24/09/0319:30 horasInstituto Lucus Augusti.
Avenida Rodríguez Mourelo, s/n.
A Estrada24/09/0317:00 horasCafetería Plaza
Ourense25/09/0319:00 horasAISS (Antiga Casa Sindical).
Parque San Lázaro, 12-baixo.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/09/2003