ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 21 de outubro de 2003

Campaña de mobilizacións contra o Estatuto Marco e a Losga
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Dende a CIG iniciamos unha campaña de sensibilización e mobilización que percorre unha serie de medidas como envio de sinaturas de traballadores aos grupos parlamentares, peches de cadros sindicais, concentracións de traballadores, enterros da sanidade pública, reparto intensivo de propaganda, etc.

pdfImprime e difunde.
 
O Senado está debatindo o proxecto de lei do Estatuto Marco (EM) que sustituirá aos actuais Estatutos de Persoal dos centros sanitarios públicos en todo o Estado. O texto sometido a aprobación dende o Ministerio de Sanidade se carga boa parte dos nosos dereitos laborais e fai unha nova regulación da xornada que nos coloca a disposición permanente dos centros.

Dende CIG-Saúde vimos denunciando dende hai meses estas propostas das administracións sanitarias e algunha cuestión parcial conseguimos emendar, pero seguimos pensando que mantén suficientes aspectos negativos como para rexeitalo e continuar defendendo a necesidade de introducir profundas modificacións.

Pola sua parte, o Parlamento de Galicia continúa debatindo o proxecto de Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia (LOSGA), unha norma que torpedea a liña de flotación do sistema sanitario público, e que ademáis tamén contempla unha serie de medidas de flexibilidade laboral e de limitación dos nosos dereitos, en aplicación ampliada e descarnada das normas básicas que se aproben no Estatuto.

No mes de novembro remata a tramitación parlamentar destas duas importantísimas leis, que xuntas representan a reforma laboral máis agresiva dos últimos trinta anos para o persoal dos centros sanitarios do Sergas, e entendemos que é a nosa responsabilidade facer entre todos o último esforzo, inda máis intenso, para conseguir o mantemento dos nosos dereitos laborais e profesionais conquistados e a regulación dunhas condicións de traballo que garantan a estabilidade laboral, a calidade profesional, e a mellora da atención sanitaria.

Para elo, dende a CIG iniciamos unha campaña de sensibilización e mobilización que percorre unha serie de medidas como envio de sinaturas de traballadores aos grupos parlamentares, peches de cadros sindicais, concentracións de traballadores, enterros da sanidade pública, reparto intensivo de propaganda, etc.

Os dias 15 e 16 celebráronse peches de delegados nos principais hospitais do Sergas, e o próximo mércores dia 22 está prevista a celebración do enterro da sanidade pública na que se espera unha masiva participación de traballadores dos centros implicados. E a campaña continuará nas seguintes semanas con novas iniciativas en tanto continúe o debate parlamentario do Estatuto Marco e da Losga e non vexamos reflexada a favorable acollida das nosas enmendas de fondo nos texto desas duas leis.


Vigo, 17 de octubro de 2003.

Xoán Cons, secretario xeral de CIG-Saúde.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/10/2003