ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 21 de outubro de 2003

CIG, UGT e CCOO acordan mobilizarse contra a LOSGA a partir de novembro
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
A primeira manifestación conxunta consistirá nunha concentración fronte a sede do Parlamento de Galiza o mesmo día en que comeze o debate sobre o texto legal en sesión plenaria, previsibelmente na primeira semana de novembro.
 
Os sindicatos CIG, UGT e CCOO acordaron iniciar un calendario de mobilizacións xontra o proxecto de Lei de Ordenación Sanitaria de Galiza (LOSGA). A primeira manifestación conxunta consistirá nunha concentración fronte a sede do Parlamento de Galiza o mesmo día en que comeze o debate sobre o texto legal en sesión plenaria, previsibelmente na primeira semana de novembro.

Dita concentración congregará a delegados sindicais dos tres sindicatos e a traballadores/as do sector sanitario así como a cidadáns convocados en en diversas cidades galegas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, segundo anunciou o seu portavoz, Manuel Martín, acompañado dos secretarios xerais da CIG, CCOO e UGT.

Os tres sindicatos presentaron un manifesto conxunto no que expresan a súa “fonda preocupación” polo proxecto da LOSGA, ao entender que subpón unha “subvención encuberta” ás empresas privadas con ánimo de lucro con os preuspostos públicos ao encadrar nunha mesma rede aos centros propios do Sergas e aos que suscriban concertos coa Administración.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/10/2003