Actualidade Santiago, 17 de outubro de 2003
Por impedir a discusión en Pleno dunha moción sobre a nova Lei de Estranxería O Foro de Imigración denuncia a actitude antidemocratica do alcalde de Santiago Na Orde do Dia do Pleno municipal do xoves 28 de setembro estaba como un dos pontos a tratar a Moción na que se instaba ao Governo municipal a un pronunciamento a prol dos direitos sociais da imigración en Compostela. No escrito transladaba-se ao Governo municipal a que adoota-se unha atitude de “rebeldia administrativa” diante do interese do Governo central de poder aceder ao Padrón Municipal de Habitantes para recadar dados da povoación imigrante. O dia 28 de setembro diante do Pazo de Raxoi un grupo de persoas pertencentes ao Foro de Imigración apresentaron-se para acudir ao Pleno. Tras un primeiro intento no que axentes da Policia Local dixeron que non se podia entrar xa que non habia cadeiras libres no Pleno, deixaron entrar a 3 persoas. Cando ian subindo apareceu o Sr. Luís Toxo quen lles informou que non se ia discutir no Pleno pois habia moitos pontos na Orde do Dia e que ian con demora, e que se ia debater nun prazo dun mes. Estas 3 persoas, entre as cais estaba o voceiro do Foro de imigración, abandoaron o Concello. O Foro de Imigración informou-se despois, e xa pola noite, logo do peche do Pleno, que tanto o Sr. Luís Toxo como o Sr. Xosé Sánchez Bugallo informaran ao Pleno Municipal que “o Foro de Imigración retirara unha hora antes a Moción, polo que xa non tiña sentido o seu debate”. O Foro de Imigración, que reúne a máis de trinta entidades de Compostela, entidades de imigrantes, parroquiais, sociais, sindicais e políticas denuncian esta actitude, e sinala o seu interese polo debate da moción, e amosa o seu desconcerto diante dos impedimentos postos polo Sr. Luís Toxo e o Sr. Alcalde para que este procedimento democrático non sexa deturpado, e informan que acudirán ao Pleno para proceder a sua apresentación e fundamentación. O Foro de Imigración denúncia publicamente que o Sr. Xosé Sánchez Bugallo diga na Cadena Ser que o Foro renunciara o debate no Pleno Municipal da moción, e que diga que todo é unha manobra do BNG municipal. O Foro de Imigración é unha Coordenadora de diversas entidades, e non responde a política municipal de nengún partido. Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2003.
|