ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 24 de outubro de 2003

Ocupacións das Mutuas por representantes sindicais da CIG
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Clic para aumentar
Clic para aumentar
As cifras de persoas que participaron nas ocupacións de distintas Mutuas son as seguintes: Vigo, 500; A Coruña, 250; Pontevedra, 200; Ourense, 200; Ferrol, 150; Compostela, 120; Lugo, 80, Viveiro, 40. Nalgún caso, como Vigo, ocupáronse dúas Mutuas distintas.
 
O xoves 23 de outubro, durante as últimas horas da mañá, mil cincocentos delegados/as sindicais e membros dos organismos da direción da CIG concentráronse e ocuparon oficinas de Mutuas en todas as cidades do País. Pódese dicir que a protesta foi polo tanto un éxito, que era esperado, tendo en conta a gravidade do problema que se denunciaba.

Concretamente as cifras de persoas que participaron nas ocupacións de distintas Mutuas (dependendo de cada cidade) son as seguintes: Vigo, 500; A Coruña, 250; Pontevedra, 200; Ourense, 200; Ferrol, 150; Compostela, 120; Lugo, 80, Viveiro, 40. Nalgún caso, como Vigo, ocupáronse dúas Mutuas distintas.

Os organismos de direción da central sindical consideran necesario continuar con estas e outras medidas de forza ate conseguir que as Mutuas modifiquen a súa practica (moi xeralizada) pola que se perxudican os direitos laborais de miles de traballadores que causan baixa por algún tipo de lesión, coa única (aparentemente) pretensión de aumentar beneficios empresariais. Nos últimos anos esta actitude, que afecta dun xeito negativo á saúde dos traballadores/as e direitos laborais que custou moito conquerir, foi a peor e todo indica que se quere consolidar como unha práctica normal.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/10/2003