ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 28 de novembro de 2003

Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 18
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
A manifestación que percorreu as rúas de Pontevedra ía encabezada por unha pancarta co lema “Convenio Galego XA; Eiquí traballamos eiquí negociamos”. (Ver reportaxe gráfica).
 
A CIG continúa as mobilizacións e solicita a intermediación do Ministerio de Traballo

O pasado día 21 de novembro máis de 300 delegados/as da CIG (cifras da Voz de Galicia e do Faro de Vigo) de tódolos Comités de Empresa do sector financeiro na Galiza, participaron na manifestación convocada pola Federación de Banca e Aforro da CIG ante a ruptura da negociación do Convenio da Banca.

A manifestación que percorreu as rúas de Pontevedra ía encabezada por unha pancarta co lema “Convenio Galego XA; Eiquí traballamos eiquí negociamos”.

Dentro do proceso de mobilizacións que comezou o pasado mes de xuño, e despois das manifestacións de Santiago e Pontevedra, a CIG vén de convocar unha nova Manifestación Nacional para o día 19 de decembro, esta vez na cidade de Ourense.

Por outra banda, a CIG solicitou oficialmente a intermediación da Dirección Xeral do Ministerio de Traballo para que convoque ás partes a unha reunión co fin de recompoñer a Mesa de Negociación. Primeiro paso para o desbloqueo da actual situación.


En resume:

  • A manifestación convocada pola CIG en Pontevedra contou con máis de 300 delegados/as segundo a prensa.
  • Convocamos unha nova Manifestación Nacional o 19 de decembro en Ourense.
  • A CIG solicitou a intermediación do Ministerio de Traballo para que convoque ás partes.


Galiza, 27 de novembro de 2003.


pdfImprime e difunde.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/11/2003