Actualidade / ArtigoVolver


Santiago, 13 de xaneiro de 2004

Gañará Bush en Oriente Medio?
 

Heinz Dieterich Steffan-

Actualidade GalizaCIG


A xogada de apertura nese xadrez de conquista mundial -que combina plans programados propios con erros do adversario e conxunturas momentáneas, nunha flexíbel e multifacética estratexia de intervencións militares, ameazas nucleares, chantaxes económicas, presións políticas e guerras psicolóxicas- deuse en Asia do sur, co golpe militar estadounidense de Pervez Musharraf en Paquistán, en outubro de 1999, que produciu a retagarda necesaria para a ocupación militar de Afganistán, en outubro do 2001.


Para Néstor Kirchner.


 Búscase Bush
Factores que contradín a triunfal marcha da nova teoría do dominó, son oportunamente excluídos da análise. Entre eles, a crecente sofisticación militar da resistencia iraquí e as forzas políticas centrífugas do país; a cada vez máis documentada mentira das armas de destrución masiva, a través do Hutton-Report en Gran Bretaña e do Carnegie Endowment for Peace, en Estados Unidos. O déficit fiscal e comercial estadounidense, que representan cada un arredor do cinco por cento do Producto Interior Bruto e que foron cualificados publicamente polo Fondo Monetario Internacional (FMI) como unha "ameaza para a estabilidade financeira da economía global"; a destrución de tres millóns de empregos baixo o goberno de Bush que creou a peor situación do mercado laboral en vinte anos, e a depreciación do dólar nun trinta por cento.
 
No 2004, Bush quere gañar en tres frontes de guerra: Oriente Medio, Washington e América Latina. E unha lectura triunfalista da dereita, desde o comandante da 82 División Aerotransportada en Iraq, até o voceiro do complexo militar-industrial estadounidense-israelí no 'The New York Times', William Safire, asegúranlle a Bush que a vitoria nos tres campos de batalla é posíbel.

Hai que recoñecer que esa lectura, aínda que eufórica, é posíbel, desde o punto de vista daqueles que orixinaron a guerra en Iraq, loitan pola súa perpetuación no poder en Washington e iniciaron unha ofensiva frontal contra a soberanía e dignidade latinoamericana, representada nos gobernos de Arxentina, Brasil, Cuba e Venezuela.

A camarilla que orixinou a guerra, está organizada no Proxecto polo Novo Século Americano (PNAC), que foi fundado en 1997, en torno a Donald Rumsfeld, Dick Cheney e Paul Wolfowitz. O PNAC foi a expresión organizativa do centro de gravitación socio-económica que determina a política de Bush: o complexo militar-industrial estadounidense, coa súa base de masas no fundamentalismo cristián e o seu segmento condutor político visíbel no Partido Republicano, xunto co complexo militar-industrial de Israel e a súa cabeza dirixente, a fracción sharonista do Likud.

Xa durante o goberno de Bill Clinton, a camarilla presionou ao Presidente para que "derrubase o réxime de Sadam Hussein do poder", se fose necesario pola forza, e que fixese unha política "máis aseverativa" en Oriente Medio. Nun informe preelectoral do 2000, revelaron unha premonición tan extraordinaria como sospeitosa: afirmaron que eses cambios se darían lentamente, salvo que "houbese un evento catastrófico e catalizador, como un novo Pearl Harbour".

Clinton non lles fixo caso, pero a fraude electoral de Bush púxoos no poder e os atentados do 11 de setembro déronlles o seu evento "catastrófico e catalizador", o seu "novo Pearl Harbour", co cal iniciaron o que adoitan chamar entre si, "A Cuarta Guerra Mundial".

A xogada de apertura nese xadrez de conquista mundial -que combina plans programados propios con erros do adversario e conxunturas momentáneas, nunha flexíbel e multifacética estratexia de intervencións militares, ameazas nucleares, chantaxes económicas, presións políticas e guerras psicolóxicas- deuse en Asia do sur, co golpe militar estadounidense de Pervez Musharraf en Paquistán, en outubro de 1999, que produciu a retagarda necesaria para a ocupación militar de Afganistán, en outubro do 2001.

Despois de Afganistán, o método da invasión militar foi utilizado novamente en Iraq, en marzo do 2003, para pór a Ahmed Chalaby, exbanqueiro criminal, refuxiado en Estados Unidos, no poder en Iraq. En Xeorxia, de central importancia xeoestratéxica petroleira na zona, Washington organizou unha insurrección popular en novembro do 2003 contra o corrupto estalinista Edward Shevanadze, para o substituír en xaneiro do 2004 cun triunfo electoral do 86 por cento, do avogado Mikhail Saakashvili, educado en Estados Unidos.

A estes éxitos, a camarilla engade os seguintes "triunfos". A renuncia de Libia aos seus proxectos de armas de destrución masiva e o convite ás petroleiras estadounidenses, en decembro do 2003, xunto coas súas negociacións con Israel para reiniciar relacións diplomáticas e a súa oferta de presionar a Irán, para que desista do desenvolvemento de armas nucleares. A nova constitución de Afganistán e o compromiso da OTAN, de priorizar a súa intervención no país no 2004.

O modus vivendi construído entre Paquistán e a Índia, que os converte en líderes nucleares dun Bloque Rexional de Poder de Asia suroriental, nunha xogada formidábel de contención de China. O achegamento de Siria a Turquía e Israel, e a inevitábel retirada das súas tropas do Líbano, a través dun pronto ultimato do Consello de Seguridade. A connivencia incondicional do país árabe máis importante, Exipto, e de Xordania, co megaproxecto neofascista de Washington-Tel Aviv. Incipientes reformas educativas en Arabia Saudita e Paquistán e medidas democráticas cosméticas e electorais e varios países da península arábica.

O avance do programa de terrorismo de Estado e apartheid de Israel, na destrución do pobo e do Estado palestino, tolerado por todas as potencias do G-8. A aceptación de Irán de controis nucleares e a crecente complicidade dos gobernos ruso, alemán, francés e xaponés, en Iraq e Afganistán, revelada con ignominiosa claridade na aceptación da Misión Baker, conducente á condonación da débeda externa de Iraq, malia a exclusión das primeiras tres potencias, das lucrativas ganancias de reconstrución en Iraq.

Estes son os progresos de Washington na "Cuarta Guerra Mundial", segundo a camarilla no poder, que, xunto cun orzamento electoral superior aos 130 millóns de dólares acumulado por Bush e Cheney, o estado do Partido Demócrata e o férreo control sobre a opinión pública, fai que pense que pode detentar outros catro anos o enorme poder do Estado da Unión Americana, para acabar a axenda dos dous complexos militar-industriais, que representa.

Factores que contradín a triunfal marcha da nova teoría do dominó, son oportunamente excluídos da análise. Entre eles, a crecente sofisticación militar da resistencia iraquí e as forzas políticas centrífugas do país; a cada vez máis documentada mentira das armas de destrución masiva, a través do Hutton-Report en Gran Bretaña e do Carnegie Endowment for Peace, en Estados Unidos.

O déficit fiscal e comercial estadounidense, que representan cada un arredor do cinco por cento do Producto Interior Bruto e que foron cualificados publicamente polo Fondo Monetario Internacional (FMI) como unha "ameaza para a estabilidade financeira da economía global"; a destrución de tres millóns de empregos baixo o goberno de Bush que creou a peor situación do mercado laboral en vinte anos, e a depreciación do dólar nun trinta por cento.

É a euforia desmesurada da camarilla no poder, por unha parte, e a sua encuberta angustia histérica preelectoral, por outra, o que motivou que se abrise brutalmente unha nova fronte de guerra, con insolentes declaracións de Colin Powell, Roger Noriega e outros funcionarios menores, contra o nacente Bloque Rexional de Poder latinoamericano, representado polos presidentes Hugo Chávez, Fidel Castro, Nestor Kirchner e Inácio "Lula" da Silva.

Todo indica que este nova fronte de guerra do imperio non lle traerá os loureiros esperados, senón máis derrotas. Non se decatou que os catro presidentes, máis alá de formaren un espazo económico sudamericano, están a reconstruír as murallas da dignidade e soberanía latinoamericana. E que, se se manteñen unidos, Washington non pode facer nada, para derrubar esas murallas.


[Artigo enviado a www.galizacig.com polo autor, 12 de xaneiro de 2004]

Volver


Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/01/2004
cig.informatica