|
Actualidade
Vigo, 27 de xaneiro de 2004
Traballo digno na nosa terra, mobilízate
contra a precariedade
| |
 |
| O IBI, imposto que non grava a renda senón
a propiedade, pode convertese nunha carga brutal para as economías máis desfavorecidas por canto
coincide que os titulares das propiedades soen ser as persoas de maior idade, en moitos casos pensionistas, que
teñen que facer fronte a recibos superiores á cuantía do que perciben mensualmente. |
| |
Desde a Confederación Intersindical Galega
(CIG) imos facer durante todo este ano 2004 unha campaña continuada de denuncia, alternativas e mobilización,
en contra de dous dos problemas máis graves que temos hoxe a clase traballadora galega. Estámonos
a referir ao desemprego e á precariedade que están a acadar os niveis máis altos da nosa historia
recente.
O desemprego. Representa hoxe ao 12,2% da poboación activa, tres puntos por riba da
media do Estado, afectando de forma máis dura á mocidade e ao colectivo de mulleres. Outro colectivo
que está a medrar e o de parados de longa duración, os que levan máis de 1 ano no paro. A
taxa de desemprego inda sería máis alta se non emigrasen miles de galegos/as todos os anos.
A precariedade. Os contratos temporais afectan hoxe ao 35% das traballadoras e
traballadores asalariados, catro puntos por riba da media do Estado. A pesar de que nos últimos anos o PP
se dedicou a investir centos de millóns de euros (570 millóns de euros nos cinco últimos anos)
en subvencionar e bonificar a contratación indefinida, o certo é que a contratación temporal
aumentou, ao tempo que se incrementaron tamén os beneficios empresariais. Ao igual do que ocorre co desemprego,
a eventualidade no traballo afecta de forma máis directa a mocidade e as mulleres en xeral.
Como consecuencia dos altos índices de
desemprego e da temporalidade, atopámonos con toda unha problemática laboral, económica e
social que poderiamos concretar en:
- Xornadas de traballo abusivas.
- Salarios baixos (un 40% menos de salario entre
temporais e fixos).
- Altos niveis de accidentes laborais.
- Inestabilidade no posto de traballo e falta de
perspectiva de futuro.
- Individualismo e insolidariedade.
- Baixos índices de natalidade.
- Dificultades para exercer os dereitos sindicais.
- Dificultades para cobrar unha pensión
digna no futuro.
Desde o poder, desde o Goberno, desde a patronal,
non nos van chegar solucións, pois eles son os primeiros interesados en manter esta situación para
tirar beneficios dela. Eles defenden este modelo de mercado laboral, de relacións laborais e de sociedade.
Desde a CIG propomos as seguintes reivindicacións
e alternativas:
- Salario social para todos/as os/as parados/as
maiores de 21 anos, igual ao SMI.
- Eliminación das ETTs e das axencias privadas
de colocación.
- Supresión das horas extras.
- Penalización da contratación temporal.
- Reducir a contratación temporal ás
estreitas marxes da causalidade.
- Posta en marcha de medidas eficaces que favorezcan
a conciliación da vida laboral e familiar.
- Exixir das Administracións públicas
a eliminación da precariedade no seu ámbeto.
- Maior e mellor actuación das Inspeccións
de Traballo na persecución do fraude nas contratacións.
Todas estas medidas terían que ir acompañadas
doutras que potenciasen a creación de emprego, como por exemplo:
- Defensa e potenciación por parte da Xunta
de Galiza dos nosos sectores productivos básicos, garantido o peche dos ciclos produtivos. Eliminación
das limitacións impostas pola Unión Europea.
- Adicar, por parte da Xunta de Galiza, a investimentos
reais, como mínimo, unha cantidade equivalente ao 5% do PIB galego.
- Mellora das infraestruturas de todo tipo.
- Potenciación dos servizos sociais básicos.
- Reducción da xornada laboral ás
35 horas semanais.
- Incremento do investimento en I+D+I.
Ante este panorama tan preocupante para a clase
traballadora, témonos que mobilizar. Só coa nosa organización, coa nosa presión e coa
nosa loita podemos rematar co desemprego e a precariedade laboral.
Galiza, xaneiro de 2004.
 Descarga o documento Medidas
para xerar emprego e combater a precariedade.
|