ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 25 de febreiro de 2004

O colectivo de magos Waldemar ofreceu un espectáculo da man do mago Antón, o mago Teto e o mago Rafa
A caravana da folga de fame da CIG chega ao seu día 14 acompañada da maxia e das mostras de apoio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Clic para aumentar
O luns 23 de febreiro ás 12 da mañá realizábase o cuarto cambio de quenda na folga de fame. Deixaban a folga Carme Antas, membro da Executiva Confederal da CIG, Rosa Garrido, membro da Executiva Confederal da CIG, e Fernando Leiro, presidente do Comité de Empresa de Cetssa, e comezaban Miguel Malvido, secretario nacional de CIG-Metal, Xerardo Alvaredo, membro da Executiva Comarcal de Lugo, e Antonio Niño, axente sindical de Lugo.
Clic para aumentar
O luns 23 de febreiro, a caravana tamén recibiu a visita musical do trío “Strañiky”, un trío musical que normalmente toca nas rúas do casco vello de Lugo, formado por un ruso, un cubano e un bielorruso, e que amosou coa súa actuación a solidariedade cos traballadores condenados.
 
Aínda que están a sofrer unhas baixísimas temperaturas na cidade de Lugo, continúa a folga de fame da CIG que comezara o pasado 11 de febreiro baixo o lema “Xustiza igual para todos e todas” pola condena a máis de 14 anos de cárcere e máis de 11.000 euros de multa a tres traballadores de Lugo por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral do 20 de xuño.

Decimocuarta xornada desde que comezou a protesta e segundo día de folga de fame para os compañeiros Miguel Malvido, secretario de CIG-Metal, Xerardo Alvaredo, membro da Executiva Comarcal de CIG-Lugo, e Antonio Niño, axente sindical de Lugo.

No serán do martes 24 de febreiro, o colectivo de magos Waldemar de Lugo ofreceu unha actuación, ás seis da tarde fronte aos xulgados de Lugo, xunto á caravana da folga de fame. Nesa actuación participaron o Mago Antón, o Mago Teto e máis o Mago Rafa.

Ademáis durante a xornada do martes os folguistas estiveron acompañados por compañeiros da CIG da Comarca de Pontevedra, entre os que se atopaban membros do Comité de Empresa de Ence-Celulosa. Tamén estivo con eles o candidato do BNG para as eleccións xerais pola provincia de Lugo, Antón Bao.

Asemesmo, continúan a chegar telegramas, faxes e correos eletrónicos de apoio e solidariedade desde moi distintos pontos da xeografia de, entre outros: a Confederación Nacional Unitaria de Traballadores do Transporte e Afíns de Chile, a Federación Unitaria do Transporte de América Latina e o Caribe, o Sindicato Luz e Forza de La Pampa de Arxentina, o Sindicato Arxentino de Traballadores de Salto Grande, a Asociación Galega de Historiades, a Plataforma Cidadá en Defensa da Democracia en Sada, a Aula Castelao de Filosofia de Pontevedra, o Comité de Empresa do Banco Santander Central Hispano da provincia de Ourense, o Comité de Empresa de Televés, o Comité de Empresa da delegación territorial da Conselleria de Pesca e Asuntos Marítimos de A Coruña, o Comité de Empresa da provincia de A Coruña do Banco de Galicia, o Comité de Empresa dos Servizos Centrais do Banco Pastor, o Comité de Empresa de Mafecco SA, o Comité de Empresa de Asicasa, o Comité provincial de Empresa do BBVA de A Coruña, o Comité de Empresa de Coinsa, o Comité de Empresa de Puleva Foods SL (Leyma), e o Comité de Empresa de Jevaso SL.

O mércores 25 de febreiro, terá lugar un foro debate organizado pola CIG de Lugo que leva por nome “A evolución das liberdades”, e que pretende analizar desde a óptica da avogacía e do ensino do direito a evolución das liberdades. Será ás 20:00 horas no salón de actos do Instituto Lucus Augusti, e intervirán, entre outros, Carlos Slepoy, avogado do Caso Pinochet e desaparecidos de Arxentina, Antonio Segura, presidente da Asociación Libre de Avogados, Xosé Anxo Brandariz, profesor de Direito Penal da Universidade de A Coruña, Roque Méndez Robleda, avogado penalista e laboralista, e representante de Xustiza e Sociedade, e Xermán Vázquez Díaz, avogado da CIG Lugo.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2004.


A continuación reproducimos algunhas das mensaxes recibidas no transcurso desta nova xornada de loita:


  

Sección Sindical CIG-Santa Bárbara


A Sección Sindical de CIG-Santa Bárbara manifesta a súa solidariedade e apoio cos tres traballadores afiliados á CIG condenados, o pasado día 3 de febreiro polo Xulgado do Penal nº 2 de Lugo, pola súa participación nun piquete informativo na Folga Xeral convocada en Galiza o 20 de xuño de 2002.

Esta brutal, desproporcionada e inxusta sentencia ven a demostrar o retroceso nos máis elementais dereitos dos traballadores como son o de Folga e Manifestación.

Por estes motivos rexeitamos a citada sentencia que contrasta coa permisividade que existe con respecto á patronal cando infrinxe a normativa de Seguridade e Saúde Laboral, presiona aos traballadores para que non participen na actividade sindical ou impón condicións de traballo abusivas precarizando cada vez máis o emprego.

Un saúdo nacionalista.

Ánimo e adiante!!!

Sección Sindical CIG-Santa Bárbara.

24 de febreiro de 2004.

   
   
  

CONUTT (Confederación Nacional Unitaria de Traballadores do Transporte e Afíns de Chile) e FUTAC (Federación Unitaria do Transporte de América Latina e o Caribe)


Estimados compañeiros.

Reciban un saúdo solidario e revolucionario do Consello Directivo da Confederación Nacional Unitaria de Traballadores do Transporte e Afíns de Chile (CONUTT) e da Federación Unitaria do Transporte de América Latina e o Caribe (FUTAC), con sede en Chile.

Recibimos a información a través da Federación Sindical Mundial, da situación que está afectando a tres traballadores afiliados á súa organización, que foron condenados polo Xulgado Penal N° 2 de Lugo - Galiza. Isto ten que ser rexeitado polo movemento sindical internacional, non se pode aceptar que aos traballadores se lles reprima e coarte o dereito á folga; así como a outros dereitos laborais e sindicais que estan consagrado nos convenios da OIT.

A nosa organización sindical CONUTT e FUTAC póñense á vosa disposición, para o que estimen conveniente que poidamos axudar. Solicitamos poidan facer chegar os nosos saúdos aos compañeiros afectados por estas medidas infames e que destas afastadas terras nos comprometemos a dar a coñecer este caso e solicitar o apoio a outras organizacións do noso continente.

Serio ben sabermos que están desenvolvendo vostedes como iniciativas para denunciar estes atropelos. A xeito de suxestións, permitímonos proporlles ás organizacións da nosa rexión, o envío de cartas de rexeitamento ás Embaixadas de España nos seus países. Outra acción podería ser enviar de distintas organizacións e países, cartas ao Xulgado N° 2 de Lugo - Galiza, rexeitando o fallo que ditaron.

Quedamos á sua disposición e á espera de maior información para apoiar a vosa loita.

Fraternalmente.

Ricardo Maldonado Olivares (presidente nacional da CONUTT, secretario xeral da FUTAC).

   
   
  

Sindicato Luz y Fuerza A Pampa (Arxentina)


O Sindicato Luz y Forza A Pampa solidarízase cos compañeiros traballadores integrantes da CIG e manifesta o seu máis enérxico REPUDIO ÁS CONDENAS SUFRIDAS POLOS LOITADORES GREMIAIS. Ao mesmo tempo denunciamos a persecución ás organizacións gremiais e o violento proceso de instalación das receitas neoliberais que tanto dano produciron en todo o mundo e que ataca os medios de distribución da riqueza e a permanencia das organizacións democráticas; a favor da construción de sociedades dominadas pola exclusión, o pensamento único, a corrupción e a persecución aos loitadores sociais. Ademais, solidarizámonos e compartimos as distintas medidas que se levan adiante ou se programen no futuro para defender o dereito a manifestar dos traballadores. E ofrecemos a nosa vontade de traballo para organizar en Arxentina actos de repudio, que vostedes entendan necesarios, para nos sumar á protesta.

Nahuel Lino (secretario de Prensa).

Julio Acosta (secretario xeral).

Santa Rosa, A Pampa, Arxentina 23 de febreiro de 2004.

   
   
  

Sindicato Arxentino Traballadores de Salto Grande


O Sindicato Arxentino Traballadores de Salto Grande solidarízase cos compañeiros traballadores integrantes da CIG e manifesta o seu máis enérxico repudio ás condenas sufridas por loitadores gremiais. Ao mesmo tempo denunciamos a persecución cara ás organizacións gremiais e o violento proceso de instalación das receitas neoliberais que tanto dano produciron en todo o mundo e que ataca os medios de distribución da riqueza e a permanencia das organizacións democráticas; a favor da construción de sociedades dominadas pola exclusión, o pensamento único, a corrupción e a persecución aos loitadores sociais. Ademais, solidarizámonos e compartimos as distintas medidas que se levan adiante ou se programen no futuro para defender o dereito a manifestar dos traballadores, e ofrecemos a nosa vontade de traballo para organizar na Arxentina actos de repudio, que vostedes entendan necesario, para nos sumar á protesta.

María del Rosario Sosa (secretaria adxunta do Sindicato Arxentino Traballadores de Salto Grande).

República Arxentina, 23 de febreiro de 2004.

   
   

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/02/2004
cig.informatica