ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 28 de febreiro de 2004

Convocada pola Plataforma en Defensa das Liberdades, sairá as 12 horas da Ronda da Muralla da cidade de Lugo
A folga de fame rotatoria rematará o domingo 29 cunha manifestación contra a represión

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Paulo Carril, secretario comarcal de CIG-A Coruña, Carme Vázquez, secretaria comarcal en Lugo de CIG-Ensino, e Maite Álvarez, da Executiva Comarcal da CIG en Lugo levan xa dous días na folga de fame rotatoria, dentro da campaña de denuncia e sensibilización da sociedade galega ante á condena a máis de 14 anos de cárcere a tres traballadores de Lugo por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral do 20 de xuño de 2002.

O domingo rematará esta derradeira quenda de folguistas de fame, coa mobilización ás 12 da mañá, convocada pola Plataforma en Defensa das Liberdades, contra á represión e en defensa dos direitos civís e as liberdades públicas.

O venres 27 de febreiro, Paulo Carril, Carme Vázquez e Maite Álvarez estiveron acompañados polo Comité Provincial de Asuntos Sociais da provincia de A Coruña, da Sección Sindical da CIG do BBVA de toda Galiza, por representantes da Federación da Sanidade Privada de Vigo, así como por compañeiros da CIG da Comarca de Ourense.

Ás 12 da mañá os gaiteiros de Alto Minho ofreceron unha alborada en solidariedade cos traballadores condenados e cos sindicalistas en folga de fame, e ás 18 da tarde tivo lugar un recital das Redes Escarlata na caravana da folga de fame que está instalada fronte aos xulgados de Lugo do que participaron Alberte Momán, Elvira Riveiro Tobío, Darío Xohan Cabana, Xabier Cordal e Óscar Antón Pérez.

Como acontece desde que se deu a coñecer esta inxusta sentenza, na xornada do venres 27 tamén foron moitos os telegramas de apoio e faxes en solidariedade cos condenados e apoiando a mobilización do vindeiro domingo, como os do Comité de Empresa do Ministerio de Economia de A Coruña, Comité de Empresa de Escuris SA, Comité de Empresa do BBVA en Ourense, Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Secretariado Político da UPG, Comité de Empresa de Avanzit Telecom, Comité de Empresa de Telefónica de A Coruña, Comité de Empresa provincial do Banco Pastor de Ourense, Comité de Empresa do Concello de Boiro, Comité de Empresa de Aplistone SA, Comité de Empresa de Stolt Sea Farm SA, Comité de Empresa de Frigoríficos Conchado, Comité de Empresa RC Celta de Vigo, Comité de Empresa de Cupiga, Comité de Empresa de Ultransa, delegados de persoal de Cerámica O Castelo, delegados de persoal de Magnesitas de Rubian SA, Sección Sindical da CIG da Delegación de A Coruña da Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Santiago, Sección Sindical de CIG-Prisións do Centro Penitenciario de Teixeiro de A Coruña, Asociación de Avogados Laboralistas de Traballadores de Madrid, sindicato francés CGT, e sindicato arxentino Luz y Fuerza de Zarate.

Durante a xornada do sábado 28, na zona da caravana, terá lugar, ás 12 horas, unha representación teatral a cargo de Ubu Teatro, e xa pola tarde, ás 19 horas serán os gaiteiros de Artabria os que porán un toque de música na fría tarde do sábado en Lugo.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2004.


A continuación reproducimos algunhas das mensaxes recibidas no transcurso desta nova xornada de loita:


  

Union Internacional de Sindicatos de Empregados Públicos e Asimilados


Calcuta (India).

Estimados Compañeiros.

Quedamos moi impresionados pola dura sentencia dictada nun Xulgado do Penal de Lugo (Galiza) que contempla 14 anos de cárcere e multas elevadas a varios traballadores membros da CIG.

Denunciamos enerxicamente esta sentencia salvaxe dictada por unha Sá de Xustiza contra as loitas dos traballadores e expresamos a nosa completa solidariedade coa serie de medidas tomadas para combater a sentencia e desexamos que o forte movemento de protesta sexa útil na despenalización dos traballadores.

Saúdos fraternais.

Sukomal Sen, secretario xeral.

   
   
  

PAME (All Workers Militant Front, Greece)


Atenas, 27 de febreiro de 2004.

Desde o PAME, expresión sindical que engloba a miles de traballadores de sindicatos de clase do noso País, condenamos con ira e indignación a penalización do dereito de folga e a condena a tres traballadores coa acusación de participar nun piquete na folga declarada polo seu sindicato en xuño de 2002.

Expresamos o noso enteiro apoio e a solidariedade de clase a estes compañeiros sindicalistas e esiximos:

  • A revocación das penas.
  • Que paren inmediatamente as operacións terroristas e a penalización da loita obreira.
  • Non tocar a conquista do dereito de folga.

VIVA A SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE CLASE!!!

A Secretaría Executiva do PAME.

   
   
  

Sindicato de Luz y Fuerza ZARATE, Arxentina


Arxentina, 27 de febreiro de 2004.

O Sindicato de Luz y Fuerza ZARATE solidarízase cos compañeiros traballadores integrantes da CIG e manifesta o seu máis enérxico REPUDIO ÁS CONDENAS SUFRIDAS POR OS LOITADORES SINDICAIS.

Ao mesmo tempo denunciamos a persecución contra as organizacións sindicais e o violento proceso de instalación das receitas neoliberais que tanto dano teñen producido en todo o mundo atacando aos medios de distribución da riqueza e á permanencia das organizacións democráticas e defendendo a construcción de sociedades dominadas pola exclusión, o pensamento único, a corrupción e a persecución dos loitadores sociais.

Ademais solidarizámonos e compartimos as distintas medidas que se levan adiante ou se programen no futuro para defender o dereito dos traballadores a manifestarse.

Ofrecemos a nosa vontade de traballo para organizar na Arxentina actos de repudio, que vostedes entendan necesarios, para sumarnos á protesta.

Carlos di Paolo, secretario gremial.

Rito Leguizamon, subsecretario de Organización.

   
   
  

CGT, Federación Nacional de Minas e Enerxía


Mensaxe de solidariedade aos nosos camaradas da CIG.

É con indignación que vimos de coñecer a condena de tres camaradas sindicalistas da CIG a moitos anos de prisión (respectivamente 6,5, 4 anos e 3,5). Os feitos están ligados claramente á acción sindical, tal como se deberia practicar en todos os países do mundo.

Estos traballadores non fixeron máis que defender os seus direitos participando nun piquete da folga que tiña por cometido informar aos asalariados, através de panfletos, sobre a folga xeral de xuño 2002 na Galiza.

A nosa reprobación é sen dúbida contra tais xuizos que deshonran a democracia.

O noso apoio e os nosos pensamentos van para os nosos camaradas e as suas familias.

Nós informamos inmediatamente ao conxunto dos sindicatos da federación.

Nós condenamos igualmente a acción da Xuztiza que ven de atacar ao secratario xeral da CIG e a outros militantes a quen se lle reprocha de opinar publicamente sobre a sentenza.

Estade seguros da nosa solidariedade, estamos ao voso carón no compromiso por unha maior xustiza social e democracia.

Por la OIEM.

Serge Terrier, Federación Nacional de Minas e Enerxia da CGT.

   
   
  

CGT EDF-GDF dos Pirineos e Gascoña, Federación Nacional de Minas e Enerxía


Federación Nacional de Minas e Enerxía.
Sindicato CGT EDF-GDF dos Pirineos e Gascoña.

Toulouse, 26 febreiro de 2004.

Ao secretario xeral da CIG.

Estimado camarada.

Desexaríamos que fagas de portavoz de todos os afilados xubilados, e pensionistas da GGT-Toulouse Sur perante os tres compañeiros duramente condenados por teren defendido os intereses dos asalariados do voso país.

Os reximes liberais capitalistas que dominan en todos os países de Europa empregan medios de épocas pasadas para silenciar aos que loitan por máis xustiza social e liberdade.

Estade seguros do noso apoio solidario e fraternal e da nosa vontade de continuar na acción por outra xustiza e outros dereitos.

Ánimo e saudos fraternos de todos os compañeiros.

Louis Paredes, secretario xeral.

EDF-GDF Toulouse Sur.

   
   

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/02/2004
cig.informatica