Actualidade Santiago, 21 de febreiro de 2004
Á caravana da CIG seguen a chegar mostras de adhesión e solidariedade A folga de fame rotatoria xa vai no décimo día
| |  |  | | Co excelente ánimo e en bo estado físico, as compañeiras Carme Antas, Rosa Garrido e o compañeiro Fernando Leiro, afrontaron esta nova xornada, a décima desde que comezou a folga, en solidariedade cos tres traballadores condenados e como denuncia á utilización perversa que se fai da Xustiza por parte do Goberno e o PP que o sustenta. |  | | | Co excelente ánimo e en bo estado físico, as compañeiras e o compañeiro (Carme Antas, Rosa Garrido e Fernando Leiro) que forman parte da terceira quenda da folga rotatoria que promove a CIG fronte aos Xulgados da cidade de Lugo afrontaron esta nova xornada, a décima desde que comezou a devandita folga, en solidariedade cos tres traballadores condenados e como denuncia á utilización perversa que se fai da Xustiza por parte do Goberno e o PP que o sustenta.Na xornada do venres 20 de febreiro estiveron a visitar a caravana diferentes comités de empresa, como o de CAPSA e Trapsa-Urbanos de Santiago. Tamén acompañaron ós folguistas na caravana o Secretariado do Metal da CIG, así como a Executiva de CIG-Admnistración, o secretario comarcal de CIG-A Coruña, Paulo Carril, os secretarios nacionais da Federación do Transporte, de Servizos, do Metal e da Administración, os compañeiros Xesús Pastoriza, Lois Soto, Miguel Malvido e X.C. Crespo. Así mesmo, estiveron na caravana os membros da Executiva Confederal, Ramiro Oubiña, Manuel Meira e Fernando Acuña. Tamén se achegou á caravana a coordinadora de EU-IU, Pilar Díaz. Nas visitas de carácter institucional, na xornada de hoxe salienta a presenza do alcalde da vila de Carballo, o nacionalista Evencio Ferreiro. Polo que se refire ás adhesións, seguen a chegar a ducias, solidarizándose cos traballadores condenados así como cos folguistas e coa propia central sindical, e denunciando o atropelo aos dereitos fundamentais a sentenza do Xulgado do Penal nº 2 de Lugo. Así, no día de hoxe, recibíronse entre outras as seguintes adhesións: Comité de Empresa de ENCE, o Pleno do Comité de Empresa da TVG, Comité do Persoal Laboral do Concello das Pontes, Comité de Empresa de LM Composites Galicia SA, Comité da Autoridade Portuaria de A Coruña, Comité do Persoal Laboral da Consellería de Educación de Lugo, Comité Caixa Galicia-Pocomaco, Comité Edificio Servicios Caixa Galicia, CPD Caixa Galicia, Comité de Sargadelos (Cervo), Comité Ferrovial Servicios, Comité Arriva Noroeste SL (Arteixo, A Coruña e Lugo), Comité de Maconsi-Limpeza Xunta, Comité de Ramsa-Vedra. Tamén quixeron amosar a súa adhesión e solidariedade a sección sindical CIG do Hospital Modelo, a CIG do Sector Correos, Unión local CIG-As Pontes, o Consello Local BNG de Cambados, o Sindicato Nacional de Trabajadores de las Industrias Química, la Minería y Energética (SNTIQME) de Cuba, Sección sindical CGT-Grup Seat-Martorell, Secretariado Nacional STEG... Para esta fin de semana están anunciadas as seguintes actuacións a celebrar na caravana da solidariedade, promovidas pola Plataforma En Defensa das Liberdades: o sábado 21, ás 12 horas, "Romances de Cego" por Antón Castro e ás 18 horas repichoca a cargo dos Gaiteiros de Alto Minho, Branca (Liñaceira), Xan (Papaqueixos) e Carlos (Morón de Vilalba). E o domingo 22, ás 12 horas, actuación da Asociación Cultural O Trasniño do Bosque e ás 18 horas teatro de rúa a cargo de Ubú Teatro. Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2004.
A continuación reproducimos algunhas das mensaxes recibidas no transcurso desta décima xornada de loita:
| | | CAF (Comités Abertos de Escola e Faculdade)
Prezadas compañeiras e compañeiros. Desde os CAF (Comités Abertos de Escola e Faculdade), organización nacionalista do estudantado universitario galego, queremos expresar o noso total apoio e solidariedade para cos tres compañeiros de Lugo condenados pola súa participación nun piquete na pasada folga xeral do 20-x, para co voso secretario xeral, Suso Seixo, pola recente denuncia que lle vén de ser interposta e para coa vosa organización sindical e o movemento obreiro en xeral polo que de grave ten a sentenza emitida polo tribunal de Lugo. Para os CAF esta sentenza, máis que contra tres traballadores concretos, vai claramente contra o modelo sindical comprometido e combativo que a CIG representa na nosa nación e contra dous dereitos fundamentais tan importantes como o de folga e o de liberdade sindical. Para alén diso, analisamos esta sentenza como un intento de criminalización do sindicalismo nacionalista de clase perante a sociedade e, o que é igual de grave e preocupante, como "aviso a navegantes" sobre cómo pensa actuar contra os traballadores que reivindican e exercen os seus dereitos un poder xudicial que actúa claramente ao servizo do goberno do Partido Popular. Coincidindo co que xa tendes expresado, resúltanos dun cinismo absoluto que os tribunais actúen con esta desproporción tan aberrante contra a clase traballadora ao mesmo tempo que practican a política de "luva branca" cando sentan na bancada dos acusados empresarios ou a propia administración para responder por casos de vulneración dos dereitos da clase traballadora. Animámosvos a que continuedes adiante coas accións que xa emprendestes e comunicámosvos a nosa intención de participar na manifestación nacional do próximo 29 de febreiro en Lugo como xa fixemos no día de onte, 19 de febreiro, nas concentracións celebradas diante dos xulgados das cidades galegas. Recibide en nome dos CAF unha forte aperta nacionalista, estudantil e solidaria. Coa CIG na rúa a loita continúa! Francisco Xosé Rei García, responsábel nacional de Organización dos CAF.
| | | | | | | | |
| | | Comité de Empresa da TVG
O pleno do Comité de Empresa da Televisión de Galicia rexeita a sentencia que condena a tres traballadores da CIG que considera inxusta e desproporcionada por participaren nun piquete informativo na pasada folga xeral de xuño de 2002, e amosa a súa solidariedade con eles. Ista sentencia contrasta coa impunidade coa que actua a patronal galega a hora de impor condicións de traballo abusivas, precarizar o emprego mediante a fraude na contratación, infrinxir a normativa legal sobre seguridade e saúde laboral e mesmo exercendo coaccións para evitar que os traballadores e traballadores participen na actividade sindical e mesmo secunden folgas. Comité de Empresa da TVG, 19 de febreiro de 2004.
| | | | | | | | |
| | | CGTB (Central Geral dos Traballadores do Brasil)
Solidariedade cos traballadores de Galiza Contra a condena arbitraria e inxusta aos membros da CIG Estimados compañeiros. A Central Geral dos Traballadores do Brasil saúda moi fraternalmente aos compañeiros da CIG e expresa a súa solidariedade cos traballadores de Galiza en loita por garantir os seus dereitos. A inxusta condena dos tres compañeiros a penas tan duras, fainos lembrar os períodos máis duros e arbitrarios das dictaduras latinoamericanas coñecidas en todo o mundo polos seus atentados contra os dereitos e de triste memoria para os traballadores. Para a CGTB, cualificar de “delicto contra os intereses dos traballadores” un simple piquete informativo para una Folga Xeral é, máis ca un atentado contra o dereito de Folga, unha medida política que ten por obxectivo impor condicións aínda máis abusivas aos traballadores. Esta sentencia, sumada a outras condenas a prisión de persoas que han participaron en protestas sociais e a grave ameaza de denuncia contra o secretario xeral da CIG, para nós da CGTB é unha evidencia da crise que vive o modelo de dominación imposto polas grandes corporacións. Crearon un “Mercado Común Europeo” para saír da crise, profundaron o desemprego e a “flexibilización”, impuxeron as privatizacións e o corte dos dereitos para manter as súas ganancias e seguir co seu modelo de dominación baseado na especulación financeira, pero nada disto puido evitar a súa decadencia. A resistencia dos traballadores de Galiza contra o retroceso dos dereitos é unha loita de todos nós. Conten coa nosa total solidariedade e co noso absoluto apoio. Un gran saúdo a todos os traballadores de Galiza e moi particularmente aos compañeiros da CIG que están no liderazgo desta importante loita en defensa do movemento sindical e dos dereitos dos traballadores. Antônio Neto, presidente CGTB, vice-presidente FSM. Maria Pimentel, cec. Rel. Internacionales.
| | | | | | | | |
| | | SNTIQME (Sindicato Nacional de Trabajadores de las Industrias Química, la Minería y Energética de Cuba)
Estimados compañeiros. Por medio da vosa confirmación coñecemos que o pasado 3 de febreiro do presente ano o Xulgado do Penal nº 2 de Lugo ditou unha inxusta e dura condena a tres traballadores pertencentes á Confederación Intersindical Galega tras teren participado nun piquete informativo na Folga Xeral de Galiza en xuño de 2002. Coincidimos co seu plantexamento de que esa sentenza vai contra o dereito que lles asiste aos traballadores en folga, así como reprime as liberdades públicas e acosa os movementos sociais entre outros. Os traballadores pertencentes ao Sindicato Nacional de Trabajadores de las Industrias Química, la Minería y Energética (SNTIQME) solidarizámonos cos traballadores condenados en Lugo (Galiza) e estamos prestos a brindar a nosa axuda desinteresada para que se alcance unha solución a este conflito. Fraternalmente. Roberto Suazo Díaz. Membro do Secretariado do SNTIQME. A Habana, 19 de febreiro de 2004.
| | | | | | | | |
| | | Federação Nacional dos Sindicatos da Construção, Madeiras, Mármores e Materiais de Construção da CGTP-IN
Solidariedade com os sindicalistas da CIG injustamente condenados Causou uma profunda preocupação no movimento sindical internacional, a injusta condenação pelo Julgado Penal nº 2 de Lugo na Galiza, contra três trabalhadores sindicalistas integrados na Confederação Intersindical Galega (CIG) apenas por terem participado numa greve decretada pela CIG no mês de junho de 2002. Esta sentença contra os três sindicalistas da Galiza, constitui um flagrante atentado e violação dos direitos sindicais aprovados na Organização Internacional do Trabalho (OIT). A sentença penal ditada contra os três sindicalistas somam mais de 14 anos de prisão. Assim, a Federação Nacional dos Sindicatos da Construção, Madeiras, Mármores e Materiais de Construção, vem expressar toda a solidariedade de classe com os companheiros da CIG e condenar energicamente a agressão contra os três sindicalistas da Galiza, exigindo que as autoridades competentes reconsiderem a sua atitude antisindical. Pensávamos que este tipo de represálias contra os trabalhadores, apenas se cometiam em países do terceiro mundo e não num pais pertencente à União Europeia. A solidariedade internacional entre os trabalhadores de todo o mundo estará mais presente que nunca. Lisboa, 20 de fevereiro de 2004. O Conselho Nacional.
| | | | | | | | |
| | | STISSS (Sindicato de Trabajadores del Instituto del Seguro Social de El Salvador)
O STISSS (Sindicato de Trabajadores del Instituto del Seguro Social de El Salvador), solidarízase coa Confederación Intersindical Galega e repudia as actitudes ás que somos sometidos os sindicalistas por velar e defender os dereitos dos traballadores. No noso País –O Salvador– estas situacións non son estrañas pois o Ministerio de Traballo e o Poder Xudicial son postos e manipulados polo Governo que se somete aos dictados do sistema neoliberal e represivo que violenta día a día os nosos dereitos. Pero o noso lema é “a máis represión, máis loita e poder”. Os sindicalistas do mundo seguimos loitando con convicción social e por iso facemos este pronunciamento a prol dos nosos compañeiros galegos. Atentamente. Marta Ester Marín. Secretaria de Relacións do STISSS.
| | | | | | | | |
| | | UITBB (União Internacional dos Trabalhadores da Construção, Madeiras e Materiais de Construção)
Solidariedade com os sindicalistas da CIG injustamente condenados Causou uma profunda preocupação no movimento sindical internacional, a injusta condenação pelo Julgado Penal nº 2 de Lugo na Galiza, contra três trabalhadores sindicalistas integrados na Confederação Intersindical Galega (CIG), apenas por terem participado numa greve decretada pela CIG no mês de junho de 2002. Esta sentença contra os três sindicalistas da Galiza, constitui um flagrante atentado e violação dos direitos sindicais aprovados na Organização Internacional do Trabalho OIT. A sentença penal ditada contra os três sindicalistas somam mais de 14 anos de prisão. Assim, a UITBB (União Internacional dos Trabalhadores da Construção, Madeiras e Materiais de Construção) vem expressar toda a solidariedade de classe com os companheiros da CIG e condenar energicamente a agressão contra os três sindicalistas da Galiza, exigindo que as autoridades competentes reconsiderem a sua atitude antisindical. Pensávamos que este tipo de represálias contra os trabalhadores, apenas se cometiam em países do terceiro mundo e não num pais pertencente à União Europeia. A UITBB convida todas organizações filiadas e amigas a desenrolarem uma campanha de solidariedade para com os companheiros da CIG. A solidariedade internacional entre os trabalhadores de todo o mundo estará mais presente que nunca. Helsínquia, 20 de fevereiro de 2004. José Dinis, secretário geral.
| | | | | | | | |
| | | FeTERA (Federación de Trabajadores de la Energía de la Republica Argentina)
Repudio ás condenas sufridas polos loitadores sindicais A Federación de Trabajadores de la Energía de la Republica Argentina, FeTERA, solidarizase cos compañeiros traballadores integrantes da CIG e manifesta o seu máis enérxico REPUDIO ÁS CONDENAS SUFRIDAS POLOS LOITADORES SINDICAIS. Ao mesmo tempo denunciamos a persecución das organizacións sindicais e o violento proceso de instalación das receitas neoliberais que tanto dano produciron en todo o mundo e que ataca aos medios de distribución da riqueza e á permanencia das organizacións democráticas; a favor da construcción de sociedades dominadas pola exclusión, o pensamento único, a corrupción e a persecución dos loitadores sociais. Ademais solidarizámonos e compartimos as distintas medidas que se leven adiante ou se programen no futuro para defender o dereito a manifestarse dos traballadores. Ofrecemos a nosa vontade de traballo para organizar na Arxentina actos de repudio, que vostedes entendan necesarios, para sumarnos á protesta. Pola Federación de Trabajadores de la Energía de la Republica Argentina. Gabriel Fernando Martínez, secretario de Organización. José Rigane, secretario xeral.
| | | | | | | | |
| | | Federación de Asociacións de Emigrantes Galegos Retornados en Galiza
A miña máis absoluta e total solidariedade coas protestas levadas polos compañeiros da CIG que foron arbitraria, inxusta e desproporcionadamente sentenciados a condeas que nos retrotraen no tempo à xustiza para poucos e só duns poucos. Todas as inquedanzas, coitas e loitas destes homes son as nosas tamén. Por unha Galiza libre e xusta pedimos unha xustiza libre de ataduras reaccionárias e libre co compromiso de que todos os homes e mulleres deste país merecen unha xustiza que verdadeiramente se comprometa con eles e elas. Xurxo Martínez Crespo. Presidente da Federación de Asociacións de Emigrantes Galegos Retornados en Galiza.
| | | | | | | | |
| | | Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina
Francisco Lores Mascato, presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina dá o seu total respaldo á protesta iniciada polos traballadores desproporcionadamente castigados e aos traballadores e traballadoras galegos e galegas que respaldan de palabra e obra e estes tres homes que foron bruscamente xulgados e condenados. Dende a Arxentina, os galegos e galegas aos que represento non queren deixar de enviar o seu apoio solidário a tan grande campaña de respaldo para os traballadores que defenden os seus dereitos nun Estado en perigo de posuir definicións como “de Dereito e benestar social” mais non feitos que respalden esas definicións.
| | | | | | | | |
| | | Xosé Estévez Rodríguez, profesor
Xosé Estévez Rodríguez, emigrante galego en Euskal Herria e profesor da Universidade de Deusto, denuncia a regresión democrática que está a sofrir o Estado español e de xeito especial as nacións periféricas, sendo a inxusta e dura condena a tres traballadores lugueses polo Xulgado do Penal nº 2 de Lugo unha nidia mostra da perda das libertades, que nos fai retornar ós tempos da dictadura franquista. Dende aquí maniféstolle ós traballadores condenados a miña máis sinceira solidariedade e o apoio de calquer xorne que precisen. Unha patriótica e fraternal aperta dende a lexanía física, mais dende a veciñanza no corazón e nos ideais. Xosé Estévez.
| | | | | | | | |
| | | Federico Fernández Ackermann, fotógrafo
Federico Fernández Ackermann, fotógrafo, prémio nacional de fotografía en Venezuela, fillo do comandante Sotomaior que secuestrara o Santa Maria sinalou a sua adesión e respecto pola digna loita que están levando a cabo os traballadores de Lugo despois da imposición de desproporcionadas condenas que reflicten unha carénza total por parte das autoridades xudiciais do verdadeiro sentido e significado da palabra xustiza.
| | | | | | | | |
| | | Generosa Matias, enfermeira
Sou uma enfermeira portuguesa, dirigente do Sindicato dos Enfermeiros Portugueses. Ao ler o texto de abaixo-assinado de apoio aos trabalhadores de Lugo não pude deixar de indignar-me e expressar junto de vós toda a minha solidariedade. Pelo respeito dos direitos de todos os trabalhadores. Generosa Matias.
| | | | | | | | |
|