ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 27 de febreiro de 2004

O domingo 29 remata esta fase da protesta cunha manifestación na cidade de Lugo, con saída ás 12 horas da Ronda da Muralla
Comezou a quinta e última quenda da folga de fame por unha Xustiza igual para todas e todos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Clic para aumentar
Ás doce da mañá, na quinta quenda entraban tres novos folguistas: Paulo Carril, secretario comarcal de CIG-A Coruña, Carme Vázquez, secretaria comarcal en Lugo de CIG-Ensino, e Maite Álvarez, da Executiva Comarcal da CIG en Lugo. Se retiraban, Miguel Malvido, Xerardo Alvaredo e Antonio Niño, que soportaron con bo ánimo catro días de temperaturas extremas.
Clic para aumentar
Clic para aumentar
Carlos Slepoy, avogado do Caso Pinochet e desaparecidos na Arxentina, e Antonio Segura, avogado e presidente da Asociación Libre de Avogados, deron unha rolda de prensa na caravana fronte aos xulgados de Lugo cos sindicalistas en folga de fame na que analizaron desde a óptica da avogacía a condena aos tres sindicalistas da CIG-Lugo.
Clic para aumentar
O mércores 25 de febreiro tivo lugar no salón de actos do Instituto Lucus Augusti o foro debate organizado pola CIG de Lugo “A evolución das liberdades”, no que interviron Carlos Slepoy, Antonio Segura, Xosé Anxo Brandariz, Roque Méndez Robleda e Xermán Vázquez Díaz.
 
Só quedan tres xornadas para que remate a folga de fame da CIG baixo o lema “Xustiza igual para tod@s”, e cada día desta semana son máis as persoas que se achegan até a caravana e máis numerosos os comunicados de apoio e solidariedade que envian distintas organizacións sociais, sindicais, culturais, políticas e de todo tipo.

Ás doce da mañá, despois do cambio de quenda no que entraban tres novos folguistas (Paulo Carril, secretario comarcal de CIG-A Coruña, Carme Vázquez, secretaria comarcal en Lugo de CIG-Ensino, e Maite Álvarez, da Executiva Comarcal da CIG-Lugo) tivo lugar unha rolda de prensa da man do avogado do Caso Pinochet e desaparecidos na Arxentina, e Antonio Segura, presidente da Asociación Libre de avogados, na que analizaron a sentenza que condena a máis de 14 anos a tres traballadores da CIG por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral do 20 de xuño de 2002.

Estes dous destacados membros da avogacía falaron da necesidade de lograr que a sociedade se implique na denuncia desta inxusta senteza, así como do retroceso da lexislación, e que “sentenzas como éstas non se deberían volver a dar, porque constitúe un acto de inxustiza e represión contra os movimentos sociais, os direitos fundamentais e as liberdades públicas”.

Este xoves pasou pola caravana, pola mañá, Xaime Bello, o vicepresidente nacionalista da deputación de A Coruña. Tamén fixeron acto de presenza nesta fría mañá fronte aos xulgados o alcalde nacionalista de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, e Socorro Vázquez, portavoz do BNG na Deputación de A Coruña.

Os sindicalistas en folga de fame tamén estiveron acompañados por membros da CIG da Comarca de A Coruña, polo Comité de Empresa de Arriva Noroeste SL de Lugo, o presidente da Xunta de Persoal de Funcionarios de Servizos Periféricos da Xunta de Galiza, o presidente do Comité de Empresa de Valeo Porriño e os membros da Dirección Nacional da FPG. Todos eles expresaron a súa solidariedade cos tres traballadores condenados.

No transcurso da xornada do xoves 26 de febreiro chegaron os comunicados de apoio dos seguintes colectivos: a Sección Sindical de CCOO de Caixa Galicia, a Asemblea Local do BNG de Mesía, a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, a Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza en A Coruña, o Comité de Empresa da Consellería de Educación de Ourense, o Consello Local do BNG de Ordes, o Comité de Empresa de Grafoplas SA, o Comité de Empresa da Voz Audiovisual SA, o Comité de Empresa de Caixa Galicia-Pocomaco de A Coruña, o Comité de Empresa do Edificio de Servizos de Caixa Galicia de A Coruña, o Comité de Empresa CPD de Caixa Galicia, a Xunta de Persoal do Concello de Santiago, o Comité de Empresa de Conservas Paquito, o Comité de Empresa do Concello de Noia, o Comité de Empresa de Tecmed (Santiago), o Comité de Empresa de Gkm Driveline de Vigo, o Comité Provincial de A Coruña do Banco Pastor, o Comité de Empresa de Jealfer SA, o Comité de Empresa Pita Hermanos SA, Espacio Alternativo Confederal, o Comité de Empresa de Selmark, o Comité de Empresa de Alonarti Envases SA, o Comité de Empresa de Lacemar Sport SL, o Comité de Empresa de Conservas JL Valcarcel, o Comité de Empresa de Pez Austral, o Comité de Empresa de Peguform Ibérica SL, o Comité de Empresa de Conservas A. Alonso, o Comité de Empresa de Conservas Bernardo Alfageme, o Comité de Empresa de Conservas Orbe, o Comité de Empresa de Frigoríficos Berbés SA, o Comité de Empresa de Única Servizos de Limpeza SA, o Comité de Empresa de Crown Cork SL, o Comité de Empresa de Alonartienvases SA, o Comité de Empresa de Lacemar Sport SL, o Comité de Empresa de Copo Ibérica SA, o Comité de Empresa de Conservera de Esteiro SAV, o Comité de Empresa Unemsa-Carballo. Todos os comités provinciais da Corporación da Voz de Galicia enviaron sinaturas de apoio e comunicados amosando a sua solidariedade cos traballadores da CIG.

Na tarde do xoves, Sechu Sende e María Lado, en representación da Plataforma da Cultura contra a Burla Negra, ofreceron un recital poético, ás seis da tarde.

O venres 27, ás 12 da mañá, haberá unha alborada a cargo dos gaiteiros de Alto Minho, e a partires das seis da tarde, haberá un recital poético a cargo das Redes Escarlatas no que participarán: Alberte Momán, Elvira Riveiro Tobío, Darío Xohan Cabana, Xabier Cordal e Óscar Antón Pérez.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2004.


A continuación reproducimos algunhas das mensaxes recibidas no transcurso desta nova xornada de loita:


  

Sección Sindical CIG-Banesto


Desde esta Sección Sindical-Banesto CIG condenamos a quen condena a defensa dos dereitos fundamentales dos traballadores, a quen utiliza a lei para o beneficio partidista, a quen manipula descarada i esaxeradamente os medios de comunicación públicos en favor de políticas regresivas coma a que practica impudicamente o Partido Popular.

Solidarizámonos cos compañeiros condenados no Xulgado de Lugo e defenderemos con todos os medios ao noso alcance, e xunto coas miles de voces que denuncian esta inxusticia estamos dispostos a seguir protestando onde sexa necesario para acadar a xusticia que á data de hoxe nos nega a Administración do Estado español.

Ánimo compañeiros, a vosa condena e a nosa condena. O domingo 29 estaremos con vos en Lugo, e esperamos que a vosa folga de fame sexa identificada coa fame de Xustiza de este maltratado Pobo galego.

Agradecementos a todos os que se pronunciaron e pronuncian no mesmo sentido que este noso correo, e unha forte aperta a todos e cada un dos directamente afectados.

   
   
  

Espacio Alternativo


A represión contra os movementos sociais, sindicais e contra todo aquilo que cuestione, dunha ou outra maneira, o pensamento único tivo unha nova e triste manifestación. Nesta ocasión, o Xulgado do Penal de Lugo condenou a tres traballadores da Confederación Intersindical Galega (CIG) por teren participado nun piquete informativo durante a Folga Xeral en Galiza do mes de xuño de 2002. As penas suman máis de 14 anos de cadea e multas superiores a 11.000 euros de multa, o que supón un ataque directo contra o dereito a informar sobre os motivos dunha Folga e un recorte do dereito á mesma, co fin de amedoñar ás traballadoras e os traballadores de cara a futuras xornadas de loita.

Os criterios expostos pola xuíza responden máis a criterios políticos que a fundamentos legais. O contexto xeral de regresión das liberdades públicas e de continuos ataques á liberdade de expresión debe ser freado mediante a mobilización de todos os movementos sociais, sindicatos, organizacións políticas de esquerda e, en xeral, polos cidadáns con espírito crítico.

Por iso, Espacio Alternativo aplaude e apoia a campaña de solidariedade que diversos movementos sociais galegos iniciaron cos tres traballadores represaliados e mostra o seu alento máis decidido aos membros da CIG que están en Folga de Fame desde hai uns días. Así mesmo, apoiamos a Manifestación Nacional Galega convocada por todo o tecido social e político de esquerdas de Galiza para o 29 de febreiro. Compañeiros e compañeiras, a vosa loita é a nosa loita.

Espacio Alternativo.

26 de febreiro de 2004.

   
   

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/02/2004
cig.informatica