ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 19 de febreiro de 2004

Constituída en A Coruña a Plataforma en Defensa das Liberdades, contra o recorte dos dereitos dos galegos
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Galiza Nova, Bloque Nacionalista Galego, Confederación Intersindical Galega, CUT, CGT, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Esquerda Unida, Nós, Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG), Fronte Popular Galega, Instituto Galego de Estudos e Divulgación da História e Cultura da Emigración, Federación Galega de Emigrantes Retornados e, a título persoal, escritores coma Manolo Rivas, Xurxo Souto, Lino Braxe e outros forman parte desta Plataforma que tenta facer un chamamento ante a situación de retroceso nos dereitos dos cidadáns e cidadás deste país.
 
Co gallo da campaña de solidariedade que se está levando a cabo en toda Galiza, en A Coruña constitiuse oficialmente a Plataforma en Defensa das Liberdades coa asistenza do secretário xeral da CIG, Suso Seixo, o secretário comarcal, Paulo Carril e os distintos representantes de organizacións políticas, sindicais, veciñais, culturais e sociais que forman parte de esta Plataforma.

O secretário comarcal Paulo Carril enumerou os membros que conformaban a Plataforma en Defensa das Liberdades e os actos e accións máis inmediatas.

Galiza Nova, Bloque Nacionalista Galego, Confederación Intersindical Galega, CUT, CGT, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Esquerda Unida, Nós, Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG), Fronte Popular Galega, Instituto Galego de Estudos e Divulgación da História e Cultura da Emigración, Federación Galega de Emigrantes Retornados e, a título persoal, escritores coma Manolo Rivas, Xurxo Souto, Lino Braxe e outros forman parte desta Plataforma que tenta facer un chamamento ante a situación de retroceso nos dereitos dos cidadáns e cidadás deste país.

Para o xoves 19 ás 12 do meiodia, sinalou Paulo Carril, está programada unha concentración diante dos xulgados de A Coruña cunha pancarta de máis de 5 metros co nome da Plataforma. O secretário comarcal, Paulo Carril, recalcou que algúns dos membros da Plataforma, coma a Asociación de Veciños de Oza xa foran represaliados por unhas medidas xudiciais onde son premiados os vitimários e non castigadas as vítimas.

O secretário xeral da CIG, Suso Seixo, foi mais contundente cando dixo que no noso país temos unha xustiza de carácter “exemplizante” contra os que menos teñen contra outra xustiza “amnésica” que favorece a certas clases sociais e permite o manter certas situacións sociais inxustas e desiguais.

Suso Seixo aclarou ante os meios de comunicación en A Coruña que todo isto non é casual, que existe unha moi forte corrente, xa non conservadora, senón reaccionária dentro de certos ámbitos da xustiza que van contra as clases traballadoras.

A sociedade galega debe reaccionar identificándose coa defensa dos valores democráticos cara a un modelo máis axeitado de xustiza. O caso galego non é único. Estas políticas sociais e xudiciais de asoballamento son visibeis tamén no Estado español e en todo o mundo, e non é casualidade, asemade, que en Madrid un grupo de traballadores das artes ante tal situación de retroceso creara tamén unha “Plataforma en Defensa de los Derechos y de las Libertades” ao mesmo tempo que nós.

Suso Seixo deixou ben claro que ademáis de recorrer a desproporcionada sentenza, ademáis de inxusta, pensan recoller através da Asesoria todas as sentenzas onde son vulnerados os dereitos dos traballadores e traballadoras galegos e galegas para entregalas na Fiscalia.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/02/2004
cig.informatica