Actualidade CIG-Comunicación-
CCOO, UGT e CSICA, sindicatos asinantes deste convenio, gardan un silencio vergoñento ante esta situación, polo que nos vemos na obriga de explicar os principais motivos da autoridade laboral. Xornada e horarios: De xeito discriminatorio, o convenio deixaba a xornada e horarios do persoal temporal a criterio das cláusulas individuais que acordaran coas empresas. Para o Ministerio a xornada deste persoal debe establecerse de acordo coa regulada no convenio. Descanso semanal: O convenio plantexaba nalgúns casos a posibilidade de compensar economicamente o descanso semanal fixado por lei vulnerando o artigo 37.1 do Estatuto dos Traballadores. Excedencia por maternidade/paternidade: O convenio recollía que cando a nai e o pai traballen só un deles pode pedir a excedencia. Segundo o escrito do Ministerio “El Convenio Colectivo restringe el derecho de los trabajadores a la excedencia para atender el cuidado de un hijo tal y como lo tienen reconocido en el Estatuto de los Trabajadores”. Por lei poden disfrutalo os dous, agás que traballen na mesma empresa. Permiso de lactación: O convenio contempla a posibilidade de renuncia ao permiso de lactación a cambio dun permiso de dez días naturais a continuación da baixa e cinco días máis a posteriori. A finalidade do permiso de maternidade é permitir unha atención ao menor por parte dos pais durante os primeiros meses de vida, é un dereito esencial do recén nacido. Este cambio está prohibido no artigo 3.5 do Estatuto dos Traballadores e vulnera o número 37.4 e 6 da mesma norma legal básica. Este feito é grave, xa que non é a primeira vez que unha redacción chapuceira do convenio colectivo dá lugar a que dereitos dos traballadores/as sexan posto sen dúbida (Plano de Pensións ou a antigüidade nas pagas extras). CCOO, UGT e CSICA, non saben nin o que asinan.
| |||
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/02/2004 |