ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 26 de febreiro de 2004

Unha das publicidades, dun total de tres, saiu publicada o mércores nas páxinas de sociedade do xornal galego
La Voz de Galicia censura dous anuncios da CIG en apoio aos tres sindicalistas condenados de Lugo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Fotografía da páxina 43 de La Voz de Galicia do 25 de febreiro de 2004, onde se publica o anuncio da CIG.
 
A CIG quere denunciar através deste comunicado a censura exercida polo xornal La Voz de Galicia, medio que publicou na edición do mércores 25 de febreiro un anuncio da CIG (o primeiro dos tres negociados) de apoio aos tres sindicalistas de Lugo nas páxinas de sociedade para, a seguir, negarse a publicar os outros dous alegando motivos económicos.

Neste anuncio –os outros dous era iguales– persoas do mundo da Xustiza e distintos persoeiros apoiaban aos tres sindicalistas da CIG condenados a máis de 14 anos de cadea por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral do 20 de xuño de 2002, así como a mobilización do vindeiro domingo 29 de febreiro en Lugo, convocada pola Plataforma en Defensa das Liberdades en con saída da Ronda de Muralla ás 12 horas.

A CIG negociu con responsables da La Voz de Galicia a publicación de dous anuncios máis que serían publicados o xoves 26 e o venres 27 de febreiro.

O mércores 25, día en que saiu publicado o primeiro dos tres anuncios negociados, o persoal de La Voz de Galicia enviou un correo electrónico á CIG sinalando que as tarifas acordadas non eran correctas e que polo tanto non poderían ser publicados os outros dos anuncios. A CIG contactou directamente con La Voz de Galicia e pediu explicacións, pero as únicas que foron dadas é que as tarifas tiñan que cambiar, seren máis altas. Mais o que estaban a demandar desde La Voz de Galicia era o dobre das tarifas de publicidade que aparece na sua propia páxina web (www.lavozdegalicia.es/publicidad), máis de dous millóns de pesetas por unha páxina.

Através deste comunicado queremos evidenciar a censura que se exerce por este xornal, que non permite a difusión dunha convocatoria e o apoio aos tres traballadores da CIG de Lugo, despois de ser publicada a primeira, e que alega problemas económicos cando as suas tarifas son moito máis baixas do que se lle está a reclamar a esta central sindical, un medio de comunicación que utiliza as suas páxinas para publicitar só a quen eles queren, non a quen pode pagar estas páxinas através das achegas e a solidariedade das diferentes persoas que apoian aos tres condenados de Lugo.

De novo, voltase amosar que o xornal La Voz de Galicia é un xornal que serve ao poder, un xornal que censura e silencia a todo aquel que non comulga cos dictados do Partido Popular.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/02/2004
cig.informatica