Actualidade CIG-Comunicación- O domingo 22 de febreiro estiveron coas compañeiras e o compañeiro en folga de fame (Carme Antas, Rosa Garrido e Fernando Leiro) o deputado do BNG no Parlamento autonómico, Emilio López, e membros da Asociación Cultural “O Trasniño do Bosque” de Lugo, que realizaron varias interpretacións. Para o luns 23 de febreiro, unha nova quenda comeza a folga de fame.
O vindeiro 25 de febreiro, mércores, no Instituto Lucus Augusti, de Lugo, ás 20 horas, vaise realizar un Foro-Debate sobre “A evolución das liberdades” no que falaran: Carlos Slepoy (Madrid), avogado do caso Pinochet e desaparecidos na Arxentina; Antonio Segura (Madrid), avogado e presidente da Asociación Libre de Avogados; Xosé Anxo Brandariz García (A Coruña), profesor de direito penal da Universidade de A Coruña; Roque Méndez Robleda (Ourense), avogado penalista e laboralista, representante de Xustiza e Sociedade; Xermán Vázquez Díaz, avogado da CIG Lugo; | |||
ÚLTIMA REVISIÓN: 23/02/2004 |