Actualidade Santiago, 26 de febreiro de 2004
O xoves 26, Burla Negra realizará un recital poético no que participarán os escritores Sechu Sende e Maria Lado Na caravana da CIG os ánimos tras 15 días de folga de fame están moi por riba das baixas temperaturas
| |  |  | | Na xornada do mércores 25, os folguistas (Miguel Malvido, Xerardo Alvaredo e Antonio Niño) estiveron acompañados por membros da sección sindical do Banco Pastor de A Coruña, por membros da Executiva Nacional da Federación do Tranporte, polo Comité de Empresa da RTVG, e por membros da comarca da CIG de Ferrol. |  |  | | Na mañá do mércores, os músicos rusos Alex e Anatoli, puxeron alegría e son á mañá na caravana fronte aos xulgados da cidade de Lugo. Pola tarde, os músicos Mini e Mero, de Aquenlla, actuaron tamén no mesmo emprazamento. |  |  |  | | No serán do martes 24 de febreiro, o colectivo de magos Waldemar de Lugo ofreceu unha actuación na que participaron o Mago Antón, o Mago Teto e máis o Mago Rafa. | | | Continúa a loita, continúa a folga de fame, aínda que para Miguel Malvido, secretario nacional de CIG-Metal, Xerardo Alvaredo, membro da Exrecutiva Comarcal da CIG Lugo, e Antonio Niño, axente sindical de Lugo xa está a rematar, pois o xoves 26 de febreiro, as doce da mañá, realizarase o cambio de quenda –será a quinta– e entrarán na folga de fame Paulo Carril, secretario comarcal de CIG-A Coruña, Carme Vázquez, secretaria comarcal en Lugo de CIG-Ensino, e Maite Álvarez, da Executiva Comarcal da CIG en Lugo.Na xornada do mércores 25, os folguistas estiveron acompañados por membros da sección sindical do Banco Pastor de A Coruña, por membros da Executiva Nacional da Federación do Tranporte, polo Comité de Empresa da RTVG, e por membros da comarca da CIG de Ferrol. Tamén tiveron este mércores dúas actuacións musicais. A primeira foi de mañá e correu a cargo dos músicos rusos Alex e Anatoli, que puxeron alegría e son á mañá na caravana fronte aos xulgados da cidade de Lugo. Pola tarde, os músicos Mini e Mero, de Aquenlla, actuaron tamén no mesmo emprazamento e ante numeroso público que fixo chegar o seu apoio e solidariedade aos condenados e aos tres sindicalistas en folga de fame. Xa no serán, as oito da tarde, tivo lugar o foro debate no Instituto Lucus Augusti sobre a evolución das liberdades, no que participaron profesores de direito, e membros da avogacóa e outras organizacións.
Por outra banda, continúan a chegar gran cantidade de telegramas e faxes de apoio aos compañeiros condenados, como os de: Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia, Comité de Empresa de Bulbo, Comité de Empresa de Elinco SL, Comité de Empresa de Italtel de As Pontes, Comité de Empresa de Jevaso SL, Comité de Empresa de Izar-Ferrol, Comité de Empresa de AstraZeneca de O Porriño, Sección Sindical da CIG-Santa Bárbara Sistemas, Comité de Empresa de Electro Rayma SL, Comité de Empresa de Intaf SL, Executiva Comarcal do Metal de CIG-Ferrol, Comité de Empresa do Grupo Indasa Telecom, Xunta de Persoal dos funcionarios da Administración de Xustiza de Lugo, Comité de Empresa de Cementos Cosmos do Oural, Comité de Empresa do Grupo Cetssa de Seguridad, Comité de Empresa Industrial Cubertera de Galiza, Comité de Empresa de Talleres Carral SL, os delegados de persoal de Alugran, Sección Sindical da CIG en Pescanova, Sección Sindical da CIG en Aguas de Mondariz, Sección Sindical da CIG en Frigoríficos de Vigo, Comité de Empresa de Renfe Lugo, Comité de Empresa en Pontevedra de Telefónica, Comité de Empresa de Viguesa de Transportes, Comité de Empresa de Corporación Voz de Galicia SL, Comité de Empresa de Bioetanol Galicia, Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza, Comité de Empresa da Delegación Provincial de A Coruña da Consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, Sección Sindical de CIG-Correos en A Coruña, Sección Sindical de CIG-PAS Universidade de A Coruña, Sección Sindical da CIG na delegación en A Coruña da Consellaría de Medio Ambiente, Sección Sindical da CIG e UGT en Barreras, Comité de Empresa de Povisa, delegados de persoal de Disgapre, delegados de persoal de Acarrocerias Giraldez, Comité de Empresa de Faurecia Escapes Vigo, delegados de persoal de Vicalsa Sycan e Comevisa, delegados de persoal do Grupo Emenasa, delegados de persoal do Grupo Nodosa, delegados de persoal do Grupo Salfer, Sección Sindical da CIG en Garevol, delegados de persoal do Grupo Rodosa, delegados de persoal do Grupo Matrigalsa, delegados de persoal de Industrias Ferri, delegados de persoal de Senax UTE 2, Sintel de Vigo, e Comité de Empresa Draka Cables. As tempertauras voltaron baixar nesta xornada e anúnciase neve, mais os ánimos están moi por riba das temperaturas que están a viver os tres folguistas de fame, agardando que a mobilización do próximo domingo en Lugo sexa un grande éxito e que se faga visíbel a necesidade dunha xustiza igual para todos e a necesaria defensa das liberdades públicas. O xoves 26 de febreiro, as 12 da mañá, realizarase o cambio de quenda, que será a quinta, e entrarán na folga de fame rotatoria o compañeiro Paulo Carril, secretario comarcal da CIG en A Coruña, e as compañeiras Carme Vázquez, secretaria comarcal en Lugo de CIG-Ensino, e Maite Álvarez, membro da Executiva Comarcal da CIG en Lugo. Tamén, ás 12.30 do xoves, Carlos Slepoy, avogado do Caso Pinochet e desaparecidos na Arxentina, e Antonio Segura, avogado e presidente da Asociación Libre de Avogados, realizarán unha rolda de prensa na caravana fronte aos xulgados de Lugo cos sindicalistas en folga de fame para analizar desde a óptica da avogacía a condena aos tres sindicalistas da CIG-Lugo. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, a Plataforma da Cultura contra a Burla Negra realizará un recital poético no que participarán os escritores Sechu Sende e María Lado Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2004.
A continuación reproducimos algunhas das mensaxes recibidas no transcurso desta nova xornada de loita:
| | | CMCAS EDF/GDF de Toulouse (Francia)
Estimados amigo, estimados camaradas. Seguimos con gran atención o proceso montado contra tres traballadores da CIG, por participar nun piquete informativo con ocasión da folga xeral de xuño de 2002 na Galiza. O xuízo condenando aos nosos compañeiros a 14 anos de prisión (6,5 – 4 – 3,5) é totalmente inadmisíbel e demostra a violencia coa que o goberno e a patronal reprimen as reivindicacións e o desempeño das garantías sociais dos asalariados nos nosos respectivos países. Temos verdadeira necesidade dun movemento popular de gran amplitude, para poder construír unha Europa social digna e respectuosa cos traballadores e as súas familias. Queremos expresar á CIG, así como ao conxunto dos traballadores e máis particularmente ás tres persoas afectadas, o noso apoio e a nosa solidariedade nesta loita. Fraternalmente. Christian Fereol, presidente da CMCAS EDF/GDF de Toulouse (Francia).
| | | | | | | | |
|