Actualidade Santiago, 15 de febreiro de 2004
O domingo entrarán de quenda tres novos representantes da CIG, entre eles o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao Visita a caravana de folga de fame da CIG o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
Cuarta xornada de folga de fame fronte aos xulgados da cidade de Lugo. O sábado visitou a caravana de folga de fame da CIG o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. O domingo 15 de febreiro, ás 12 da mañá entrarán tres novos representantes da CIG na folga de fame, entre os que se encontra o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
| |  | | Suso Seixo xunto a representantes da Federación de Asociacións de Inmigrantes en Galicia, que integra aos colectivos: Arxentinos en Galiza-Arxentinos no Exterior, Centro Cultural Cubano en Galicia, Asociación Sociocultural e Deportiva Amigos de Venezuela, Asociación de Colombianos Inmigrantes en Galiza, Asociación de Integración Galego Brasileira en Galiza, Asociación de Uruguaios polo Mundo e Asociación de Inmigrantes Marroquís en Galiza “Eljir”. |  | | De esquerda a dereita, Suso Seixo, secretario xeral da CIG; Miguel Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Xosé Ferreiro, secretario comarcal da CIG; Guillerme Roi, secretario comarcal do Metal; e Fernando Blanco, concellal do BNG en Lugo. | | | Cuarta xornada de folga de fame para Suso Seixo, secretario xeral da CIG, Xosé Ferreiro, responsábel comarcal da CIG Lugo, e un dos condenados, Guillerme Roi.Entre as visitas do sábado 14 de febreiro temos que salientar a do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que acudiu acompañado do concelleiro do BNG en Lugo, Fernando Blanco. Pola mañá a Federación de Asociacións de Inmigrantes en Galicia realizou unha concentración diante dos xulgados de Lugo en solidariedade cos tres traballadores condenados e cos sindicalistas en folga de fame. Na xornada do sábado, e aproveitando a fin de semana, centos de persoas de toda Galiza, achegaronse até a caravana situada fronte aos xulgados de Lugo para amosar o seu apoio e solidariedade cos tres compañeiros en folga de fame desde o pasado mércores. Tamén recibiron a visita de membros do comité de empresa de Izar, así como estiveron acompañados todo o día por compañeiros da CIG da comarca de A Coruña. O domingo 15, ás doce da mañá, realizarase o primeiro cambio de quenda na caravana. Deixarán o seu posto Suso Seixo, Xosé Ferreiro e Guillerme Roi, despois de catro duros días de folga de fame, e pasarán a esta folga Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, Iñaki García, secretario de organización da CIG da Comarca de Lugo e Antonio González, presidente do Comité de Empresa de Indesa.
|