ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 11 de marzo de 2004

A CIG celebra o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega
Asemblea de Delegados/as e acto fronte á Sub-delegación do Governo español en A Coruña

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
O secretário xeral da CIG, Suso Seixo, ante os meios de comunicación local e nacional, fronte á subdelegación do Governo español en A Coruña declarou o firme compromiso da Confederación Intersindical Galega con todos os homes e mulleres que traballan ou queren traballar no noso país, porque para nós, para a CIG a liberación social e a nacional van da man.
 
Cunha curtametraxe que realata os acontecementos históricos dos derradeiros dias da ditadura franquista en lembranza de Daniel Niebla e Amador Rei, os dous traballadores de Bazán asasinados en 1972, e o agromar da conciéncia de clase e nacional entre os traballadores e traballadoras galegos e galegas, cada 10 de marzo a CIG convoca en Galiza unha mobilización en defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras, neste caso en A Coruña.


Asemblea de Delegados

Coa presenza de Paulo Carril, secretário comarcal, e de Suso Seixo, secretário xeral da CIG, os delegados tiveron oportunidade de escoitar os liñamentos xerais sobre o que a CIG quere ser e como pode acadar eses obxectivos.

O secretário xeral da CIG, Suso Seixo, fixo unha breve exposición da situación laboral dos traballadores e traballadoras galegos e galegas e sinalou claramente aos culpábeis.

Sinalou o recurte de liberdades que representa a presenza de forzas reaccionárias no Governo e como afecta cos intereses das clases traballadoras.

A auséncia de recoñecemento, por parte do Governo español, da singularidade económica do país galego, falla de recoñecemento que vai da man coa representación que se autodenomina galega (simplesmente por un feito xeográfico) nas institucións do Estado. Representación esta que lonxe de representar os verdadeiros intereses do noso país, representa os seus próprios, ou simplesmente nin aparece polas instáncias que debe aparecer, nin eles nin o noso país nin as xentes traballadoras que nel viven.

 Clic para aumentar
“Non á precariedade... contra a reforma laboral” foi o lema dos congregados fronte á Sub-delegación do Governo español en A Coruña. O governo ven de implementar paseniñamente unha série de medidas laborais que baixo o pretexto de “axilizar o mercado laboral” o único que conseguiron foi empobrecer e precarizar social e salarialmete á clase traballadora galega.
 
Esta representación “galega” formada polos dous partidos maioritários do Estado español, é a responsábel do enmudecemento ante o desmantelamento do pouco tecido industrial que tiña Galiza, que hoxe ten na bisbarra de Ferrol o seu reflexo na auséncia de carga de traballo do asteleiro IZAR ou mesmente na proibición, durante o governo socialista, de que este asteleiro construera barcos, cousa que non aconteceu con outros asteleiros do Estado español.

As sentenzas extralimitadas contra tres país de familia por participar nun piquete informativo en Lugo, contra as asociacións de veciños ou contra calquera que esixa o cumprimento e respecto cara os seus dereitos.

Un 13,45% de desemprego, moi por riba da media estatal ten o noso país. O 35% de contratos eventuais; un 11% de traballadores por conta allea sen contrato nin prestacións sociais de ningún tipo; o desmantelamento dos sectores productivos, a falla de control da Inspección de Traballo; 17 mil mozos emigrando cada ano son algúns dos logors dos governos españois e dos sindicatos españois cómplices dos mesmos.


Non á precariedade... contra a reforma laboral

Este foi o lema dos congregados fronte á Sub-delegación do Governo español en A Coruña. O governo ven de implementar paseniñamente unha série de medidas laborais que baixo o pretexto de “axilizar o mercado laboral” o único que conseguiron foi empobrecer e precarizar social e salarialmete á clase traballadora galega.

O secretário xeral da CIG, Suso Seixo, ante os meios de comunicación local e nacional, fronte á subdelegación do Governo español en A Coruña declarou o firme compromiso da Confederación Intersindical Galega con todos os homes e mulleres que traballan ou queren traballar no noso país, porque para nós, para a CIG a liberación social e a nacional van da man.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/03/2004
cig.informatica