ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 1 de marzo de 2004

Oito mil persoas levan á cidade de Lugo a dignidade obreira, polas liberdades e contra a represión
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Clic para aumentar
A mobilización percorreu as rúas de Lugo para reclamar unha xustiza que, como berraban as/os manifestantes, non deixe a “currantes na cadea e corruptos no poder”, que non dé cobertura a sentenzas como a dictada en Lugo contra tres traballadores da CIG que por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral son condenados a máis de 14 anos de prisión. (Ver reportaxe gráfica).
Clic para aumentar
Clic para aumentar
 
Uns minutos despois das doce do mediodía do domingo 29 de febreiro daba comezo a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa das Liberdades para esixir unha xustiza igual para todas e todos, e contra o recorte de dereitos e liberdades, convocatoria á que acudiron máis de 8.000 persoas de toda Galiza que levaron á cidade de Lugo dignidade obreira contra a represión.

Unha mobilización que percorreu as rúas de Lugo para reclamar unha xustiza que, como berraban as/os manifestantes, non deixe a “currantes na cadea e corruptos no poder”, que non dé cobertura a sentenzas como a dictada en Lugo contra tres traballadores da CIG que por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral son condenados a máis de 14 anos de prisión e multas superiores a 11.000 euros.

A manifestación, que saiu da Ronda da Muralla fronte aos locais sindicais, estivo encabezada por unha faixa na que se podia ler “En defensa das liberdades, solidariedade cos traballadores afectados”.

Malia ás diversas tentativas de afogo mediático desta campaña e a actitude das cúpulas de certos sindicatos como CCOO, que rexeitaron participar e actuaron ao servizo do poder e non na defensa do movimento sindical e da clase traballadora, a manifestación foi unha mostra de que a cidadanía galega continúa a estar en pé, activa e consciente, fronte aos ataques continuos e o recurte de direitos e liberdades do goberno do PP, e unha moi boa sinal foi a mobilización histórica deste domingo na cidade de Lugo.

Milleiros de persoas percorreron as rúas de Lugo con indignación ante a condena dos tres compañeiros da nosa central sindical, coas bandeiras e faixas, cos gritos e consignas, e así quedaba claro que a sociedade galega non pensa aturar ataques como este aos direitos fundamentais como o direito á folga. Durante todo o percorrido puideronse escoitar consignas como “Esta é a xustiza do PP”, “O código penal para a patronal”, ou “Fraga, zoquete, aqui está o piquete”.

A marcha rematou na praza da Audiencia Provincial e dos xulgados, onde, desde o pasado 11 de febreiro e até este domingo mesmo, estivo a caravana na que tres sindicalistas da CIG protagonizaron unha folga de fame en quendas rotatorias de catro dias.

Esta mobilización, que só é a primeira dunha campaña e que significa unha boa mostra de solidariedade e apoio aos nosos compañeiros, viña a significar tamén a fin da folga de fame, unha folga que foi de vital importancia para sensibilizar á cidadania do noso país e que foi apoiada por centos de comités de empresa, organizacións e colectivos da nosa nación e do estranxeiro.

 Clic para aumentar
Antón Castro, integrante de Fuxan os ventos, fixo unha canción en solidariedade coa temática dos tres compañeiros condenados de Lugo, que cantou entre os aplausos dos/as alí presentes. (Ver reportaxe gráfica).
 
Este domingo remataron estes catro días de folga de fame Paulo Carril, responsábel comarcal de CIG-A Coruña, Carme Vázquez, secretaria comarcal en Lugo de CIG-Ensino, e Maite Álvarez, da Executiva Comarcal da CIG en Lugo, e no acto final da manifestación subiron ao palco mentras a xente berraba “Aquí está, aquí se ve, a dignidade obreira en pé”.

Fronte aos xulgados, e desde o palco instalado para o remate da manifestación, falaron o responsábel comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro, Guillerme Roi Rouco, un dos condenados e Xurxo Souto, que deu leitura ao manifesto da Plataforma en Defensa das Liberdades. Un integrante de Fuxan os ventos, Antón Castro, fixo unha canción en solidariedade coa temática dos tres compañeiros condenados de Lugo, que cantou entre os aplausos dos/as alí presentes.

A continuación reproducimos un extracto do texto lido polo responsábel comarcal, Xosé Ferreiro, no remate da manifestación:


 Clic para aumentar
Fronte aos xulgados, e desde o palco instalado para o remate da manifestación, falaron o responsábel comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro, Guillerme Roi Rouco, un dos condenados e Xurxo Souto, que deu leitura ao manifesto da Plataforma en Defensa das Liberdades. (Ver reportaxe gráfica).
 
Manifesto en defensa das liberdades

Aí detrás, por detrás deses mesmos edificios atopase o monumento máis representativo da cidade de Lugo, aínda que por suposto non o único. A Muralla de Lugo, con máis de 2000 anos de antigüidade.

As murallas eran, como todos e todas sabemos, unhas edificacións feitas para que a poboación se refuxiara e reagrupara cando era sometida a unha agresión exterior. Logo, unha vez protexida e resgardada, saía ao contraataque para combater ao inimigo e recuperar o terreo perdido.

Este pode ser un símil para o que está a acontecer neste momento nesta cidade. Durante os derradeiros anos, as liberdades e dereitos que a clase traballadora foi acadando con tanto esforzo están sendo sendo recortados de xeito sistemático e, ademais, está en marcha un serio intento de acabar co movemento sindical, ou polo menos con aquela parte del que non está disposta a someterse ao poder establecido.

(...) Estamos todos aqui hoxe, que non caiba a menor dúbida, porque ser defensor das liberdades, loitar pola Clase Traballadora demostrase día a día, con reivindicación dos nosos dereitos: dereito ao traballo, a un salario digno, dereito á folga, a ter un traballo na nosa terra e, sobre todo, dereito a ter unha xustixa igual para todos e todas, que é, en difinitiva, o que hoxe nos mobiliza.

 Clic para aumentar
Non imos permitir que estes compañeiros vaian á cadea. Temos a seguridade de que a inxustiza cometida con eles se vai reparar. Non abandonaremos a loita ata conseguir que queden libres. Non estamos a pedir favores, nin clemencia, nin compaixón, nin misericordia. Como traballadores e traballadoras, como cidadáns libres e coa cabeza moi alta ¡esiximos xustiza! (Ver reportaxe gráfica).
Clic para aumentar
 
Tres compañeiros poden ir a cadea. Tres persoas, tres traballadores que cometeron o único delicto de estar loitando polos dereitos dos traballadores e traballadoras.

(...) Compañeiros e compañeiras, non cometamos o erro de pensar que esta mobilización de hoxe é simbólica. Todo o contrario, tal e como dicía ao comezo, esta ten que ser o principio desa loita que debe levarnos á recuperación do terreo perdido e demostrarlles que con este tipo de represións non nos amedrentan, senón todo o contrario, que nos reforzan na idea de que o camiño emprendido é o correcto.

Que saiban os lexisladores de promulgan e votan as leis que permiten estas sentenzas, que saiban os que fan de correa de transmisión destas políticas, mercenarios a soldo do poder, que non nos renderemos, que nunca abandonaremos a loita.

Temos, sen dúbida, unha difícil tarefa por diante, pero coa unidade da Clase Traballadora e coa forza que nos da a razón seguro que acadaremos o obxectivo.

(...) E xa para rematar, insistir e deixar claro unha vez máis que non imos permitir que estes compañeiros vaian á cadea. Temos a seguridade de que a inxustiza cometida con eles se vai reparar. Non abandonaremos a loita ata conseguir que queden libres. Non estamos a pedir favores, nin clemencia, nin compaixón, nin misericordia. Como traballadores e traballadoras, como cidadáns libres e coa cabeza moi alta ¡esiximos xustiza!

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/03/2004
cig.informatica