ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 6 de marzo de 2004

Seguen a chegar mostras de solidariedade cos sindicalistas de Lugo inxustamente condenados
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Como acontece desde que se deu a coñecer a inxusta e desproporcionada sentenza que condena a tres sindicalistas de Lugo a máis de 14 anos de cárcere por formaren parte dun piquete na pasada folga xeral do 20 de xuño de 2002, seguen a chegar telegramas, faxes e correos electrónicos de solidariedade cos traballadores condenados.

Reproducimos a continuación varios deles:


  

IAC (Intersindical Alternativa de Catalunya)


En nome da Intersindical Alternativa de Catalunya, facémosvos chegar a nosa condena máis absoluta á condena dos tres sindicalistas da CIG.

Non podemos permitir os abusos nin as agresións contra a clase traballadora nin contra os seus representantes. A unidade dos traballadores e traballadoras na defensa dos seus dereitos é a arma máis poderosa da que dispoñemos e por iso, con esta mensaxe de solidariedade, comunicámosvos que estamos e estaremos ao voso lado en todo momento e nas accións que realicedes para conseguir a liberdade dos vosos compañeiros.

Viva a clase traballadora.

Comissió Coordinadora de la IAC - Intersindical Alternativa de Catalunya.

   
   
  

CATAC-IAC


Benqueridos compañeiros e compañeiras.

Recibimos con sorpresa e consternación a noticia da brutal sentencia, 14 anos de cadea, contra os vosos compañeiros da CIG pola súa participación na pasada folga xeral. A defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras que caracteriza á vosa Confederación non pode ser respondida, por parte dos tribunais, coa vulneración do dereito fundamental de Folga. É por isto que vos diriximos esta mensaxe de solidariedade cos vosos delegados ao tempo que manifestamos a nosa dispoñibilidade para as accións que consideredes convenientes.

Viva a clase traballadora.

CATAC-IAC (Candidatura Autonòma de Treballadors de l'Administració de Catalunya-Intersindical Alternativa de Catalunya).

   
   
  

USTEC-STEs Intersindical Alternativa de Catalunya


En nom d'USTEC-STEs-IAC, us fem arribar el nostre rebuig més absolut a la condemna dels tres sindicalistes de CIG. No hem de permetre els abusos ni les agressions contra la classe treballadora ni contra els seus representants. La unitat dels treballadors i treballadores, en la defensa dels seus drets, és l'arma més poderosa de la qual disposen i és per això que juntament amb aquest missatge de solidaritat us volem fer saber que estem i estarem al vostre costat en tot moment i en les accions que porteu a terme per aconseguir la llibertat dels vostres (nostres) companys.

USTEC-STEs.

Intersindical Alternativa de Catalunya.

   
   
  

CGT Bretagne (France)


Estimados Camaradas.

A CGT da Bretaña expresa a súa solidariedee para cos traballadores membros da CIG inxustamente condenados a penas moi duras.

Esta agresión ocurre nun momento no que os asalariados de Europa están a enfrontar unha forte ofensiva liberal; a patronal e as forzas reaccionarias non soportan ver como os traballadores defenden os seus intereses.

O dereito de folga, os dereitos sindicais son cuestionados coa intención de debilitar as loitas dos traballadores. Fronte a esta situación é precisa a solidariedade na acción do conxunto do mundo do traballo.

En nome da CGT da Bretaña ofrézovos a nosa solidariedade; ademáis tomamos as medidas oportunas para dar a coñecer a situación e denunciar os abusos patronais.

Fraternalmente.

Daniel COLLET, secretario xeral do Comité Rexional.

CGT Bretagne, France.

   
   
  

KOZ SR (Eslovaquia)


Estimados Compañeiros.

Desde Eslovaquia expresámosvos a noso apoio e solidariedade pola situación dos compañeiros da CIG e confiamos en que se faga auténtica xustiza.

Eva Mešanová, directora International Department.

KOZ SR.

   
   
  

CTA (Central de Trabajadores Argentinos)


A Dirección Nacional da Central de Trabajadores Argentinos-CTA fai chegar a súa solidariedade cos traballadores da irmá central galega que foron inxustamente condenados a 15 anos de cárcere e ao pago dunha importante suma de diñeiro polo feito de protestar na folga xeral de xuño de 2002.

Repudiamos tamén as citacións xudiciais francamente persecutorias contra o compañeiro Suso Seixo, secretario xeral da CIG, polas súas declaracións sobre a sentenza contra os traballadores de Lugo.

Esta clara persecución política aos traballadores galegos ten que ver cos límites das políticas neoliberais que en todo o mundo teñen comezado a dar claros signos de esgotamento e só se refuxian en actitudes autoritarias para frear as reivindicacións dos traballadores. Tamén ocorre isto no noso país, onde máis de 4.000 traballadores están a ser procesados por reclamar os seus máis elementais dereitos.

É por todo isto que ficamos á súa disposición para xerar accións coordenadas das nosas respectivas centrais ate reverter este procesamento contra os compañeiros galegos.

Reciban o noso máis sincero abrazo fraterno e internacionalista.

Fabio Basteiro, secretario CTA Capital Federal.

Víctor Mendivil, secretario gremial CTA Nacional.

Víctor de Gennaro, secretario xeral CTA Nacional.

   
   
  

PIT/CNT (Plenario Intersindical de Trabajadores/Convención Nacional del Trabajo)


Xoves, 4 de marzo de 2004.

Ante o feito brutal e inxusto da condena contra tres traballadores membros da CIG, tras ter participado nun piquete informativo da Folga Xeral de Galiza en Xuño de 2002, facemos chegar o noso respaldo e solidariedade.

Consideramos que é un atropelo ao dereito á Folga que posúe a clase traballadora.

Resúltanos incomprensíbel que se manifeste unha posíbel denuncia contra o Secretario Xeral da CIG por manifestar publicamente nunha conferencia de prensa a desconformidade coa sentenza ditada.

A nosa Central estará sempre alerta e solidarizándose con todos os traballadores do mundo que loitan polos seus dereitos e se enfrontan á represión sindical.

Saúde compañeiros, un abrazo solidario dol PIT-CNT.

Julio García.

Manuel Negro.

   
   
  

CGTP (Confederación General de Trabajadores del Perú)


Lima (Perú), 4 de marzo de 2004.

Compañeiros.

En nome da Confederación General de Trabajadores del Perú (CGTP), Central representativa de máis de millón e medio de afiliados, dirixímonos a Vd. para facerlle chegar o noso fraterno saúdo e expresarlle a nosa máis firme solidariedade e apoio con motivo da condena que as Autoridades Xudiciais de Galicia fixeron recaer sobre queridos compañeiros sindicalistas cuxo único crime -como Vds. din– é ter exercido un dos dereitos máis elementais que en todo o mundo temos os traballadores para a defensa das nosas lexítimas reivindicacións.

O abuso que significan as condenas e a ameaza que pende sobre a CIG e, en particular, en contra do Secretario Xeral de esa Organización irmá provoca indignación e promove o chamamento que en nome da CGTP e do povo peruano facemos para que cesen estes atropelos e se abra un nivel de respecto, diálogo e concertación como mandan as Normas Fundamentais da OIT.

Esperamos que se rectifiquen estes abusos e renovamos a Vds. as expresións da nosa solidariedade e aprecio.

Sindicalmente.

Mario Huaman Rivera, presidente.

Juan José Gorritti Valle, secretario xeral.

Eduardo Castillo Sánchez, secretario de RR. Internacionais.

   
   
  

Intersindical-CSC de Cataluña


Benvolguts/des companys i companyes.

Des de la Intersindical-CSC us volem fer arribar la nostra més ferma solidaritat amb els companys condemnats. Alhora volem manifestar el nostre suport en tots aquells actes que emprengueu en favor dels drets dels treballadors. Aquests han estat vulnerats un cop més. Com a classe treballadora ens cal respondre.

Força i endavant!

Una salutació fraternal.

Secretariat de la Intersindical-CSC.

   
   
  

UGT-Portugal


Caros Amigos.

Tomámos conhecimento da condenação recente dos trabalhadores membros da Confederación Intersindical Galega por participarem na Greve Geral havida na Galiza em Junho de 2002.

Vimos, assim, em nome dos trabalhadores portugueses representados pela UGT-Portugal, transmitir os nossos votos de solidariedade para com os trabalhadores galegos em geral e para com a CIG em particular.

Na expectativa de que as acções de protesto previstas resultem na anulação das penas aplicadas, reiteramos a expressão do nosso apoio e votos de continuação de um bom trabalho, numa sociedade verdadeiramente democrática, em favor de todos os trabalhadores da Galiza.

Um abraço solidário.

João Proença, secretário geral da UGT-Portugal.

   
   
  

FENPROF (Federaçao Nacional dos Professores de Portugal)


Queridos companheiros.

Embora nunha altura de particular luta e preparaçao do congresso, estamos convosco neste difícil momento de brutal ataque à liberdade individual, social e sindical.

Estamos cientes de que nada mudará o rumoà história e, amigos, venceremos!

Un abraço pessoal e toda a solidariedade da FENPROF.

Ana Gaspar, Departamento de Internacional da FENPROF (Federaçao Nacional dos Professores de Portugal).

   
   
  

SPN-FENPROF (Sindicato dos Professores do Norte)


Compañeiras/os da CIG.

Realizou-se hoje, dia 2 de março, uma reunião da Direcção do Sindicato dos Professores do Norte / SPN – FENPROF com a participação de todas as Áreas Sindicais (Amarante, Braga, Bragança, Chaves, Guimarães, Mirandela, Monção, Penafiel, Porto, Póvoa de Varzim, São João da Madeira, Santa Maria da Feira, Viana do Castelo, Vila Real e Vila Nova de Famalicão).

Foi a primeira reunião a realizar-se após o conhecimento da brutal sentença a que foram condenados os três membros da CIG pela sua participação num piquete informativo na Greve Geral de 20 de Junho de 2002 e onde se deu a conhecer o sucedido, tendo sido aprovado por unanimidade um voto de solidariedade aos três companheiros, membros da CIG.

Podes pois contar com todo o nosso apoio e solidariedade.

Porto, 2 de março de 2004.

Pel’ A Direcção, Henrique Borges.

   
   

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/03/2004
cig.informatica