Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG, que afronta esta data con convocatoria propia (dada a actual conxuntura sindical e nacional), centrou este ano a súa campaña en torno ao 1º de Maio na loita contra a precariedade e o desemprego, cuestións que definen hoxe a situación da clase traballadora da nación galega. As manifestacións terán lugar en: Ferrol: con saída ás 12:00 horas diante do local da CIG na Avenida de Esteiro. Pontevedra: con saída ás 12:00 horas da Praza da Ferrería. Ourense: con saída ás 12:30 horas do Pavillón de Deportes dos Remedios. A Coruña: con saída ás 11:30 horas da Praza de Vigo. Santiago de Compostela: con saída ás 12:30 horas da Alameda (con festa popular e xantar no Campus Universitario). Vigo: con saída ás 12:00 horas do Cruce da Doblada (Gregorio Espino) con Urzaiz. Lugo: con saída ás 12:00 horas diante dos locais sindicais na Ronda da Muralla (con festa popular e xantar nas Costas do Parque). A Mariña: con saída ás 12:30 horas da Praza da Fontenova de Viveiro. | |||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/04/2004 |