Actualidade CIG-Comunicación- Este encontro tratará especialmente sobre os problemas migratorios, algo que atinxe moi especialmente aos traballadores/as inmigrantes palestinos en Israel. As reunións e actos, que se alongan dende o 25 de abril ate o 2 de maio, realizaranse tanto en Palestina como en Israel. Entre os actos previstos previstos están as xuntanzas co secretario xeral da Federación Xeral de Sindicatos de Palestina e co director do Ministerio de Emprego, así como asistir ao Primeiro de Maio en Haifa. A este encontro asisten delegacións de varios sindicatos europeos. Concretamente o SID de Dinamarca; CCOO do Estado español; CIG de Galiza; FNV dos Países baixos; GBI de Suiza; ACV-CSC de Bélxica; COBAS de Italia; etc. Xerardo Abraldes transmitirá aos sindicatos de Palestina a solidariedade da CIG coa loita do povo palestino contra a ocupación israelí, e a prol da creación dun Estado Palestino soberano. | |||
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/04/2004 |