Actualidade / Biografía Volver


Vigo, 9 de abril de 2004

José Bieito Abraira
 

Lois Pérez Leira-

cig.migracion@galizacig.com



 Clic para aumentar
José Bieito Abraira nasceu en Meira, na provincia de Lugo, o 31 de xullo de 1904.
 
Falar de Bieito Abraira é tamén penetrar nos meus recordos, nos meus anos xuvenis. Lembroo xunto a Bernardo Souto, rodeado sempre de xoves como Miguel Ángel Negreira, Carlos López e quen lles conta esta história. Todos os sábados encontrabamonos na biblioteca do Centro Galego para aprender o noso idioma. naqueles tempos o noso profesor de galego-portugués era o eminente profesor Hixinio Rodriguez que hoxe contínua os seus cursos na Federación de Asociacións Galegas da Argentina. Era emocionante e conmovedor lembrar aquel curso. Agás os mencionados ían relixiosamente Prada, de cando en vez o actor galego Tacholas que levara á pantalla La Patagonio Rebelde ou ao teatro a estrea de Os vellos non debe namorarse, e moitos outros novos e vellos galegistas de Bos Aires.

O mellor viña despois coa parrafada no bar de enfronte, onde Abraira tentaba adoutrinarnos cos ideais galeguistas. E o seu labor deu os seus resultados. Formamos as Mocidades Galeguistas Alexandre Boveda das que fun presidente e posteriormente o Centro Vigués de forte sentimento patriotico. Lembro un sábado, cando se achegou a nós un xove poeta fillo de galegos, era Enrique Albor. Viña-se despedir. Os militares secuestraranlo vários dias e tiña que sair do pais. Na sua cara reflectiase o medo e a preocupación de tan terríbeis momentos. Pero Albor non pódia partir sen dicer un até logo a Abraira e a aqueles soñadores que se emocionaban ante a palabra Galiza. Aquel dia como sempre Abraira deulle a mensaxe de que fose pelexar pola liberdade da pátria galega e asi foi.

José Bieito Abraira nasceu en Meira, na provincia de Lugo, o 31 de xullo de 1904. O seu pai era labrego e convinaba esa tarefa coa canteiria. José estudaba pola mañá e polas tardes acompañaba ao seu pai a recoller a colleita. Gostava do ofício de canteiro, limpar e brunir as pedras.

O 25 de maio de 1922 como tantos xoves parte para Bos Aires, tiña 17 anos. O 14 de xuño despois de parar en case todos os portos do sul americano chega a Bos Aires.

 Clic para aumentar
Carlos Abraira Cela, fillo de José Bieito Abraira e Mercedes Cela, naceu en Bos Aires en 1936.
 
Nunha semblanza realizada pola revista AGAL contanos esta parte da história: "A pouco de chegado, empregase na tenda de roupa de homes duns patróns betanceiros chamada Los Petisos. Traballa longas xornadas consumadas con celo e eficácia, tanto que, quando os donos liquidan a tenda, eles mesmos se encarregam de colocálo nun comércio de chapéus, de propriedade duns cataláns, chamado Tadeo. Ali Carlos Gardel merca os seus sonados chapeus Orion, de feltro ríxido e borda revirada e chega a manter unha relación co noso Abraira. Nese ámbito os seus patróns non falaban outra língua que a sua própria, feito que acende a necesidade de defender a língua e o sentimento da pátria en José Bieito Abraira. Falando a língua galega resgataremos a dignidade e a liberdade, romperemos o asovallamento colonial de séculos do povo galego.

Deses anos mozos conserva a lembranza dun amigo, Ramom Rial Seixo, as actividades da revista Céltiga e os dous coros, que naquel tempo cumpriam a función que hoxe teñen os conxuntos de música celta. No Ultreia, dirixido por Manuel Prieto Marcos, cantou e alí coñeceu a que sería a súa muller. Alí medra a súa paixom galeguista, inda que non fóra membro da Sociedade Nazonalista Pondal. Coñecia e era amigo da meirande parte dos seus membros, mais o compromiso faise nel activo na época posterior, na guerra civil.

Em 1930 casa com Mercedes. Na festa do casamento, na casa da noiva, cantou Suárez Picallo e tocou o piano Eduardo Blanco Amor. Na casa dos sogros vivirá um tempo até que, em 1934, estabelecese na rua Federico Lacroze, nº 4.086, no bairro bonaerense de Chacarita, onde nascerám os seus filhos e terá tenda de roupa no ramo que mellor coñece. Daquela participa activamente na vida da coletividade. En 1936 nascelle o seu fillo Carlos, o ano seguinte o segundo, Demétrio, e en 1951 Maria do Carme.

Como membro do Centro Galego de Bos Aires participou na agrupación Terra e em xuño de 1984 acompañou a repatriaciom dos restos do procer Castelao. Viaxou do seu peculio, mentres os que en vida fixeran imposibel que Castelao vivese en liberdade no seu país, viaxaron con pasaxe oficial pagada à conta do povo galego.

 Clic para aumentar
Acto inaugural do Congreso da Emigración, en Bos Aires, no ano 1956. Nel participaron José Bieito Abraira e o seu fillo Carlos Abraira Cela.
 
No período comprendido entre 1954 e 1958, em merecido recoñecimento pola tarefa desenvolvida non seio da coletividade, integrou como vocal a Honorábel Xunta Diretiva dó Centro Galego de Bos Aires, colaborando na comison de cultura e acción social.

En 1956, coincidindo co centenário do histórico "Banquete de Conxo", celebrouse en Bos Aires o Primeiro Congreso da Emigración Galega en América. Deste congreso, presidido por Manuel Ponte, Abraira tamém foi secretário.

Em 1968 celebráromse nesta cidade os "Xogos Florais do Idioma Galego", aos que asistírom, entre outros escritores arxentinos da importáncia, Jorge Luís Borges e Francisco Luís Bernárdez.

O sábado, 5 de setembro de 1987, xa convalescente dunha intervencióm cirúrxica, estivo como sempre dando as aulas de galego reintegrado, daquela ditadas fóra do Instituto pola operación. Sintese mal, concorre ao Centro Galego, é ingressado, e morre às dez e trinta do dia seguinte.


Lois Pérez Leira, coordenador nacional do Departamento de Migración da CIG.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/04/2004
cig.informatica