Actualidade CIG-Comunicación-
Esta mobilización, na que participaron máis de medio cento de representantes sindicais, é unha continuación do proceso de recollida de sinaturas que se está a levar conxuntamente en tódalas empresas do sector. A negociación do Convenio Colectivo está bloqueada ante a falta de propostas da patronal en canto a estabilidade no emprego, carreira profesional, reducción de xornada e suba salarial. Ante esta situación foron convocadas concentracións de delegados/as en todo o estado. A entrada da CIG no Comité de Empresa de “Atento” despois das eleccións sindicais celebradas o pasado mes de marzo, permitiu que, por primeira vez, as mobilizacións polo convenio cheguen a Galiza. O vindeiro día 26 de abril está prevista unha reunión sindical para continuar elaborando o calendario de mobilizacións, entre as que se contempla a convocatoria dunha folga para o vindeiro mes.
| ||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/04/2004 |