Actualidade / Artigo Xurxo Martínez Crespo-
Os holandeses, que son xente prática, tentaron dar-lle a independéncia ás illas ABC (Aruba, Bonaire e Curaçao), pero os arubanos e antillanos, que son mais práticos que os práticos holandeses... non quixeron. A única cervexa fabricada con auga do mar do mundo está nestas illas. Pero os surinameses non tiveron tanta sorte, polo menos os que decidiron non emprender o "salvase quen poda" da independéncia. A comezos da década dos 70 unha enxurrada de surinameses empezou a montar-se en avións para ir a Holanda e non ser "independentes". En 1975 lograron a "independéncia" ainda que o Estado holandés mantiña o país. Holanda deixou de ser unha selección de laranxas mecánicas, para se converter nunha selección de chocolates sincrónicos. E Desi Bouterse foi-se como chegara... pola porta pequeniña e asilouse en Holanda, á que tanto combatera. Acusárono de traficante de drogas, de asasino, de ladrón... de herdeiro dun réxime corruto como o colonial. E Desi compartiu en Holanda con mais dun millón de surinameses, que son moitos mais que os 300.000 que viven en Suriname. E aparece na televisión e vai ao supermercado e merca condimentos indonesios para lle botar á comida en Amsterdam. Porque en Suriname non hai ideoloxias políticas. Non as hai porque Desi Bouterse, o ex home forte de Suriname eliminou esas trastes, eses adornos antes de que existisen, porque en Suriname os partidos non teñen ideoloxia se non raza. O partido hindú, o dos mestizos, o dos negros, o dos crioulos, o dos indonesios... Herdanza da cizaña que sementaron, cultivaron e coidaron agarimosamente os colonialistas holandeses, para que se matasen entre eles, mentres eles os remataban expoliando todo o expoliábel até o derradeiro día, antes da indepéndencia, cando sairon e sairon tantos avións cara as subcencións estatais holandesas e os estadios de futebol. A catedral de madeira mais grande do mundo está en Paramaribo. Non collen en ela os seus 150.000 habitantes, pero aí está. Tamén unha restra de xogadores que levaron a ideoloxia racial á sua orixe: Holanda. Os sesudos analistas non se explican o por que do fracaso dos holandeses como selección. Din que hai duas seleccións: A dos brancos e a dos que non o son... e que asi non se gaña, perdese sempre, se cadra porque xogan tres equipas no campo.
Suriname non ten selección de futebol, ou si ten? U-la selección de futebol surinamesa? Onde está? No mesmo sítio no que está Suriname: En Holanda. A selección surinamesa de futebol, está dando-lle couces a un balón con unha camisola cor laranxa baixo a cor cumbo do ceo de Holanda. A mestura étnica surinamesa é patente nas múltiples crenzas das xentes do país. A mais importante é a católica e a morava, a pesares de que moitos cristiáns aínda practican ritos tradicionais africanos como obeah e inti. O 80 % da povoación é hindú, man de obra semiescrava traida co gallo das fuxidas masivas dos esclavos negros cara á selva.
E os surinameses continúan a dar patadas ao balón, iso si, os surinameses que moran nos Países Baixos, que teñen a posibilidade de comer e de rexeitar estudar e rexeitar ser inda que non rexeitar o estar. Unha república cocaleira foio o que fixo Bouterse co seu aprezado país, e hoxe, ninguén fala nin de Bouterse, nin de Suriname, e nós, os galegos e galegas que aprezamos o mundo diferente gostariamos de ter un paisano, unha paisana en Paramaribo.
Tal enxurrada de xente fixo que os Países Baixos, caíran, se cadra, aínda máis baixo do que o fixeran ao longo da história, porque o peso dos homes e mulleres, dos feitos e da história aínda están sobre nós e o pasado colonial recente de algúns Estados europeus.
| |||||||||||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/04/2004 |