ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 8 de maio de 2004

Paros parciais para os días 14, 17, 20, 27 e 28 de maio
CIG, CCOO, UGT e CGT veñen de convocar folga o 9 de xuño nas empresas de telemárketing (tlkm)

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Traballadoras e traballadores do sector de Telemárketing participaron nas manifestacións do 1º de Maio convocadas pola CIG, no caso de A Coruña con pancarta propia.
Clic para aumentar
A CIG, xunto co resto dos sindicatos presentes na mesa negociadora do III Convenio Estatal de Telemárketing, esta a convocar mobilizacións ante o bloqueo patronal da negociación. A primeira tivo lugar o pasado 20 de abril coa concentración de delegados/as do sector na empresa “Atento” en A Coruña.
 
A CIG, xunto co resto dos sindicatos presentes na mesa negociadora do III Convenio Estatal de Telemárketing, esta a convocar mobilizacións ante o bloqueo patronal da negociación. A primeira tivo lugar o pasado 20 de abril coa concentración de delegados/as do sector na empresa “Atento” en A Coruña. Tamén o primeiro de maio traballadores/as do sector participaron nas manifestacións do 1º de Maio convocadas polo sindicato nacionalista, no caso de A Coruña con pancarta propia.

As negociacións do Convenio comezaron a primeiros de ano atopase bloqueada, a patronal continua apostando por un sector baseado nos baixos custes e na flexibilidade (precariedade). Pola súa a CIG e a representación social apostan pola estabilidade no emprego vía subrogación e pola contratación indefinida; pola reducción de xornada de traballo e pola regulación das cargas de traballo; polo incremento das retribucións económicas e polo establecemento dunha nova clasificación profesional.

Como queira que o día 17 de maio e festivo na Galiza, percibindo un importante complemento os emrpegados/as cuxas quendas coincidan ese día, as centrais sindicais están a estudiar unha posible convocatoria de paro para outra data no país.

Dende a CIG faise un chamamento da todos os traballadores/as do sector para que apoien de forma masiva e rotunda as mobilizacións convocadas polos sindicatos presentes na mesa negociadora, entre todos podemos é posible facer do telemárketing un traballo digno.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/05/2004
cig.informatica