Actualidade CIG-Comunicación-
Días 14, 17 e 20, paros dunha hora por quenda. De 11 a 12 horas, de 18 a 19 e de 24 a 1. En “Atento”, A Coruña, está convocado un paro parcial a nivel de empresa para o día 18 de maio, dunha hora por quenda co mesmo horario que os anteriores días. Días 27 e 28, paros de dúas horas por quenda. De 11 a 13, de 18 a 20 e de 24 a 2. Día 9 de xuño, Folga toda a xornada. Por outra banda os sindicatos convocantes veñen de denunciar os servicios mínimos que pretenden impoñer as empresas que acadan nalgúns servicios ata o 30% dos cadros de persoal. Servicios que pretenden impoñer unilateralmente xa que non houbo reunións nen contactos previos co Comité de Folga a nivel estatal no que está integrado a CIG, nen cos Comités de Folga a nivel de empresa. Por un convenio xusto, por un traballo digno! | |||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/05/2004 |