Actualidade CIG-Comunicación-
O vindeiro día 9 de xuño as mobilizacións continuarán coa convocatoria dunha xornada de folga para todo o día. Previamente, o día 3 está previsto un cumio sindical en Madrid para analizar a marcha do proceso de mobilizacións e as medidas a tomar a continuación. Na cidade de A Coruña os sindicatos teñen chegado a un acordo para convocar unha manifestación de traballadores/as para o día 9 coincidindo coa xornada de folga. Inicialmente, pendente da autorización da Subdelegación do Goberno, está previsto que saia ás 11:00 horas da empresa Eurocen, para rematar diante da empresa Atento, ámbalas dúas na rúa Xoán Flórez. Dende a CIG faise un chamamento a todos os traballadores e traballadoras do sector de Telemárketing para que se sumen á folga do día 9 e para que participen na manifestación. Por un convenio digno! | |||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 31/05/2004 |