Actualidade CIG-Comunicación-
Os paros parciais, que continuarán ao longo deste mes cara a convocatoria dunha xornada de Folga o día 9 de xuño están tendo un seguimento dun 90% en todo o estado. A Folga na Galiza está a ter unha repercusión sen precedentes, nomeadamente nas grandes empresas do sector e na comarca de A Coruña. Malia a falta de datos concretos o seguimento na Galiza estaría por primeira vez na mesma liña que no resto do estado. O paro convocado por todas as centrais sindicais o día 18 na empresa Atento tivo unha forte participación na quenda da mañá e da noite, sendo menor na quenda do serán. As 11 da mañá houbo unha concentración de delegados/as do sector e un corte do tráfico diante da empresa en A Coruña. As mobilizacións están motivadas pola actitude prepotente da patronal que non respondeu ás solicitudes sindicais encamiñadas á profesionalización e dignificación do sector. Dende a CIG lémbranse as demandas dos traballadores/as neste convenio:
A CIG fai un chamamento a todos os traballadores e traballadoras para que continúen sumándose aos paros de dúas horas convocados para os días 27 e 28 coa seguinte distribución:
É necesario continuar coas mobilizacións co fin de mover á patronal estatal AEMT; polo de agora os paros foron un éxito. A presencia do sindicalismo nacionalista estase a notar sector de Telemárketing na Galiza. | |||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 21/05/2004 |