Actualidade / Artigo Modelos sindicais enfrontados Xosé Ferreiro Fernández-
Por unha banda está os que creen que a confrontación social de clases xa non está vixente, que todos os cidadán teñen os mesmos intereses e que o modelo reivindicativo é algo anticuado, quedando como un vestixio do pasado. Desta forma as demandas dos seus asociados/as son máis de tipo corporativista e as súas organización deben ir transformarse en asociacións orientadas a dar servizos. Conseguir bos resultados e o prioritario para así obter financiamento para ofertar máis servizos. Por outra banda estamos os que creemos que os problemas dos traballadores e traballadoras son os mesmos de sempre, aínda que actualizados coa evolución do capitalismo ao longo dos tempos. Os intereses dun obreiro, dunha camareira, dun labrego, dun mineiro, dun médico ou dunha profesora seguen a ser os mesmos e nada teñen que ver cos dun banqueiro ou cos dun gran empresario. Os métodos cambiaron, pero o fin do capitalismo segue a ser o mesmo: acadar beneficios e poder. Este é un modelo sindical é claramente reivindicativo, onde a oferta de servizos é secundaria e onde a acción sindical ten que ser sostida integramente coas cotas da propia afiliación. Estas diferencias de formulación son, en definitiva, o que fai que no traballo diario teñamos un enfrontamento sindical continuo á hora de afrontar os problemas concretos dos traballadores e traballadoras. Este enfrontamento queda patente nun día como o 1º de maio, onde dende o noso punto de vista non podemos avalar ante a Clase Traballadora estes comportamentos, co cal lles daríamos unha lexitimidade que non teñen.
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/05/2004 |