ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 24 de xuño de 2004

Piquetes informativos contra as horas extras
CIG-Banca percorreu as rúas de Ourense ante o fraude da extensión ilegal da xornada

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
O piquete informativo contra as horas extras concentrouse ante as entidades financeiras nas que foron detectadas persoas traballando, procedendo á pegada de carteis denunciando a situación de fraude.
Clic para aumentar
Clic para aumentar
Os representantes sindicais da CIG en Banesto, así como de outras empresas do sector, concentráronse diante da oficina principal deste banco, pertencente ao Grupo SCH, como continuación das mobilizacións polo cumprimento da xornada laboral nesta entidade.
Clic para aumentar
 
Milleiros de postos de traballo son destruídos no sector financeiro pola realización de horas extras ilegais. Horas non pagadas, non cotizadas á seguridade social e máis alá do límite legal. Namentres, os bancos reducen emprego e engrosan ano a ano as contas de resultados con insultantes beneficios.

Ante esta situación, e dentro da campaña contra a precariedade, o pasado 23 de xuño polo serán o piquete informativo contra as horas extras concentrouse ante as entidades financeiras nas que foron detectadas persoas traballando, procedendo á pegada de carteis denunciando esta situación de fraude.

Os carteis, colocados na fachada de varias entidades bancarias da cidade e nos que se dicía “Este banco defrauda horas extras non pagadas nen cotizadas á Seguridade Social”, chamaron a atención de numerosos viandantes, que interrupían curiosos a súa marcha para ler o escrito neles.

Á súa vez, traballadores e traballadoras que estaban estendendo a xornada laboral de xeito fraudulento, procederon a abandonar os centros de traballo.

Posteriormente, os representantes sindicais da CIG en Banesto, así como de outras empresas do sector, concentráronse diante da oficina principal deste banco, pertencente ao Grupo SCH, como continuación das mobilizacións en demanda do estricto cumprimento da xornada laboral nesta entidade.

Con esta actuación, que terá continuación noutras datas e cidades de Galiza, a Federación de Banca da CIG dá un paso adiante na loita contra a extensión fraudulenta da xornada laboral.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/06/2004
cig.informatica