ActualidadeVolver a Actualidade


Ourense, 2 de xullo de 2004

Acada maioría absoluta no Comité de empresa
A CIG gaña as eleccións na empresa de telemárketing Office Depot, en Ourense

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
Candidatura da CIG a Office Deport: 1. Serafín Santas Seara, 2. Alfonso Fernández Diéguez, 3. Marta Álvarez Mein, 4. Mery Cruz Fernández Delgado, 5. José Miguel Barros Domínguez. Suplentes: 6. Matilde Vázquez Gómez, 7. Ana Isabel Lobelle Vázquez, 8. Jorge Barredo del Río, 9. Beatriz Maciá Pueyo, 10. Sandra Masferrer Jofre, 11. Simón Blanco Gallego, 12. Mª del Rosario Teixeira Rodicio, 13. César Enrique Otero Domínguez, 14. Sonia González Pérez.
 
O pasado mércores 30 de xuño, celebráronse as eleccións sindicais no “call-center” que a multinacional Office Depot ten en na cidade de Ourense, cun cadro de persoal de 74 traballadores e traballadoras.

O sindicato máis votado nestas eleccións sindicais foi a CIG, acadando o 65% dos votos, 44 de un total de 68 votantes, e resultando consecuentemente a forza maioritaria no comité de empresa.

Os resultados foron os seguintes:

CIG, 44 votos, 3 delegados/as.
CCOO, 15 votos, 1 delegado/a.
UGT, 9 votos, 1 delegado/a.

Estas eran as primeiras eleccións sindicais na empresa Office Depot, do sector de telemárketing, e dende a CIG, sindicato promotor das mesmas, avalíase como moi positivo o respaldo das traballadoras e traballadores, xa que lle permite ter a maioría no Comité de Empresa.

Agora, o traballo do novo Comité de Empresa elixido nestas eleccións sindicais estará encamiñado a conseguir os seguintes obxectivos, fixados na campaña electoral:

  • Conservar o bo que temos.
  • Establecer con claridade e de xeito definitivo cal é o noso convenio de aplicación.
  • Facer realidade o disfrute dos 14 días festivos que contempla o calendario laboral de cada ano.
  • Plus de idiomas para todo o persoal que no desenvolvemento das súas funcións utilice dous ou máis idiomas.
  • Establecer criterios transparentes e o máis obxectivos posibles na avaliación do desempeño do traballo para determinar os bonos de productividade.
  • Elaborar o calendario de vacacións a principio do ano para posibilitar a súa planificación.
  • Abrir de inmediato negociacións para, de mutuo acordo, elaborar un horario laboral que englobe a tódolos departamentos e que concilie a vida laboral coa vida persoal.
  • Igualdade de oportunidades no acceso a outros departamentos e aos posibles ascensos.
  • Garantir o dereito a recibir formación continua a cargo da empresa dentro da xornada laboral.

Estes foron os 9 puntos baixo os que se presentou a candidatura da CIG ás eleccións ao Comité de Empresa de Office Depot en Ourense, traballadoras e traballadores que promoveron estas primeiras eleccións sindicais coa fin de establecer un cauce legal de participación entre a empresa e o seu persoal a través do Comité de Empresa co que mellorar as condicións de vida e de traballo.


Ourense, 1 de xullo de 2004

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/07/2004
cig.informatica