Actualidade / Biografía Santiago Iglesias Pantín Lois Pérez Leira- "Moi poucos meses despois de ingresar no taller, ocurriron certos desordes públicos na cidade. A inspiración inconsciente do meu primeiro "Huelga" foi provocada por tal circunstancia entre os aprendices. Este incidente creo que ocurreu un domingo do mes de setembro de 1884. Publicarase unha proclama moi enérxica chamando ao pobo da Coruña a que protestase enerxicamente contra abusos cometidos pola "Compañía Arrendataria de Consumos". A cidade estaba conmovida e a excitación era grande. Os meus compañeiros aprendices presentiran comigo que ia acontecer algo grande e queriamos velo todo. O rumor público anunciaba que a fin se ia realizar aquel enérxico e esperado "Levantamento popular" que remataría por abolir os "Infames impostos de consumos" e despois diso viría a República. Todo isto escoitarámolo dicir aos operarios do taller nas súas conversacións. O mestre carpinteiro do obradoiro, máis representativo das ideas internacionais e de maior ilustración e competencia que existía entón na Coruña, era Antonio Vidal. Os máis graves rumores corrían pola cidade, asegurándose que os labregos se sublevaron aquela mesma mañá, negándose a pagar os "impostos de consumos" nos fielatos do Alto de Iris, na "Gaiteira"; que a Garda Civil arrestaron a máis de douscentos homes e mulleres que haberían de ser encarcerados aquela mesma mañá na cidade e que o pobo ardía en ansias de "botarase á rúa" co propósito de arrebatarlles os presos á Garda Civil. En efecto, a reunión dos protestantes debía ter lugar ás dez da mañá no paseo do "Cantó Grande", de acordo coa proclama. ¿Como podía eu perder aquela oportunidade? ¡Unha manifestación de protesta en contra do goberno! Iso era extraordinariamente emocionante. "O pobo tería o civismo de protesta en contra dos poderes históricos ultramontanos que lle esqquilmaban con impostos onerosos, aniquilando a España e manténdoa nun atraso vergoñento no concerto das nacións civilizadas de Europa". Supliquei ao patrono en nome dos outros aprendices que nos dera o seu permiso para concorrer; el empeñouse en non deixarnos sair e ata nos amenazou con entrarnos a zorregadas se pretendiamos abandoar o taller. Sentiámonos indignados, e, sixilosamente, declarámonos en folga. Cando chegamos ao centro de reunión, un xentío inmenso axitado como o mar nas tempestades, esperaba impaciente a "corda dos campesiños presos". A Garda Civil, non obstante, fora prevenida a tempo e resolveu cambiar a "ruta" levándose os presos polo lado opesto da cidade, logrando así evitar un serio conflicto co pobo que veu recoñecer moi tarde que os presos xa ingresaran ao cárcere. O que sucedeu entón, ao meu xuício foi grandioso. Aquela multitude que esperara paciente horas e horas, sentiu indignación profunda, prorompendo en berros desaforados de "que os solten", "abaixo os consumos", movéndose como un furacán humano polos Cantóns, xardíns e Rúa Real en dirección á Deputación e ao Goberno Civil. Axiña se oiron outros berros subversivos de "abaixo a Garda Civil" e "Viva a República". Aquela acción da multitude causou na miña cabeza unha emoción profunda. Despois da súa primeira experiencia revolucionaria na Coruña, Santiago cambia de taller, volvendo a coincidir co seu mestre de oficio e de política, Antonio Vidal, quen por aqueles anos era delegado da Primeira Internacional. Iglesias Pantín comezou devorar canto libro pasaba polas súas mans. Foi así, que sendo tan novo, comenzouse a empampar nas ideas de Carlos Marx e Bakunin, entre outros. Emprendendo deste xeito, a través dos clásicos, o camiño da auto-educación.
En 1887 volveu emigrar novamente á Habana, onde realizou distintos traballos. Ao pouco tempo vencellou ao movemento sindical cubano. En 1896 foi elegido secretario del Círculo de Traballadores. A súa activa actividade política e a insurrección de Baire, traialle como consecuencia a constante persecución policial, polo que se viu obrigado a se refuxiar en Porto Rico. En decembro de 1896, chegou á Illa de Porto Rico, a cal era gobernada polo Xeneral Weyler. Durante os primeiros meses, Iglesias Pantín, intentou captar aos traballadores máis conscientes, para organizalos sindicalmente. Así foi, que xunto a dous traballadores un tipógrafo e outro carpinteiro, resolven quitar o 1 de maio de 1897, o primeiro xornal dos traballadores denominado "Ensayo Obrero". O 25 de marzo de 1898, convocou o primeiro mítin no Teatro Municipal, onde participaron 3.000 traballadores. O 27 de marzo dese ano librouse unha orde de arresto para Pantín, quen puido eludir a detención e logrou escapar. Durante varios días, intentou despistar aos seus perseguidores, ata que foi detido e encarcerado durante sete meses. O 12 de maio de 1898, a escuadra de Sampson bombardeou a capital, apuntando a súa artillería contra o forte onde Pantín aínda permanecía preso. Os habitantes de San Juan, comezaron fuxir cara ao interior da illa. Mentres Pantín e os seus compañeiros presos, quedaron atrapados nun obxectivo militar. O impresionante cañoneo americano puxo nunha situación dramática a vida de Pantín e dos demais presos políticos. Mentres as bombas caian, as autoridades carcerarias intentaron atopar as chaves do calabozo que se perderan. A explosión dunha bomba dentro da propia cela permitiu que Pantín puidese sair en roupas de durmir e salvar milagrosamente a vida. O 25 de xullo de 1898, a invasión norteamericana fixo efectiva, co apoio dunha forte armada, que posibilitou un cambio de soberanía incruento. Aos poucos días deste acontecemento, o 23 de outubro de 1898 Pantín editou un novo periódico obreiro o "Porvir Social". No seu primeiro numero dirá: "...As nosas maiores enerxías e esforzos dirigíanse a organizar, asociar e unir ao exército de traballadores portorriqueños, preparándoos para a loita e a defensa dos seus intereses e dos seus fogares...". O 20 de outubro de 1898 fundouse a Federación Rexional dos Traballadores de Porto Rico, sendo elexido o seu primeiro presidente Iglesias Pantín. En abril de 1899 púxose en contacto co Partido Obreiro Socialistas dos Estados Unidos, dirixido polo destacado sociólogo Daniel de León. Os primeiros contactos entusiasmaron a Pantín e a súa Federación, decidindo organizar o Partido en Porto Rico. Durante ese ano, a Central Obreira sufriu a intromisión do Partido Republicano, quen forzara á ruptura da Federación e a constitución dunha nova central sindical, denominada Federación Libre dos Traballadores de Porto Rico. Constituindo ao mesmo tempo, o día 18 de xuño, a fundación do Partido Obreiro Socialista. Dito partido declarouse marxista e a Federación Libre de Traballadores de Porto Rico, adhírese á Primeira Internacional.
O 14 de outubro de 1901, atopándose en Washington nomeáronno Organizador Xeneral da American Federatión of Labor para Cuba e Porto Rico. Un día despois Gompers, presidente da federación americana levouno á Casa Branca para lle presentar ao Presidente dos EEUU Roosevelt. A prensa da capital "Washington Star" daba deste xeito a noticia: "O Presidente Gompers, da American Federation of Labor, presentou hoxe ao Presidente Roosevelt a Santiago Iglesias Pantín, que foi escollido por el para ir a Porto Rico como representante da federación, para organizar aos traballadores da Illa en unións de oficios. Mr. Gompers, mostrou o seu desexo de que o seu representante non fose molestado polas autoridades no seu labor de americanización. O Presidente Roosevelt dixo a Mr. Gompers, que el cría na organización nacional dos traballadores e que todos os dereitos de M. Iglesias serían protexidos". O día 9 de novembro, chegou Santiago Iglesias a Porto Rico, tan só baixou das esqueiras do barco, detivéronno e xulgaronno por asociación ilícita, e por alterar o prezo dos xornais, no traballo, empregando violencias e ameazas. Despois de varios días de xuízo, o Tribunal de Xustiza condeouno a tres anos, catro meses e oito días de prisión correccional e prohibiulle a Federación Libre. A repercusión desta sentencia, foi moi importante nos EEUU. Os grandes xornais de Nova Iorque, Washington, Chicago e outras cidades fixéronse eco do "Exabrupto legal cometido" solicitándolle ao Presidente norteamericano, a abolición da lexislación represiva. Samuel Gompers berrou a viva voz "¡¡fraudulenta, corrupta, escandalosa persecución en Porto Rico!!". Porto Rico por aqueles anos, aínda se seguía rexindo polo Código Penal español, o cal permitía este tipo de persecucións. A presión obreira, fixo posible a derogación da mesma e a posta en funcionamiento da lexislación americana, a cal invalidaba a sentencia a Iglesias Pantín. A Corte Suprema dos EEUU. co visto bo de Roosevelt, absolveu de cargos a Iglesias Pantín e declarou o libre funcionamiento da Federación . A pesar desta resolución, o clima de intolerancia e persecucións era unha constante na Illa. O 29 de setembro de 1902, contraeu matrimonio con Justa Bocanegra, filla dun prominente dirixente do Partido Federal, da cidade de Aguadilla. Ao coarto día do seu casamento, foi novamente detido, tendo que ir a súa esposa a sacalo previo pago dunha multa.
O 31 de outubro de 1903, convocouse na Cidade de Ponce, o Segundo Congreso Obreiro. O 27 de novembro de 1909, participou da Convención da American Federation of Labor, durante a súa permanencia no continente, solicitou unha entrevista ao Presidente Taft, co obxectivo de que se trasladara ao Congreso dos EEUU distintas enmendas á Carta Orgánica. Durante as primeiras décadas do século, Santiago Iglesias Pantín consolidouse como líder sindical e político. A central sindical norteamericana (AFL) nomeouno delegado en Cuba e Porto Rico. O primeir partido fundado por Pantín, converteuse posteriormente no Partido Socialista de Porto Rico. Por este partido, foi elexido en 1917, senador dos EEUU en representación de Porto Rico. Durante os seus distintos mandatos, ata 1932, levou distintas iniciativas que se converteron en leis, as cales estaban vencelladas ao mundo do traballo. En 1918, participou da organización da Confederación Panamericana do Traballo. Participou do congreso desta confederación, que se realizou en Texas, onde foi elexido secretario para a área dos países de fala española. Posteriormente, foi elexido secretario executivo da mesma. Este nomeamento obrigoulle a residir en Washington, lugar onde finou o 5 de decembro de 1932. Aos poucos días o seu cadáver foi levado a Porto Rico, onde foi recibido cos máximos honores. En 1940 a Asemblea Lexislativa de Porto Rico, decretou a Lei número 40, en virtude da cal "o primeiro luns de setembro dese e dos sucesivos designouse Día de Santiago Iglesias Pantín". Seguramente a figura deste destacado dirixente sindical e político galego, fora na emigración, a persoalidade que acadaou maiores recoñecementos, fóra da súa Patria.
| ||||||||||||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 21/08/2004 |