ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 28 de agosto de 2004

Se realizará en catro fases durante dous anos
Probissau: un proxecto de cooperación internacional entre a CIG e a UNTG de Guinea-Bissau

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
A CIG e a UNTG van desenvolver o “Proxecto integral de formación, implantación e promoción de enerxías renovables en Guinea-Bissau: PROBISSAU”. O nome completo expresa claramente o contido e obxectivos das actuacións contempladas que se estructuran en catro fases (1 de diagnóstico-determinación-deseño e 3 de execución) a realizar durante este ano e o próximo.
Clic para aumentar
Numerosas etnias, arredor de 30, forman unha comunidade heteroxénea na que os principais grupos son os Balanta (27%), Fula (23%), Mandinga (13%), Manxaca (13%) e Papel (10%). En paralelo á diversidade étnica dáse unha grande diversidade lingüística. O portugués é a língua oficial pero o auténtico idioma franco é o crioulo, fusión de elementos do portugués coas linguas nativas. O 55% da poboación practica relixións animistas, o 40% é musulmán e o 5% restante é cristián.
 
Antiga colonia portuguesa até 1975, Guinea-Bissau é un estado africano situado na costa atlántica con Senegal e Guinea-Conakri como países fronteirizos. Ten unha poboación estimada de 1.300.000 habitantes nunha superficie chaira de 36.125 quilómetros cadrados cunha cota máxima de 300 metros.

Surcada por numerosos ríos, as alteracións no caudal e a uniformidade orográfica non permiten o seu aproveitamento enerxético. Os principais recursos naturais son a madeira e o peixe, ambos os dous con problemas de sobre-explotación. Hai xacementos inexplorados de bauxita e fosfatos e indicios serios de depósitos petrolíferos nunha zona en disputa con Senegal.

Numerosas etnias, arredor de 30, forman unha comunidade heteroxénea na que os principais grupos son os Balanta (27%), Fula (23%), Mandinga (13%), Manxaca (13%) e Papel (10%). En paralelo á diversidade étnica dáse unha grande diversidade lingüística. O portugués é a língua oficial pero o auténtico idioma franco é o crioulo, fusión de elementos do portugués coas linguas nativas. O 55% da poboación practica relixións animistas, o 40% é musulmán e o 5% restante é cristián.

A industria limítase á producción de bens de consumo básicos dirixidos ao mercado interno. As principais actividades están relacionadas coa agroindustria e o sector das bebidas que, xuntas, representan máis da metade da producción industrial. A transformación da madeira, mobiliario, os minerais non metálicos e a metalmecánica están a desenvolverse con rapidez. O comercio caracterízase pola importancia do sector informal, mentres que o turismo é escaso e con moi pouca infraestructura hoteleira. As exportacións pivotan sobre as améndoas, castañas de caxú e camaróns.

O inmenso déficit enerxético que ten Guinea-Bissau couta de raiz as posibilidades dun desenvolvemento continuado. Sen fontes enerxéticas próprias, a pouca enerxía producida xérase a partir da leña (agravando a progresiva desertificación) ou do fuel importado para alimentar unha central eléctrica e numerosos xeradores particulares. Con todo, a enerxía xerada é absolutamente insuficiente para atender as necesidades. A producción total de enerxía no ano 2001 foi de 55.000 Mwh, (a producción galega no 2001 acadou os 35 Gwh, é dicer: 636 veces máis). Ese mesmo ano Guinea-Bissau ocupou o posto 196, sobre un total de 210, no ranking mundial de productores de electricidade.

É neste contexto no que a CIG e a UNTG van desenvolver o “Proxecto integral de formación, implantación e promoción de enerxías renovables en Guinea-Bissau: PROBISSAU”. O nome completo expresa claramente o contido e obxectivos das actuacións contempladas que se estructuran en catro fases (1 de diagnóstico-determinación-deseño e 3 de execución) a realizar durante este ano e o próximo.

A fase II, a desenvolver durante o mes de setembro no centro de formación de FORGA nAs Pontes, consiste na formación intensiva de 8 técnicos en mantemento e montaxe de estructuras de enerxía solar fotovoltaica e térmica. Os alumnos van ser seleccionados en Guinea-Bissau pola UNTG-Uniao Nacional dos Trabalhadores da Guiné, central sindical maioritaria dese País.

A fase III, con financiamento maioritario por parte da Xunta de Galicia, costa de tres partes diferenciadas pero interrelacionadas. Nun primeiro lugar os 8 alumnos/as formados na fase II vanse encargar de montar na sede central da UNTG en Bissau un sistema completo (paneis, distribuidores e acumuladores) de enerxía solar fotovoltaica. Este sistema subministrará enerxía suficiente para iluminar e alimentar todos os aparellos eléctricos e electrónicos de uso habitual na sede sindical (ventiladores, fax, impresoras, computadoras). A potencia subministrada polo sistema cubrirá amplamente as necesidades actuais e permitirá atender os incrementos de consumo que se prevén para os próximos anos.

A segunda parte desta fase contempla a instalación dun sistema telemático de seguimento da producción enerxética e da enerxía consumida. Unha páxina web -con claves de acceso para a CIG, a UNTG e a Xunta de Galicia– mostrará en tempo real as variables do sistema. Unha webcámara acoplada permitirá un monitoreo máis completo do sistema de control.

Simultaneamente, e como terceira parte desta fase,vanse realizar actividades de divulgación das enerxías renovables, dirixidas especialmente a medios de comunicación, institucións oficiais e PEMEs.

O proxecto contempla para 1995 a realización dunha cuarta fase na que se procederá a completar o sistema con elementos que permitan a climatización completa do edificio e o subministro de auga quente sanitaria mediante enerxía solar térmica.

Ao final do proxecto, a UNTG contará cunhas instalacións que teñan cubertas as necesidades enerxéticas para bastantes anos, con repercusións positivas no traballo sindical.

Con este proxecto, a CIG abre unha nova fronte de actividade que vai estar centrada na cooperación solidaria co movemento sindical internacional.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/08/2004
cig.informatica