ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 28 de outubro de 2004

Na tarde do mércores 27 de outubro
Concentración de delegados da CIG ante a oficina de Banesto en A Estrada

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Un 80% do persoal de Banesto en Galiza é presionado para facer horas non declaradas máis alá da xornada laboral legalmente establecida. (Na foto: delegados da CIG en Banesto concentrados diante da oficina do banco en A Estrada).
Clic para aumentar
En Banesto, en Galiza, fanse máis de 240.000 horas anuais non declaradas. Pérdese deste xeito a creación de 140 postos de traballo para mozos e mozas en paro. (Na foto: Manuel Valcárcel Rodríguez, delegado da Sección Sindical da CIG en Banesto, é entrevistado polos medios. A súa esquerda, Anxo Freixido Seoane, secretario comarcal da Federación de Banca en Santiago).
 
“Non ao fraude laboral en Banesto, cumprimento do horario laboral ¡XA!” é o lema da pancarta que portaban os delegados da CIG que se concentraron durante unha hora na tarde do mércores 27 de outubro diante da oficina Banesto en A Estrada.

A CIG, a través dos seus representantes, teñe reclamado da dirección de Recursos Humanos do banco un xiro importante na súa política de presión e de extensión ilegal da xornada. Non obstante a negativa e a cerrazón foron sempre, e ate agora, a única resposta, polo que non houbo máis remedio que recorrer, como primeira acción, a este tipo de denuncias públicas.

Durante a concentración repartiuse unha nota informativa co seguinte texto:

240.000 horas anuais de fraude en Banesto-Galiza

Un 80% do persoal de Banesto en Galiza é presionado para facer horas non declaradas máis alá da xornada laboral legalmente establecida.

Este fraude ten unha incidencia directa e claramente negativa, tanto para os traballadores/as de Banesto como para a propia sociedade galega, polo que de insolidariedade cara ao conxunto da poboación implica.

  • En Banesto, en Galiza, fanse máis de 240.000 horas anuais non declaradas.

  • Pérdese deste xeito a creación de 140 postos de traballo para mozos e mozas en paro.

  • Nos últimos 10 anos o cadro de persoal de Banesto en Galiza reduciuse nun 20%, é dicir, 144 postos de traballo eliminados.

  • Esta política utilizada polos responsables de Banesto ten como resultado a destrucción de 284 postos de traballo netos.

  • A esta prolongación de xornada non escapa nin o persoal fixo, nin o contratado temporal, nin o que presta o seu servicio en Banesto a través das ETT’s, que coa súa complicidade están máis pendentes do negocio que do cumprimento da lei.

  • O medo á mobilidade xeográfica é utilizado como medida de presión: os traslados fóra das cidades de orixe dos traballadores/as, facilita a submisión de calquera empregado/a que pretenda manter o seu posto de traballo en Banesto.

Para Banesto, en Galiza, é máis importante o mal entendido concepto dos resultados económicos e a productividade por empregado/a, que as leis laborais vixentes.

A Sección Sindical da CIG en Banesto seguirá mobilizándose ata acadar os seus obxectivos.


A Estrada, 27 de outubro de 2004.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/10/2004
cig.informatica