ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 14 de outubro de 2004

O martes 19 de outubro celebrarase a vista de apelación á sentenza pola que foran condeados a máis de 15 anos de cadea
Novo xuízo aos compañeiros da CIG en Lugo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Clic para aumentar
No pasado mes de febreiro publicárase en Lugo a sentencia que conmocionou a todo o país e pola que se pretende levar a estes compañeiros á cadea por unha morea de anos polo único motivo de participar nun piquete dunha Folga Xeral. (Fotos da manifestación do 29/02/2004 en Lugo contra a represión e pola defensa das liberdades).
Clic para aumentar
Clic para aumentar
A caravana apostada diante dos xulgados de Lugo con 15 compañeiros e compañeiras en folga de fame en quendas de catro días e a creación da Plataforma en Defensa da Liberdades foron actuacións que durante o mes de febreiro do 2004 se levaron a cabo.
 
O próximo día 19 celebrarase a vista de apelación dos compañeiros condenados en Lugo a máis de 15 anos de cadea por ter participado nun piquete da Folga Xeral do 20 de xuño de 2002. Tamén foron chamados a declarar como imputadas as 18 persoas que estaban propostas como testemuñas para o xuízo.

Para o próximo martes, día 19 de outubro, ás 10:30 horas está prevista a celebración da vista pública onde se verá o recurso presentado polos tres compañeiros da CIG que en Lugo foran condenados a máis de 15 anos de cadea por uns incidentes acaecidos nun piquete da pasada Folga Xeral do 20 de xuño de 2002.

No pasado mes de febreiro publicárase en Lugo a sentencia que conmocionou a todo o país e pola que se pretende levar a estes compañeiros á cadea por unha morea de anos polo único motivo de participar nun piquete dunha Folga Xeral. En definitiva, se a Audiencia Provincial de Lugo non pon remedio a este despropósito, estes compañeiros irán á cadea por exercer os seus dereitos como traballadores e como cidadáns. A condena a estes tres compañeiros é unha condena á liberdade, á democracia e aos dereitos fundamentais que todo cidadán debe ter e defender.

A xuíza e a fiscal demostraron no desenrolo do xuízo unha clara animadversión cara a CIG e o espectro ideolóxico ao que esta pertence e, tal e como se prevía pola actitude amosada, puxérono claramente na letra da sentenza. Con esta sentenza pretendíase que fora exemplarizante e dar un escarmento a todo aquel, individuo ou organización, que resulte molesto, todo aquel que se ouse enfrontarse ao poder. Esta sentenza representa un ataque á CIG e ao modelo que esta organización sindical representa no mundo sindical, social e político do noso país. Nesta sentenza non de condena só a estes compañeiros, senón que se está a condenar ao sindicalismo reivindicativo e a todo o movemento nacionalista.

Esta situación forzou á CIG a levar adiante unha intensa campaña en todo o país en solidariedade cos compañeiros sentenciados e, dun xeito máis xeral, na defensa das liberdades democráticas. Víamos dende a CIG que o sistema de liberdades que tanto custou acadar estaba en perigo, así como o propio movemento sindical. Facíase necesaria unha resposta acorde co ataque que acabábamos de sufrir. A resposta da cidadanía e de todos os sectores progresistas foi fiel reflexo da situación. As mostras de solidariedade e repulsa por tan infame sentenza chegaron dende todos os recantos do país e mesmo de España e demais estados de Europa e Sudamérica. Organizacións sindicais, políticas e sociais así como persoeiros de todo tipo fixéronnos chegar os seus comunicados de ánimo e apoio.

A caravana apostada diante dos xulgados de Lugo con 15 compañeiros e compañeiras en folga de fame en quendas de catro días e a creación da Plataforma en Defensa da Liberdades foron actuacións que durante o mes de febreiro do 2004 se levaron a cabo. Esta plataforma cidadá está integrada por multitude de persoas e organización progresistas de todo o país e está a desenrolar unha importante tarefa de difusión do problema. A manifestación convocada por ela 29 de febreiro do 2004 en Lugo foi o seu acto culminante, vivindo esta cidade a manifestación máis importante da súa historia.

Agora, oito meses despois, prodúcese a vista do recurso presentado polos acusados e pola CIG ante a Audiencia Provincial de Lugo. É o momento de volver a demostrar que neste xuízo estásenos a xulgar a todos e todas, e que non imos a permitir ningún recorte nas nosas liberdades, senón todo o contrario. Este día todos estaremos en Lugo, apoiando aos nosos compañeiros e defendendo a nosa dignidade e liberdade.


A Fiscalía continúa a ofensiva: 18 persoas están sendo procesadas por participar nese mesmo piquete

A Fiscalía de Lugo, nun proceso independente ao anterior, está chamando a declarar, como imputados, a toda a lista de testemuñas que os avogados defensores tiñan propostas para o primeiro xuízo, coa idea de chamalos a declarar en caso de que fora necesario. Dáse a circunstancia que de toda esta lista, só cinco persoas chegaron a prestar declaración no acto de xuízo, non entrando as restantes 13 persoas. Agora, o Xulgado de Instrución nº 5 de Lugo, a instancias da Fiscalía, chámaos a todos como imputados por un delito de atentado contra a liberdade dos traballadores, delito polo que os outros tres compañeiros foron condenados a 3 anos e medio de cadea.

É tamén de salientar que neste grupo hai persoas que non son afiliados da CIG; incluso hai persoas que ese día non estaban nese piquete en cuestión, pois a información que podían aportar no proceso era dunha natureza completamente distinta.

Esta actuación por parte da Fiscalía de Lugo demostra claramente o interese por criminalizar a presenza de traballadores e traballadoras nos piquetes de folga, véndose tamén dun xeito moi claro o ensañamento e a vontade de amedrentar que dende sectores da xustiza existe cara a CIG.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/10/2004
cig.informatica