|
Actualidade CIG-Comunicación-
A transposición das categorías profesionais (definidas por funcións) a niveis salariais (definidos polas retribucións), será o punto máis problemático e controvertido.
As antigas categorías de xefaturas “A” e “B” intégranse nun único nivel salarial coa menor das retribucións, a das xefaturas “B”. Polo tanto en moitos casos o ascenso de oficina non suporá o ascenso de categoría profesional. Varias caixas, ante a necesidade de parchear o sistema, teñen anunciado a creación de complementos salariais. O que ata agora era un dereito será unha mellora voluntaria.
Os anteriores ao ano 1982 ascenderán por antigüidade ata Oficial Superior (nivel VI). Para os posteriores creouse un novo sistema de ascenso só ata nivel VIII (intermedio entre Oficial 2ª e Oficial 1ª). Realizando as mesmas funcións terán distintas categorías e salarios. Para os actuais Auxiliares “A” e Oficiais 2ª o ascenso a nivel VIII será a cambio da súa antigüidade, sendo absorbidos de 1 a 4 trienios. Cabe lembrar que os trienios anteriores ao Convenio 1992-1994 calcúlanse co coeficiente do 5% fronte ao 4% dos posteriores. No importe total a absorber é onde está a polémica dada a interpretación interesada das Caixas:
Coa interpretación que fan as Caixas absorberán un maior importe dos trienios e os Auxiliares “A” e os Oficiais 2ª cobrarán menos. Por outra parte a Carreira profesional quedaría desequilibrada e sería discriminatoria. Pola aplicación do convenio de aforro asinado recentemente, a continuación exponse como quedaría a carreira profesional dos actuais Oficiais 2ª e Auxiliares A. Convén lembrar que os trienios anteriores ao convenio colectivo 1992-1994 se calculan aplicando ao salario base o coeficiente do 5%; os posteriores calcúlanse cun coeficiente do 4% e teñen polo tanto menor valor económico.
Con esta interpretación que fan as Caixas, absorbendo os trienios antigos actualizados, a maior antigüidade na categoría corresponde un menor incremento salarial derivado do ascenso. A carreira profesional sería desequilibrada e discriminatoria.
Absorbendo os trienios segundo o valor económico xerado no seu día, a carreira sería equilibrada, obtendo un maior beneficio tódolos traballadores/as pero especialmente os máis antigos/as na categoría. Ante esta situación a CIG solicitou da “Comisión Mixta Interpretativa” que estableza cal é a interpretación correcta, e a Asesoría Xurídica do sindicato prepara un posible Conflicto Colectivo. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/10/2004 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||