ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 30 de outubro de 2004

Sector de Seguridade, manifestación e concentracións polo convenio
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para descargar o vídeo
En Vigo realizouse unha concentración convocada polas centrais sindicais pola mañá (300 persoas), outro tanto se fixo en Lugo (100) e Pontevedra (130). Pola tarde houbo unha manifestación nacional en A Coruña (700 participantes) que reproducimos no vídeo (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'17'', espacio en disco: 8.653.568 bytes [8,25 Mb]).
 
Os traballadores e traballadoras do sector de Seguridade realizaron o mércores 27 de outubro mobilizacións para rexeitar a pretensión da patronal de conxelar a antigüidade, reducir as prestacións por ITL , propor unha subida inferior ao crecemento do IPC, e outras medidas regresivas.

Pola súa parte as centrais presentes na Mesa (estatal) de negociación do convenio (CIG, CCOO, UGT e USO) propoñen como unha reivindicación fundamental un plus de perigosidade, que significaría un aumento de 130 euros por traballador/a mes. Diante da postura intransixente da patronal optouse pola presión.

En Vigo realizouse unha concentración convocada polas centrais sindicais pola mañá (300 persoas), outro tanto se fixo en Lugo (100) e Pontevedra (130). Pola tarde houbo unha manifestación nacional en A Coruña (700 participantes) que reproducimos no vídeo.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/10/2004
cig.informatica