Actualidade / DocumentoVolver a Actualidade


Lugo, 22 de outubro de 2004

Textos das apelacións contra as condenas de Lugo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Reproducimos a continuación (polo seu interese) os textos das apelacións e a impugnación contra o recurso da acusación particular, apresentadas pola CIG e os tres afiliados condenados en Lugo a un total de 15 anos de prisión. A pena foi imposta por mor da súa participación nun piquete informativo e cativos incidentes acontecidos na folga de 20 de xuño de 2002.

 
pdfApelación de Guillermo Rei Rouco e demais condenados (13/02/2004)
pdfApelacion da CIG pola responsabilidade civil (16/02/2004)
pdfImpugnación pola CIG da apelación da acusación particular (23/03/2004)
 
 

XULGADO DO PENAL Nº 2
XUÍZO ORAL 338/2003
(P. A. 11/2003 DO XULGADO DE INSTRUCCIóN Nº 5)

ANA MARÍA FERNÁNDEZ SANTOS, Procuradora dos Tribunais, na representación que xa consta en nome de JOSÉ GUILLERMO REY ROUCO, JOSÉ LUÍS TRIGO CRUZADO e máis JOSÉ MÉNDEZ TORRES, actuando baixo a dirección do Letrado Xermán Vázquez Díaz, comparezo e DIGO:

Que a medio do presente escrito interpoño recurso de APELACIóN contra a sentencia Nº 8/2004, de 14 de xaneiro.

PRIMEIRO: QUEBRANTO DE NORMAS E GARANTíAS PROCESAIS.-

Infrinxíuse o actual artigo 786.2 LECrim (793.2 LECrim antes da última reforma habida), ó permitir (malia a protesta formal desta parte) a aportación de copiosa proba documental, así como de informe pericial escrito, e igual pericial oral na vista. Tales medios de proba, subrepticiamente propostos no propio acto de xuízo oral, comportan obvia indefensión para as demais partes, máxime cando se puideron practicar en instrucción, así como solicitalos nos escritos de acusación. En definitiva, a recta interpretación do artigo 786.2 LECrim, e coherente coa interdicción da indefensión establecida no artigo 24 CE, leva a entender que a facultade de aportar probas por sorpresa na propia vista debe aplicarse restrictivamente para aqueles casos en que estea dalgún xeito xustificado, ou teñan un carácter tan secundario que non sexa dable falar de indefensión. No presente caso, estamos a falar de toda unha proba pericial, así como de copiosa documental, coa que se ampara unha suculenta responsabilidade civil.

Pode citarse en semellante senso a STS 16.02.1994 (RJ 1421), FD 1º, párrafo terceiro.

SEGUNDO: ERRO NA VALORACIóN DAS PROBAS.-

Da proba testemuñal practicada a instancia da defensa (Folios 10 e seguintes da acta do xuízo; testemuñas de Daniel Carballo Penelas, Antonio González Malumbres, Teófilo Xabier García Rodríguez, Xosé Carlos Louzao Vizcaíno, e Olaia Cadillo Pérez) infírese con rotundidade a inexistencia de actitudes violentas ou intimidatorias por parte dos membros do piquete actuante (incluíndo a presunta labazada de José Méndez Torres ó dono do Pub, pois a única proba é a palabra deste último, que como xa se dirá infra non merece excesiva credibilidade); así como igualmente debe desbotarse toda resistencia -e aínda menos acometemento- dos apelantes frente ós axentes da autoridade. Únicamente resultaría reprochable ó devandito piquete o feito de tirar bolsas de lixo, feito éste si recoñecido por tódalas testemuñas da defensa, se ben co importante matiz diferencial, fronte ás testemuñas de cargo, relativo a que tales bolsas de lixo foron esparexidas diante da porta do PUB RUADA, e non no seu interior; e moito menos contra a botellería do establecemento. Por outra banda, sorprende que se o piquete exercéu realmente violencia, e estaba formado por unhas cuarenta persoas, a camareira puidera chamar libremente ó dono do Pub, e despois éste, unha vez persoado no Pub, puidera chamar tranquilamente á policía. Asemade, sorprende que se o piquete era violento non houbera ninguén tapado con pasamontañas e que como arma se empregasen as bolsas do lixo do contenedor máis próximo (o que se asemella máis a unha gamberrada que a unha coacción).

A estes efectos debe prestarse especial atención ás GRAVES CONTRADICCIóNS habidas na proba de cargo, así como a outras circunstancias concurrentes, na medida en que, obviamente, poñen en entredito a veracidade do afirmado polas testemuñas das acusacións.

En efecto, e principiando polo Policía Municipal nº 228.618, debe lembrarse que ademais da calidade de testemuña tamén é acusador particular (Jesús Cnadal Rivas), e pide en tal condición cantidades totalmente abusivas, descolgándose así nas conclusións definitivas coa estrambótica petición de 244.745’33 euros de indemnización frente ós 11.233 euros que pedira no escrito de acusación (a sentencia outórgalle tan só 8.497’5 euros). Albíscase neste membro da Policía Local un desmesurado ánimo de lucro a costa do suceso de autos, circunstancia que evidencia a escasa solvencia que merece como testemuña imparcial.

Por se o anterior fora pouco, a súa declararción no acto de xuízo esaxera o afirmado anteriormente no atestado, e contradí o que afirman no plenario os seus compañeiros.

Así, no Atestado nº 2566 (folio 1 das Dilixencias Previas) o Axente nº 228.618 refire únicamente que tras observar a conducta dun indivíduo que insultaba á camareira “le asió por el brazo derecho para evitar que se marchara, en cuyo momento le rodeó el resto del grupo diciendo que no se iba a identificar mientras un indivíduo que estaba entre la muchedumbre y resulto ser el primero de los presentados [refírese a Guillermo Rey Rouco], agarró fuertemente al agente actuante por el brazo derecho presionándole y tirando de él hacia atrás, haciéndole girar sobre sí mismo 180 grados, por lo que con las molestias que sufría tuvo que soltar al otro indivíduo que tenía sujeto para tratar de liberarse de éste y a su vez poder sujetarle a él para que no pudiera marcharse al igual que había hecho el otro”. De seguido engade que ó aparecer os outros dous axentes procederon a introducir no coche celular a José Guillermo Rey Rouco, quen opuxo forte resistencia. Pois ben, o relevante deste relato é que non concorda co ulteriormente contado no xuízo oral, debendo remarcarse que o primeiro relato, o do Atestado, foi redactado polo propio Axente. É dicir, que a diferencia do que poida ocorrer decote, cando quen redacta o Atestado é un terceiro diferente a quen declara, polo que algo se pode perder polo camiño (lembrese o adagio traduttore traditore), neste caso resulta que é o propio interesado quen pon por escrito a súa versión dos feitos, sendo ademais un profesional que coñece a trascendencia e relevancia futura do que está consignando por escrito. Malia ilo, ningunha referencia se fai no Atestado a que José Guillermo Rey Rouco pretendera darlle un puñetazo (como sí dirá posteriormente no xuízo oral); e tampouco fai constar no Atestado que a multitude o agredira pegándolle patadas (como tamén dirá despois no xuízo). Xa que logo, estes engadidos de última hora máis ben semellan unha esaxeración de quen, ó parecer, perdéu a obxectividade profesional diante do elevado lucro cesante que reclama (verbas éstas que proceden da propia sentencia).

En fin, que este Policía nº 228.618 esaxera a realidade dos feitos no folio 8-volto da acta do xuízo cando afirma que Guillermo Rey Rouco non só o agarra polo brazo senon que tamén pretende pegarlle co puño, e que o resto de integrantes do piquete tamén o agrediron. E tal esaxeración non só se constata cotexando esta declaración habida no plenario co contido do atestado, senon tamén comparándoa coas declaración dos outros dous Axentes (números 228.765 e 228.776) no plenario (Folios 8-volto e 9-volto), pois ámbolos dous declaran que Guillermo Rey Rouco agarróu polo brazo ó Policía nº 228.618, pero nada din sobre unha pretendida agresión co puño por parte de Guillermo Rey Rouco, nin tampouco encol de agresións por parte da multitude. Fica clara, daquela, a pouca credibilidade que merece o Policía nº 228.618, máxime nun relato histórico coma o presente en que os matices poden ser determinantes para discernir, por exemplo, se estamos diante dun delicto de atentado ou dunha simple resistencia á autoridade.

Finalmente, en canto á actuación de Guillermo Rey Rouco, non pode esquencerse que a inicial declaración do Policía nº 228.618 no atestado, así como a dos outros dous axentes no plenario, está rotundamente contradita pola do dono do Pub, José Eduardo Fernández Palacios (Folio 5-volto); así, mentres os policías veñen dicir que o axente nº 228.618 tiña asido polo brazo a un terceiro que estaba insultando á camareira do Pub, e que ó intentar desasirse tal terceiro da man do policía é cando intervén Guillermo Rey Rouco agarrando ó axente 228.618 para que o terceiro puidera fuxir, pola contra o dono do Pub afirma que era Guillermo Rey Rouco (e non un terceiro descoñecido) quen estaba insultando á camareira, e que por iso foi o Policía nº 228.618 a prender a Guillermo Rey Rouco, e non éste quen agarra ó policía. Ou sexa, todo ó revés: agora non é Guillermo Rey Rouco quen se vai deica ó policía para agarralo senon o axente quen se achega a Guillermo Rey para asilo.

Con respecto a José Eduardo Fernández Palacios, dono do PUB RUADA, chama poderosísimamente a atención que compareza tamén como acusador particular representado polo mesmo procurador e defendido polo mesmo letrado que o tan meritado Axente nº 228.618. Así consta nas designacións feitas xa en instrucción (Folios 36 e 56 das Dilixencias Previas), no escrito de acusación común que obra en autos, e na actuación mancomunada (¿ou sería solidaria?) no plenario. Tamén chama a atención que nunha noite de folga xeral, e sendo competente en principio a Policía Nacional e non a Guardia Municipal, apareza “só diante do perigo” un único policía local. Se cadra, a explicación a todo isto é a que espontáneamente deu o testigo Xosé Carlos Louzao Vizcaíno (Folio 13) cando referíndose ó Axente nº 228.618 puntualiza que lle parece que “é socio do bar”.

Do anterior resulta que, no peor dos casos para esta defensa, o único admisible sería que Guillermo Rey Rouco agarróu ó Axente nº 228.618 permitindo así que fuxira un terceiro, non sendo nada disparatada a versión que dá o propio Rey Rouco, e avalan as testemuñas da defensa (así coma o dono do Pub), consonte á cal foi o Axente quen agarróu a Guillermo Rey Rouco, coma puido agarrar a calquera outro membro do piquete, por ser quen máis a man tiña nese intre. Obviamente, estas dúbidas deben resolverse a favor do reo.

TERCEIRO: ERRO NA VALORACIóN DAS PROBAS.-

No que atinxe ó acusado JOSé LUíS TRIGO CRUZADO os Axentes nº 228.776 e 228.765 incorren nunha clamorosa contradicción, pois entrementres que o nº 228.765 afirma que “el señor Trigo no golpeó a ningún agente, sólo puso la mano sobre el señor Rey”, o nº 228.776 afirma que José Luís Trigo Cruzado agarróu ós policias para así evitar que detiveran a Guillermo Rey Rouco. Ámbalas dúas versións (Folios 9 e 9-volto) resultan absolutamente incompatibles, polo que un elemental in dubio pro reo obriga a rexeitar acreditado que o señor Trigo golpeara ou agarrara ós axentes da autoridade, limitándose, no peor dos casos, a agarrar ó tamén acusado señor Rey Rouco. A maior abastanza, a testemuña da defensa Xosé Carlos Louzao nega expresamente que o acusado José Luís Trigo agarrara ós policías (Folio 13).

Poa súa banda, o dono do local (José Eduardo Fernández Palacios) afirma ó folio 5 da acta que el chega tras ser chamado pola camareira, é dicir, despois de persoarse o piquete no Pub, engadindo que cando el chega ó local aínda non estaba alí o señor Trigo, pois expresamente recoñece que éste aparece en escea despois. Engade finalmente que non pode precisar a participación do señor Trigo nos feitos.

Coincide así o dono do Pub coa testemuña da defensa Daniel Carballo (Folio 10-volto) quen tamén afirma que Trigo acababa de chegar cando o meteron no coche patrulla. En idéntico sentido a tamén testemuña da defensa Xosé Carlos Louzao Vizcaíno (Folio 13).

Xa que logo, devén palmario que o acusado José Luís Trigo Cruzado non se atopaba no lugar de autos (PUB RUADA) cando aparece o piquete, nin está alí cando a camareira chama por teléfono ó xefe, nin tampouco cando éste aparece; e que practicamente nada máis chegar foi detido. Sendo, por certo, todo ilo coherente co deposto polo propio acusado, quen afirma que viña da Coruña, chamando por teléfono para coñecer ú estaba o piquete.

A estes efectos resulta tamén esclarecedor o verdadeiro motivo da detención do señor Trigo, pois varias testemuñas da defensa (Folios 10-volto, 11, 12 e máis 13) coinciden en que o Axente nº 228.618 coñecía ó acusado señor Trigo, ata o punto de se referir a el polo apelido coa significativa frase: ¡Trigo identifícate! (o cal é un tanto absurdo, pois se xa o coñece ¿a qué inquerirlle a identificación?). E non é palabrería de tales testemuñas, pois o propio Axente nº 228.618 recoñece que por razóns profesionais xa coñecía ó señor Trigo (Folio 8 da acta). Finalmente, tal coñecemento é lóxico se consideramos o historial de antecedentes penais do señor Trigo por mor da súa pasada drogadicción (Folios 71 a 74 das Dilixencias Previas), do que afortunadamente estaba rehabilitado e socialmente reinsertado dende primeiros dos 90 do pasado século.

Daquela, semella que o señor Trigo foi un mero chivo expiatorio, culpable de que o tan meritado Axente nº 228.618 o coñecese. Por certo, trátase do mesmo Policía Local que exercita a (civilmente desmedida) acusación particular e esaxera no plenario o relato que el mesmo consignara no atestado, contradicíndose tamén cos outros axentes.

En definitiva, o acusado José Luís Trigo Cruzado nada fixo, pois non estaba, e ó pouco de chegar ó lugar foi arbitrariamente detido polo Axente 228.618, non opoñendo resistencia (segundo as testemuñas da defensa) ou, no peor dos casos (e segundo os Axentes actuantes), opoñendo resistencia.

CUARTO: ERRO NA VALORACIóN DAS PROBAS.-

As bolsas de lixo pertencían ó contenedor que se atopaba na rúa rente do PUB RUADA, tal e como se infire –tácitamente- de toda a proba testemuñal obrante na acta do xuízo, e expresamente recoñece a camareira do pub, Mª ELENA PRIETO REGO, no folio 6-volto da acta do xuízo.

Igualmente é relevante considerar acreditado, con base na proba testemuñal practicada a instancia da defensa (Folios 10 e seguintes da acta do xuízo), que o piquete non tivera problema algún ata a súa chegada ó PUB RUADA, malia transitar pola cidade de Lugo e acudir a diversoos establecementos con anterioridade.

Tamén resulta importante ter por acreditado que o piquete estaba formado por persoas dos sindicatos CIG, UGT e CCOO, así como por xente que se lle engadíu pola rúa, pois así o indican varias testemuñas da defensa (Folios 10-volto, 11-volto, e 12), e tamén a propia camareira do Pub (e testemuña das acusacións), cando recoñece que os membros do piquete levaban pegatinas distintas, pertencentes a diferentes sindicatos (Folio 7).

Finalmente, das declaracións da camareira, Elena Prieto, e do propietario do PUB, Eduardo Fernández Palacios, tanto no plenario (Folios 4-volto a 7 da acta de xuízo) coma en instrucción (Folio 7 das Dilixencias Previas), resulta que en primeiro lugar aparece un piquete dunhas cuarenta persoas no Pub, entrando unha parte e ficando outra fora, polo que a operaria chama ó propietario para que sexa el quen decida se pecha ou non, o que motiva a comparecencia deste último no local, enfrentándose verbalmente co piquete (ou o piquete con el, que tanto ten), resolvendo o dono do local que el non podía obrigar á camareira a traballar pero si podía manter el mesmo aberto o Pub, sendo éste o intre no que José Méndez Torres lle propinaría unha labazada, ó tempo que outros integrantes do piquete ciscaban bolsas de lixo no local.

QUINTO: INFRACCIóN DE NORMAS DO ORDENAMENTO XURíDICO.-

Infrínxese o principio de PRESUNCIóN DE INOCENCIA (artigo 24.2 CE). En efecto, destaca sobremanera que ningunha das testemuñas de cargo afirme en ningún intre que os acusados Guillermo Rey Rouco, José Luís Trigo Cruzado ou José Méndez Torres deitaron as bolsas do lixo dentro do Pub, ou formularon concretas ameazas ou imprecacións contra a camareira ou o dono do devandito Pub; nin sequera afirman que estiveran dentro do Pub (puidendo ser parte dos que ficaron fora do mesmo). Únicamente existiría posible proba de cargo no que atinxe a José Méndez Torres por unha agresión física (pola que foi condeado) que o dono do Pub afirma serlle propinada polo devandito acusado (e que non pode impugnarse con base na presunción de inocencia aquí, mais si con amparo no in dubio pro reo como xa se fixo ut supra canda a impugnación da valoración das probas). Xa que logo, carécese de calquera proba de cargo que incrimine a Guillermo Rey Rouco e José Luís Trigo encol de concretas actuacións pretendidamente coactivas, polo que non poden ser condeados polo delicto do artigo 315.3 CP.

A infracción deste principio de presunción de inocencia resulta aínda máis palmario no caso de José Luís Trigo Cruzado, pois nin sequera estaba presente cando o piquete chega ó Pub, nin cando a camareira chama ó dono, nin cando éste comparece no local e se enfrenta co piquete, nin, daquela, cando se ciscan as bolsas de lixo. E cando por fin chega, é súpetamente detido. Daquela, malamente puido cometer o delicto do artigo 315.3 CP, ata o punto de que sorprenda non xa a condea recibida, senon o propio mantemento da acusación pola Fiscalía neste punto (pois aínda pró caso de haber delicto, que xa veremos infra que non o houbo, é evidente que José Luís Trigo Cruzado non estivo presente).

SEXTO: INFRACCIóN DE NORMAS DO ORDENAMENTO XURíDICO.-

DELICTO DO ARTIGO 315.3 CP

De entrada debe advertirse que estamos diante dun moi interesante tipo penal, que obriga a unha cuidadosa hermenéutica do mesmo, excedendo, con moito, dunha interpretación meramente literal do mesmo, pois resultaría excesivamente simplona (como así foi).

Trátase dun precepto legal unanimemente criticado por toda a doutrina científica, que entende endexamais debéu ser incorporado ó Código Penal da democracia (o anterior texto databa de 1973), entendéndose que as actitudes que pretende perseguir xa o estarían, e cumpridamente, polo tipo xenérico das coaccións do art. 172 CP. Critícase tamén a desproporcionalidade que supón que o tipo do 315.3 CP teña unha pena superior á coacción do 172.2 CP, xa que, como máis adiante se verá, o artigo 315.3 non ampara ningún dereito fundamental, entrementres que o 172.2 si (e a pena do 315.3 CP é máis grave, xa que a prisión e a multa son cumulativas en tanto que no 172.2 CP resultan ser alternativas).

De tódolos xeitos, e habida conta que de lege data o precepto existe, procede entrar, e polo miudo, na súa análise.

A) É opinión pacífica que o BEN XURíDICO PROTEXIDO polo artigo 315.3 CP son os dereitos dos traballadores, entendendo por tales a aquelas persoas que prestan servizos por conta allea ó abeiro do Estatuto dos Traballadores; e por conseguinte, o SUXEITO PASIVO DO DELICTO teñen que ser os traballadores.

En efecto, o propio epígrafe do Título XV do Libro II do Código Penal reza así: ”De los delitos contra los derechos de los trabajadores”. En tal sentido pronúnciase a doutrina científica: así Lorenzo MOVILLAS CUEVA, Curso de Derecho Penal Español, Parte Especial, Vol. I, (Cobo del Rosal director), Marcial Pons, 1996, páxina 898; ou José Manuel VALLE MUñIZ/Carolina VILLACAMPA ESTIARTE, Comentarios a la Parte Especial del Derecho Penal, (Quintero Olivares director), Aranzadi, 1996, páxinas 806-807. Pola súa claridade expositiva paga a pena reproducir as verbas de Valle Muñiz e Villacampa Estiarte:

“ ... es en cierta medida clarificadora la opción sistemática que ha tomado el legislador, puesto que los ha tratado en un Título separado y rubricado <<de los delitos contra los derechos de los trabajadores>>, lo que supone el reconocimiento de la existencia de una determinada clase social, los trabajadores por cuenta ajena, que intervienen en el mercado de trabajo en concidiones de inferioridad respecto de los empresarios. Se viene a proteger, en definitiva, un conglomerado de intereses de los que son titulares un conjunto amplio de ciudadanos, se tutela a la clase social como tal...”.

O que se acaba de expoñer ten grande trascendencia, posto que as presións, de existiren (pois negámolas), estarían dirixidas ó dono do Pub; isto é, de facermos caso acríticamente ós feitos probados da sentencia, complementados co que en todo momento afirman a camareira e o dono do Pub, resulta que o piquete persóase no Pub para recabar que a camareira se sume á folga; o que é plenamente lexítimo, sendo precisamente a función propia do piquete; a devandita camareira nin se suma nin se nega a sumarse, simplemente afirma que ela non pode, por si soa e sen avisar, proceder ó peche do Pub, polo que avisa ó titular do mesmo; cando éste comparece no local advirte ó piquete, e isto é fundamental, que el non pode impedir que a traballadora se sume á folga (de onde se infire que ésta non se negóu a secundala), pero que si pode manter el mesmo aberto o Pub; sendo aquí cando se produciría o conflicto. Pois ben, por violenta e intimidatoria que fose a conducta do piquete (e dicímolo, obviamente, a efectos meramente dialécticos) tal violencia e intimidación produciríanse co empresario, que é quen se nega a pechar. Daquela, e guste ou non, xa non se pode aplica-lo tipo penal do artigo 315.3 CP, que é un tipo específico de coaccións contra os dereitos dos traballadores (e non contra os dereitos dos empresarios), debendo acudirse ó tipo xenérico das coaccións (artigo 172 CP). Agora ben, con base no principio acusatorio non é dable que agora se condene por un delicto de ameazas ou coaccións, xa que éstes non foron obxecto de acusación subsidiaria ou alternativa co art. 315.3 CP, sen que se dea a homoxeneidade que permita agora acudir a tales tipos penais. E non se dá tal homoxeneidade porque ésta non se predica entre preceptos que non se atopan dentro do mesmo Título do Código Penal, tal e como lembra a STS de 20.07.1994 (RJ 6616) (FD 1º, párrafo quinto), con cita da STCo 105/1983.

Reiteramos que non consta que a traballadora en ningun intre se negara a secunda-la folga, mantendo ademais o control da situación, pois pode chamar ó seu xefe, como de feito fai; e ó chegar éste, é el quen toma as rendas da situación e decide manter aberto o local. É o dono do pub o suxeito pasivo do delicto, e por iso non hai tal delicto do artigo 315.3 CP.

B) Resulta tamén enormemente relevante deterse na CONDUCTA TIPIFICADA COMO DELICTO no meritado artigo 315.3 CP. Hai unha notable diferencia no tipo penal actual do artigo 315.3 CP frente ó tipo do artigo 496.II do vello CP. Así, mentres este último tipificaba a conducta dos que actuasen “con violencia ou intimidación”, observándose dúas posibles conducta típicas: a violencia por unha banda, e a intimidación pola outra; o actual artigo 315.3 CP define a acción típica do seguinte xeito: “coaccionen a otras persoas”.

É pacífico na doutrina que esta diferencia na redacción da conducta delictiva non é baladí, senon que exclúe como accións típicas aquelas que consistan nunha mera intimidación, de forma que tan só a vis corporis ou forza física directamente exercida sobre as persoas constitúe o tipo penal de referencia. Daquela, a vis compulsiva e a vis in rebus, que evidentemente serven ós efectos de intimidar, nembargantes non integran o tipo penal, pois éste destipifica a intimidación como medio de comisión delictiva. De aí que, cando se empregue a intimidación haxa que acudir a outros tipos penais, como o de ameazas.

Neste senso pronúncianse Fernando NAVARRO CARDOSO, Los Delitos contra los Derechos de los Trabajadores, Tirant lo Blanch, 1998, páxina 144; JC CARBONELL MATEU/JL GONZáLEZ CUSAC, Derecho Penal.Parte Especial (AAVV), Tirant lo Blanch, 1996, páxina 563; Antonio BAYLOS/Juan TERRADILLOS, Derecho Penal del Trabajo, Ed. Trotta, 1997, páx. 160; ou José Manuel VALLE MUñIZ/Carolina VILLACAMPA ESTIARTE, Comentarios a la Parte Especial del Derecho Penal, (Quintero Olivares director), Aranzadi, 1996, páxina 835, que se reproduce novamente pola súa claridade expositiva:

“... el Código se refiere ahora a los que <<coaccionen>>, lo que no deja lugar a dudas sobre que el medio comisivo ha de ser necesariamente la violencia, con lo que se suprime la intimidación como medio integrante del delito, de manera que si se intimida a alguien para que inicie o continúe una huelga deberemos acudir ahora a la amenazas”.

C) Apuntóuse anteriormente que O ARTIGO 315.3 CP NON AMPARA NINGúN DEREITO FUNDAMENTAL. Pola contra o dereito de folga si está debidamente constitucionalizado como dereito fundamental no artigo 28 CE de 1978, atopándose ínsito en tal dereito a actuación dos piquetes, tal e como reiteradamente ten sinalado a doutrina científica e o Tribunal Constitucional.

En efecto, o artigo 28 CE atópase dentro da Sección 1ª (“De los Derechos Fundamentales y de las Libertades Públicas”) do Capítulo II do Título I da Constitución de 1978. En cambio, o dereito a traballar (art. 35 CE) e o dereito á liberdade de empresa (art. 38 CE) atópanse dentro na Sección 2ª (“De los Derechos y Deberes de los Ciudadanos”) de igual Capítulo e Título constitucionais; sendo pacífico o menor rango dos dereitos desta Sección 2ª frente ós da Sección 1ª.

De aí a primacia que ostenta o dereito de folga (piquetes incluídos) sobre os outros dereitos en xogo (a traballar e a manter aberto o negocio); e por iso son tolerables certos grados de coacción na folga, causados polo piquete.

Afirman así VALLE MUñIZ/VILLACAMPA ESTIARTE, op. cit., páx. 385:

“... el conflicto de trabajo es un espacio de coacción y... la formación de piquetes de trabajadores informativos y de persuasión es una condición necesaria del derecho de huelga, de manera que la función de persuasión de estos grupos es lo que muchas veces hace efectivo el derecho de huelga, ... ha de darse preeminencia a un derecho fundamental, como es el derecho a la huelga, frente a un derecho que no tiene ese rango constitucional, lo que debe llevar a la interpretación restrictiva del tipo”.

De xeito parello, Antonio BAYLOS/Juan TERRADILLOS, op. cit., páxina 160, engaden:

“... la doctrina exige unanimemente para afirmar la tipicidad unos niveles de coerción superiores, en principio, a los que se consideran suficientes para integrar el tipo de coacciones”.

A precitada doutrina científica cita inexcusablemente a doutrina sentada ó respecto pola STCo 254/1988. Esta sentencia foi dictada, por certo, nun recurso de amparo frente á sentencia dictada pola xurisdicción penal aplicando o delicto de coaccións laborais do artigo 496 do derrogado Código Penal de 1973 por mor da actuación dun piquete nunha folga. Pois ben, para o Tribunal de Garantías Constitucionais as normas que supoñan unha limitación ós dereitos fundamentais deben ser obxecto de interpretación restrictiva, e polo tanto, tal é a interpretación que merecía o vello artigo 496 CP de 1973 (trasunto do actual art. 315.3 CP de 1995). Pronunciábase así o Tribuna Constitucional (FD 2º):

“Se produce, así, en definitiva, un régimen de concurrencia normativa, no de exclusión, de tal modo que tanto las normas que regulan el derecho fundamental como las que establecen límites a su ejercicio vienen a ser igualmente vinculantes y actúan recíprocamente. Como resultado de esta interacción, la fuerza expansiva de todo derecho fundamental restringe, por su parte, el alcance de las normas limitadoras que actúan sobre el mismo; de ahí la exigencia de que los límites de los derechos fundamentales hayan de ser interpretados con criterios restrictivos y en el sentido más favorable a la eficacia y a la esencia de tales derechos (STC 159/1986, entre otras)”.

No referido caso resolto pola STCo 254/1988 a Audiencia Provincial condeaba ó considerar acreditada a existencia de insultos e ameazas tanto ás persoas coma ós bens por parte do piquete, tras penetrar no centro de traballo, o que motivóu que se paralizara a producción [Antecedente 2º, letra a)]. Aplicaba así o vello art. 496 CP de 1973, por existir intimidación derivada de vis compulsiva e vis in rebus.

Frente a elo afirmará o Tribunal Constitucional (FD 4º, in fine):

“La Audiencia sostiene, sin embargo, que en el presente caso es de apreciar «una intimidación moral sobre el ofendido» y que ello «constituye el delito de coacciones, cualesquiera que sean los medios empleados por el agente». Pero este criterio, en la medida en que considera indiferente el carácter de los medios utilizados por el autor, conduciría de hecho a una incriminación de toda coacción -y, por consiguiente-, también a la criminalización de toda huelga, en tanto medida de fuerza por la vía del art. 496, párrafo segundo, del Código Penal. La incompatibilidad de esta conclusión con los arts. 25.1 y 28 de la Constitución es manifiesta, ya que la Ley penal no podría vaciar de contenido a un derecho fundamental”.

Ven dicirse aquí polo Tribunal Consitucional que o grado de violencia ou intimidación (lembremos que éste era o tipo gramatical empregado polo derrogado art. 496 CP de 1973) ten que ser necesariamente superior ó que abondaría para incorrer nun delicto de coacción ou ameazas xenéricos. Doutrina ésta perfectamente extrapolable ó actual artigo 315.3 CP de 1995, se ben co matiz xa coñecido de que o tenor literal do precepto agora unicamente tipifica a coacción ou violencia física sobre as persoas (e non a intimidación ou ameazas). Daquela, e de acordo con esta doutrina do Tribunal Constitucional, o umbral do tolerable nunha coacción ordinaria é moito menor que nunha coacción en situación de folga por un piquete, pois tanto o piquete como a folga, per se, teñen unha natureza coactiva. Doutrina ésta máis recentemente recollida e aplicada pola STS -Sala II- nº 362/1999, de 11.03.1999 (RJ 1304), interpretando o actual artigo 315.3 CP de 1995.

En definitiva, actuacións que fora dunha situación de folga poderían ser constitutivas dun delicto de coaccións ou dun delicto de ameazas, pola contra poden ser atípicas se as práctica un piquete nunha folga. Precisamente un claro exemplo disto sería o suposto de feito que nos ocupa, e que parece que á xulgadora a quo servíulle para entender integrado o tipo penal do artigo 315.3 CP. En efecto, dunha lectura moi atenta da sentencia apelada, e partindo de que non hai proba directa de cargo (é obvio) sobre os tres encartados, pois ninguén afirma telos visto esparexindo as bolsas de lixo nin proferindo concretas ameazas, así como da circunstancia de deducir testemuño de particulares contra as testemuñas da defensa polo único feito de afirmaren a súa condición de integrantes do piquete, razoando por outra banda a xulgadora que non hai outra explicación que a meramente coactiva ou intimidatoria á presenza dunhas cuarenta persoas dentro do local como piquete; partindo de todo isto, diciamos, parece que a xulgadora considera que a mera presenza dun piquete de cuarenta persoas dentro do Pub é unha acción claramente coactiva ou intimidatoria, e por ende delictiva.

Pois ben, coactiva non é endexamais, pois non habería violencia física sobre as persoas; agora ben, si pode aceptarse que, en condicións normais, tal presenza física de cuarenta persoas que entran no local para pedir que éste peche, por moi cortés e educadamente que o fagan, supón unha certa intimidación moral. Agora ben, o quid quaestionis radica en que esa é precisamente a finalidade dos piquetes, que non só son informativos (iso faise na aldea global en que vivimos a través dos mass media e de internet), senon tamén de persuasión no propio centro de traballo, como atinadamente ten sinalado o Tribunal Constitucional. Así pois, a entrada de cuarenta persoas que noutro caso podería, se cadra e atendendo ás circunstancias, resultar delictiva, deixa de selo nunha folga e tratándose dun piquete. Vese claro aquí como o umbral de tolerancia é máis laxo neste caso, por imperativo constitucional.

D) A circunstancia de que dentro do grupo puidera haber (e dicímolo a efectos meramente hipotéticos) actitudes violentas, non afecta ó resto de INTEGRANTES DO GRUPO, en tanto en canto non sexan individualizados como algún dos axentes activos de tal violencia (argumento ex artigo 25.1 CE). Neste senso pronúncianse Antonio BAYLOS/Juan TERRADILLOS, op. cit., páxinas 158-159, así como a propia STCo 254/1988, a cal sinala (FD 5º):

“El ejercicio abusivo del derecho de huelga no puede identificarse con la participación en grupos de huelguistas, y tampoco la mera representación de los mismos es, de acuerdo con la Ley, motivo suficiente para ser responsabilizado por el delito de coacciones cometido por otros. Tales interpretaciones no tienen en cuenta que el derecho de huelga, reconocido en el art. 28 C. E., implica el derecho a requerir de otros la adhesión a la huelga y a participar, dentro del marco legal, en acciones conjuntas dirigidas a tal fin, sin que quepa admitir que el art. 496 del Código Penal hace responsables a quienes encabezan tales acciones de los excesos punibles que puedan cometer otras personas de un grupo. Un entendimiento de esta especie del art. 496 C. P. no sólo superaría los límites legales previstos en el art. 28 C. E., sino que chocaría abiertamente con el principio de personalidad de la pena, que, como ha declarado este Tribunal, está protegido también por el art. 25.1 de la Norma fundamental”.

En definitiva, o que di a STCo 254/1988 é que habendo como había actitudes delictivas de acordo co tenor literal do art. 496 CP de 1973, nembargantes non se podía condear ós acusados porque non foran recoñecidos como as persoas que desenvolveran tales conductas, sen que abondara a tal efecto a mera presenza dentro do piquete, mesmo como dirixentes do mesmo.

Finalmente, debe traerse a colación tamén a doutrina sentada pola STS –Sala II- nº 362/1999 (RJ 1304), de acordo coa cal o elemento do tipo consistente en actuar en grupo ou individualmente pero de acordo con outros non se cumpre en calquera caso en que exista un piquete colectivo, debendo estar expresamente acreditado que era o grupo como tal o que actuaba violentamente, ou un indivíduo do mesmo pero de acordo co resto de grupo que, xa que logo, dun xeito ou doutro, o ampara na súa violencia (encubríndoo ou axudándoo). Así, no suposto de autos o Tribunal Supremo parte do seguinte relato histórico:

“circulando en un vehículo Nissan Micra de su propiedad, en compañía de tres individuos, interceptaron el paso de un camión y apeándose el acusado con un punzón en la mano y tras indicar al conductor que parara, se bajara del mismo, lo dejara allí y se sumara a la huelga, como quiera que hizo caso omiso, que no se bajó del camión, pinchó las ruedas, primero la delantera izquierda y luego las traseras”.

Pois ben, diante de tales feitos probados razoa o Alto Tribunal:

“En el relato que se deja expresado no se dice expresamente que el acusado actuara junto con los individuos que le acompañaban en el vehículo ni tampoco que actuara de acuerdo con ellos. Y ante esa falta de mención expresa, el Tribunal de instancia razona, en sus fundamentos jurídicos, que ese acuerdo se infiere del hecho de que salieran juntos del bar e hicieran asimismo juntos el recorrido que se describe.
El acuerdo con otros que conforma un elemento imprescindible del tipo por el que ha sido condenado en la instancia, cuando no se ha actuado colectivamente, va referido a coaccionar a otras personas a iniciar o continuar una huelga. El acuerdo en modo alguno es suficiente, a estos efectos de integrar esta figura delictiva, si se limita al hecho de acompañarle en el vehículo del que se bajó para realizar la conducta que se le imputa”.

É dicir, esixe o Tribunal Supremo unha especie de premeditación, non abondando coa actitude violenta dun membro do piquete cando ésta poida resultar non prevista ou concertada cos demais membros do piquete con anterioridade. Trátase, por dicilo dalgún xeito, dunha súpeta saída de tono dese membro do piquete, e que polo tanto non amosa o concerto de vontades que esixe o artigo 315.3 CP como elemento do tipo.

En definitiva, o que ven esixir o Alto Tribunal é que o piquete sexa premeditadamente violento ab initio, non considerando típicas as actitudes repentinamente violentas, que non amosan o concerto de vontades que esixe o tipo. Pois ben, aplicada tal doutrina ó presente caso, parece obvio que a única violencia física sobre as persoas que puido haber (se é que a houbo), sería a labazada de José Méndez Torres ó dono do Pub, a cal tanto pola levedade da acción coma polo feito de non haber nada que leve a cismar que era algo premeditado e concertado co grupo, non pode contaminar a actuación do piquete nin servir para elevar unha mera falta de maltrato de obra do art. 617.2 CP ó delicto do art. 315.3 CP. Proba, en úlltima instancia, de que o piquete non era per se violento, e de que non había concerto de vontades para coaccionar, é que nin había carapuchas que ocultasen a identidade dos seus integrantes (ían a cara descuberta todos), nin blandían obxectos que puideran ser susceptibles de intimidar (armas brancas, paos, ferros, pedras, etc.) e, por riba, a única violencia (¡?) cometida consiste en ciscar bolsas de lixo sacadas do contenedor que hai ó pe do Pub. Maior improvisación imposible.

Sendo así as cousas, e non habendo proba de cargo que identifique ós acusados directamente como responsables dunha concreta coacción ou ameaza (das que -por certo- non foron acusados, sen que exista homoxeneidade co delicto do 315.3 CP, tal e como xa se deixóu dito máis arriba), non poden ser condeados; asemade, tampouco é dable condealos en canto cabecillas ou líderes do piquete polos feitos punibles que puidera cometer algún membro do grupo. Finalmente, resulta paradigmático o suposto de feito da STS –Sala II- nº 362/1999 (RJ 1304), no que diante de feitos abondo máis graves que os que nos ocupan non se entendéu aplicable o artigo 315.3 CP.

SEXTO: INFRACCIóN DE NORMAS DO ORDENAMENTO XURíDICO.-

DELICTO DE ATENTADO.

Segundo a millor doutrina científica ACOMETER significa atacar ou embestir con ímpetu ou vehemencia (Miguel POLAINO NAVARRETE, Curso de Dereito Penal Español, Parte Especial, Vol. II, Marcial Pons, 1997, páxina 847); tratándose dunha acción directamente encamiñada a dana-la vida, a integridade corporal ou a saúde (TS ANTON VIVES/JC CARBONELL MATEU, Dereito Penal, Parte Especial, Tirant lo Blanch, 1996, páx. 788).

Abonda coa lectura dos feitos probados da sentencia (e polo tanto incluso obviando os erros valorativos da proba denunciados ut supra) para comprobar como a actuación dos acusados non pode reputarse de acometemento, senon, en todo caso, como resistencia á autoridade; cuestión que non é baladí, pois no primeiro caso resultaría clara a aplicación do artigo 550 CP, entrementres que no segundo haberá que dilucidar diante de que tipo de resistencia estamos, se a do mentado art. 550 CP ou a do 556 CP.

Resulta, xa que logo, trascendental diferenciar con claridade os tipos penais de resistencia á autoridade contidos nos devanditos artigos 550 CP e 556 CP. Tradicionalmente víñase sostendo que a resistencia activa, per se, era subsumible no tipo penal do atentado, polo que únicamente se residenciaba como delicto de resistencia a chamada resistencia pasiva. Nembargantes, o Tribunal Supremo, seguindo á maioría da doutrina científica, troca o seu criterio a partires do ano 1996, de xeito tal que se admite expresamente que dentro da figura da resistencia á autoridade son subsumibles supostos de feito nos que exista unha resistencia que vai alén da meramente pasiva, supoñendo, en definitiva, actuacións activas de oposición, pero nas que prima o dolo específico de resistirse (e non de atentar). Pódese citar en tal senso as SSTS de 3.10.1996 (RJ 7048) e 11.03.1997 (RJ 1711).

Pois ben, esta doutrina é ratificada posteriormente pola STS nº 581/1999, de 21.04.1999 (RJ 3202), xa en aplicación do actual Código Penal de 1995, a cal entende –ademais- que tal doutrina recibíu expresa sanción legal co novo CP de 1995.

Sinálase así por esta STS de 21.04.1999 (FD 2º):

“... tal rigor se atemperó en la Sentencia de 3 de octubre de 1996 -núm. 665/1996- en la que se dio entrada dentro del delito de resistencia a determinados comportamientos activos del individuo que no podían calificarse de acometimiento -se trataba de puntapiés dados a los agentes por quien ya había sido reducido-, criterio que se confirmó en la STS de 11 de marzo de 1997.

Tal modificación interpretativa ha recibido sanción legal en la actual definición de atentado y resistencia prevista en los artículos 550 y 556, respectivamente.

En el art. 550 se describe como uno de los modos del delito de atentado el de la resistencia activa grave, es decir queda definido por la nota de la actividad y la nota de la gravedad, de donde el delito de resistencia, dada su condición residual en su actual deslinde con el delito de atentado, debe ir definido no solo por la nota de la pasividad -criterio del anterior Código en la interpretación jurisprudencial citada-, sino también y principalmente por la nota de la no gravedad aunque exista un comportamiento de oposición activo.

En el caso enjuiciado, el «factum» de la Sentencia recoge que Víctor R., tras ser detenido e introducido en el turismo policial «... agredió dando patadas sufriendo diversas erosiones los policías...».
De conformidad con la doctrina expuesta y a la vista de la actual descripción del delito de atentado del art. 550, es obvio que se está en presencia de un comportamiento activo -dar patadas- que no reviste gravedad tanto por el hecho en sí, como por el momento de esta actitud, tras ser detenido e introducido en el vehículo policial. Tal acción no merece la calificación de atentado, y por el contrario debe derivarse la calificación penal al tipo residual del delito de resistencia del art. 556 como se calificó por la Sala sentenciador”.

Este deslinde entre as figuras de resistencia dos artigos 550 e 556 do CP de 1995 foi aceptado polas posteriores SSTS nº 392/2001, de 16.03.2001 (RJ 1898); nº 1454/2002, de 13.09.2002 (RJ 8444); e nº 1807/2002, de 4.11.2002 (RJ 9743). Esta doutrina legal do Alto Tribunal que se acaba de citar goza de interese non só polo feito de que siga, e polo tanto ratifique, a doutrina que pró actual CP de 1995 establece a STS de 21.04.1999, senon que a súa importancia no presente litixio acrecéntase pola concreta casuística na que o Alto Tribunal entendéu que a resistencia activa era grave, e xa que logo subsumible no tipo penal do atentado (art. 550) e non de resistencia menos grave (art. 556). Trátase de casos nos que a persoa que se resistía (éste sería o dolo específico do encartado en tales procesos: mera resistencia e non ánimo de atentar) opera cunha navalla (STS nº 1807/2002), intenta atropellar ó policía (STS nº 1454/2002), ou esgrime unha pistola coa que golpea ó axente da autoridade (STS nº 392/2001). ¡En fin!, pouco que ver cos feitos imputados ós aquí apelantes que son, e resulta palmario, abondo menos graves, e por ende subsumibles dentro do artigo 556 CP.

En semellante senso, e seguindo a devandita doutrina legal, pode citarse numerosa xurisprudencia menor das Audiencias Provinciais nas que supostos de feito coma o que nos ocupa, ou incluso máis graves, foron reputados resistencia activa non grave, ou o que é igual, delicto de resistencia á autoridade do artigo 556 CP e non delicto de atentado do artigo 550 CP. Así, SAP de Valencia nº 295/2001 (JUR 2002/109068), na que o acusado propina codazos ó estómago do policía, botándoo ó chan, e lanzándolle ó aire un puñetazo; SAP de Murcia nº 94/2001 (JUR 40116), na que o acusado propina puñetazos, patadas e máis un cabezazo ós axentes; SAP de Madrid nº 330/2000 (JUR 2001/46067), dándolle manotazos e patadas ós axentes, causando lesións constitutivas de delicto; SAP da Coruña nº 60/1999 (ARP 5463), con pataleos, insultos e un cabezazo ós axentes, así como golpes no coche celular; SAP de Girona nº 285/2002 (JUR 191094), sacando unha navalla do peto e abríndoa pero sen chegar a acometer ó axente ó coller éste ó acusado e obrigalo a solta-la navalla; SAP de Navarra nº 145/2002 (JUR 2002/283649), tornándose cara ó axente cunha navalla, actitude que se depón cando éste empuña a arma regulamentaria; SAP de Madrid nº 804/2001, con resistencia porfiada, manifesta e tenaz ó ser apresado e conducido ó vehículo oficial, con oposición física, habendo dúas agresións; SAP de Vizcaya nº 96/1999 (ARP 2942), aprisionando ó axente co automóvil nunha maniobra evasiva, e posterior forcexeo, causando lesións a un policía; SAP Vizcaya nº 66/1999 (ARP 2852), existindo forcexeo no seo do cal se lle retorce ó brazo a un policía; SAP de Barcelona 8.03.2002 (JUR 138415), golpea ó policía cun dos grilletes tras ser esposado; SAP de Almería nº 111/2003 (JUR 218575), abalanzándose contra un Policía Municipal a quen se agarra polo pescozo, causándolle arañazos; SAP Sevilla de 21.03.2001 (JUR 153833), dando patadas e cabezazos cando o intentan introducir no coche policial, lesionando a un dos axentes.

Asemade, moitas das devanditas sentencias aluden expresamente, para discernir entre atentado e resistencia, ó dolo específico que concorre no caso, de xeito tal que se non hai ánimo específico de atentar, senon pola contra de resistirse, estaremos diante dunha resistencia (outra cousa será que se ésta resulta activa e grave sigamos en sede do art. 556 CP; pero de ser pasiva, ou activa pero non grave, haberá de acudirse ó 556 de igual corpo legal). En definitiva, refencia ó dolo directo e específico faise nas SSAP de Barcelona de 8.03.2002 (JUR 138415), Vizcaya nº 66/1999 (ARP 2852), ou A Coruña nº 62/2000 (ARP 2001/490).

Partindo do anterior, é obvio que de facerse caso á versión dos feitos das acusacións, ou sexa, o peor dos casos prós acusados, Guillermo Rey agarróu a un policía para frustra-la detención dun terceiro, e despois opúxose reiteradamente a ser detido e introducido no coche policial, por medio de aspavientos, manotazos e codazos. Todo isto non pasa de resistencia non grave de acordo cos exemplos vistos anteriormente na xurisprudencia menor e no Tribunal Supremo.

José Luís Trigo Cruzado tamén se oporía contundemente á súa detención por medio de xestos e manotazos, pero ademais a propia policía declara que o seu comportamento foi menos agresivo que o de Guillermo Rey Rouco. De aí que non só non se deba pasar neste caso do tipo penal do artigo 556 CO, senon que mesmo parece que debera acudirse á falta do artigo 634 CP (faltas de respeto e consideración debida ós axentes da autoridade, ou desobediencia leve ós mesmos). Repárese incluso en que a propia actuación arbitraria do xa famoso Axente 228.618 co significativo: ¡Trigo identifícate!, e ulterior detención indiscriminada, obriga tamén a degradar o posterior comportamento do señor Trigo dende o tipo penal do artigo 556 CP á mentada falta do 634 CP.

En conclusión, esta parte apelante entende que non houbo delicto nin falta no comportamento dos señores Rey Rouco e Trigo Cruzado; mais en caso contrario, o señor Trigo cometería únicamente unha falta do artigo 634 CP, ou subsidiariamente un delicto de resistencia do artigo 556 CP; pola súa banda, o señor Rey Rouco ou non fixo nada punible, ou cometéu un delicto de resistencia do artigo 556 CP.

SÉTIMO: INFRACCIóN DE NORMAS DO ORDENAMENTO XURíDICO.-

DELICTO DE LESIÓNS.

A sentencia condea a José Guillermo Rey Rouco por un delicto de lesións do artigo 147.1 CP. Nembargantes, do propio relato histórico da sentencia infírese que a actuación de Rey Rouco consistiría en agarrar ó Axente da autoridade para así permitir que un terceiro, que se atopaba asido polo Policía Municipal, escapara da acción déste; pois ben, tal acción de agarrar, con maior ou menor forza, evidencia a ausencia de todo ánimo de mancar ó Policía Municipal; isto é, non hai unhas lesións dolosas, senon culposas, polo que hai que fuxir do artigo 147 CP para así acudir ó artigo 152 CP ou ó artigo 621 CP. Dito doutro xeito, o dolo do acusado circunscríbese á acción de agarrar, pois obviamente é unha acción querida, coa clara finalidade de permitir a fuxida dun terceiro, mais non hai nada que amose que o ánimo do señor Rey Rouco abranguía tamén o resultado lesivo habido. Daquela, éste só pode imputárselle a título de culpa.

Por outra banda, tanto as lesións producidas (que lembremos operan sobre unhas doenzas preexistentes do Policía, como recoñece o seu perito na vista oral e recolle a sentencia) como o medio empregado para producilas (mero agarrón) obrigarían -no peor dos casos para o acusado Rey Rouco- a acudir ó tipo penal do artigo 147.2 CP.

Así pois, esta parte apelante entende que as lesións de referencia deberían susbsumirse no artigo 621 CP, como falta de imprudencia leve que causa unha lesión constitutiva de delicto (621.3); no seu defecto, como falta de imprudencia grave que causa lesións propias do art. 147.2 CP (621.1); subsidiariamente, como delicto de lesións imprudentes do artigo 152 CP.

Non obstante, e coherentemente co xa defendido na impugnación da valoración da proba feita ut supra, esta parte entende que ningunha lesión causóu Guillermo Rey Rouco a Jesús Candal Rivas, pois non o tocóu nin movéu.

OITAVO: INFRACCIóN DE NORMAS DO ORDENAMENTO XURíDICO.-

Infrínxese na sentencia apelada os artigos 1902 CC e 109 a 114 CP, na medida en que esquece o dato fundamental, cara á cuantificación da indemnziación civil, de que o perito Felipe Guzmán, presentado polo acusador particular Jesús Candal Rivas, recoñece a existencia de lesións previas, sen as cales o resultado derivado da acción imputada ó acusado José Guillermo Rey Rouco tería sido menor (Folio 14-volto da acta do xuízo). Por tal motivo, entendemos debe minorarse nun 50% a indemnización por secuelas recoñecida na sentencia apelada.

Xa que logo,

SUPLICO Ó XULGADO: Eleve os autos diante da AUDIENCIA PROVINCIAL de Lugo, a fin de que por ésta se revogue a sentencia apelada, absolvendo ós apelantes de tódolos cargos; ou subsidiariamente condeando a don José Guillermo Rey Rouco por un delicto de resistencia á autoridade do artigo 556 CP e unha falta de lesións do artigo 621.3 CP; a don José Luís Trigo Cruzado por unha falta do artigo 634 CP; e a don José Méndez Torres por unha falta do artigo 617.2 CP.

Lugo, a trece de febreiro do dous mil catro.


I OUTROSÍ DIGO: Que ó abeiro do disposto no artigo 791.1.in fine da LECrim, procede sinalar data para a celebración dunha VISTA ORAL para o máis axeitado esclarecemento dos feitos, máxime dado o mandato constitucional de oralidade establecido no artigo 120.2 CE de 1978, “sobre todo en materia criminal”.

II OUTROSÍ DIGO: Sinálase como enderezo en Lugo o da Procuradora Ana Fernández Santos no Colexio de Procuradores de Lugo.

Lugar e data ut supra.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/10/2004
cig.informatica