ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 20 de novembro de 2004

Campaña da Secretaría da Muller da CIG
25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
“Até cando?”, cartaz da campaña da Secretaría da Muller da CIG contra a violencia de xénero.
 
A violencia contra as mulleres atópase en tódalas esferas da vida e non podemos restrinxila aos malos tratos que se detectan no ámbito do fogar. É un fenómeno social plasmado nos diferentes ámbitos da vida, nas relacións sociais, nas relacións laborais, nas relacións persoais, nos medios de comunicación, etc.

A violencia contra as mulleres deriva da desigualdade de poder entre homes e mulleres, e polo tanto é un instrumento de dominación e control social das mulleres tolerado socialmente.

A violencia contra as mulleres non é natural, é aprendida.

A violencia contra as mulleres é un fenómeno de carácter estrutural e isto conleva exixir medidas para ese cambio estrutural que removan as bases na que se asenta. Hai que difundir valores e actitudes radicalmente diferentes dende a educación, os medios de comunicación, etc. Hai que exixir aos poderes públicos, aos axentes socializadores que transmiten unha ideoloxía patriarcal e que sustentan a subordinación e discriminación das mulleres ese cambio, que debe ser abordado dende a súa real dimensión e coa suficiente intensidade.

Elvira Patiño Ojea, secretaria nacional da Secretaría da Muller da CIG.


As vítimas na prensa:

  • Sara Alonso asasinada en Vigo.
  • Detido un sexaxenario de Noia por presunta violación da súa neta. La Voz, 8 de novembro de 2004.
  • Un vigués condenado a nove anos de cárcere por abusar da súa filla en 1993. La Voz, 28 de outubro de 2004.
  • Un acusado de abusar da súa filla de 11 anos, di que só a levaba de pubs. La Voz, 29 de outubro de 2004.
  • A policía rescata dun piso de Lugo a unha muller que estaba sendo agredida. La Voz, 28 de outubro de 2004.
  • Un condenado por malos tratos ameazas desde A Lama á súa compañeira. La Voz, 28 de outubro de 2004.
  • Detido en Líbano o home que abrasou a súa moza en Málaga. La Voz, 7 de novembro de 2004.
  • O xurado declara culpábel por unanimidade ao home que violou e asasinou á nena Tamara Navas. La Voz, 7 de novembro de 2004.
  • O fiscal pide oito anos de prisión para un xoven por agresión sexual a unha peregrina. La Voz, 6 de novembro de 2004.

As vítimas segundo dados oficiais:

O Poder Xudicial informou de que en Galiza no ano 2003 houbo un total de 3.507 denuncias recibidas das que 496 foron retiradas e 3.011 foron tramitadas.

Nos nove primeiros meses deste ano 2004, denunciáronse en Galiza 1.327 delitos e 939 faltas por malos tratos a mans da parella ou ex parella da vítima. As detencións por “violencia doméstica” triplicáronse na Galiza durante o primeiro semestre. Foron arrestadas entre xaneiro e xullo un total de 369 persoas, cifra tres veces superior á rexistrada no mesmo período do ano anterior.


As medidas que propoñemos:

Mecanismos de prevención:

  • Campañas institucionais de concienciación sobre este problema.
  • No ámbito educativo, materias que introduzan á transversalidade na educación para a igualdade ou prevención de condutas violentas.
  • Medidas para rematar coa imaxe sexista das mulleres que difunden os medios de comunicación.

Recursos de atención unha vez producido o maltrato:

  • Redes eficaces de información e asesoramento ás mulleres.
  • Máis casas de acollida e vivendas tuteladas.
  • Programas eficaces de inserción laboral das mulleres maltratadas.
  • Programas de asistencia psicolóxica ás vítimas.
  • Programas de asistencia xurídica áxiles para as vítimas de malos tratos.
  • Axudas económicas para as mulleres maltratadas.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/11/2004
cig.informatica