|
Actualidade CIG-Comunicación-
A pregunta dirixida ao Goberno faise eco da irregularidades denunciadas pola CIG. A autorización concédese a “Atento Teleservicios España sucursal Marruecos”, empresa que non existe no rexistro. Transferíronse datos de clientes e incluso de ex-clientes e potenciais clientes sen o visto bon dos mesmos, malia ser obrigatorio por Lei. Por outra banda, Marrocos é, dende o punto de vista da protección de datos, un país considerado non seguro, xa que non ten lexislación ao respeito. Na pregunta, o deputado Francisco Rodríguez destaca o grave impacto social que a deslocalización tería sobre o emprego -máis de 600 empregos só en A Coruña-. Dende a CIG lémbrase que a anterior deslocalización do servicio coñecido como “1003” saldouse coa perda de 444 postos de traballo en todo o Estado. O BNG pregúntalle ao Goberno polas actuacións que o Executivo, ou mesmo a fiscalía, realizarán para frear a ilegal transferencia de datos, e como se fará uso da “acción de ouro” en Telefónica para frear esta deslocalización que califican de anti-social. Pregunta tamén se o Goberno manterá o servicio público 900 da Dirección Xeral de Tráfico que presta Atento dende Marrocos. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/11/2004 |