ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 12 de novembro de 2004

Seguen sen adoptarse medidas en seguranza marítima
A CIG chama a participar na manifestación convocada por Nunca Máis o 13 de novembro

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
13 de novembro, Día da Dignidade. Seguimos a exixir solucións e xustiza.
Clic para aumentar
A CIG, integrada en Nunca Máis, súmase ás demandas da Plataforma, que exixe que se designe a zona marítima galega como “área especial” ao abeiro do Convenio internacional MARPOL, o alongamento da Disposición de Separación do Tráfico Marítimo de Fisterra, con cobertura vía satélite, medios operativos permanentes e unidades de vixilancia marítima (navais e aéreos) e aumento da cantidade e calidade das inspeccións dos buques que atracan nas nosas costas.
 
A CIG fai un chamamento a todos os galegos e galegas a participar na manifestación convocada pola Plataforma Cidadá Nunca Máis o próximo sábado día 13 de novembro –Día da Dignidade– ás 18:00 horas, con saída da Alameda de Santiago baixo o lema “Seguimos a exixir solucións e xustiza”.

Os poderes públicos aínda non adoptaron as medidas necesarias en seguranza marítima para previr a posibilidade de novos accidentes. A costa afectada precisa dun labor continuado de rexeneración e os sectores produtivos necesitan apoio polo descenso de capturas nun 25% este ano. Ningunha destas medidas poderá levarse a cabo se non se acompaña de partidas orzamentarias que permitan a súa posta en marcha, pero nin os orzamentos do 2003 nin os do 2004 as contemplan.

A CIG, integrada en Nunca Máis, súmase ás demandas da Plataforma, que exixe que se designe a zona marítima galega como “área especial” ao abeiro do Convenio internacional MARPOL, o alongamento da Disposición de Separación do Tráfico Marítimo de Fisterra, con cobertura vía satélite, medios operativos permanentes e unidades de vixilancia marítima (navais e aéreos) e aumento da cantidade e calidade das inspeccións dos buques que atracan nas nosas costas.

Nunca Máis solicita tamén un operativo público de salvamento marítimo coa dotación de remolcadores de máis de 150 toneladas de potencia de tiro e a construción de buques anti-contaminación con capacidade de almacenaxe de 3.000 m3 e con base en Galiza, ademais de centros de almacenamento ao longo da costa galega, un plano de continxencias da Xunta, con planos de continxencia para rías e portos e o establecemento de lugares refuxio na costa galega, dotados de medios e protocolos de actuación. O labor de rexeneración do litoral e do medio mariño debe ser continuado e contar cunha planificación clara e dotación económica para este fin.


Compensacións económicas

O descenso das capturas en case un 25% obriga a adoptar medidas compensatorias reais de apoio e recuperación económica aos sectores afectados: produtores, depuradores, comercializadores e sector turístico, entre outros. Para iso, é necesario que se desenvolva un Plano de recuperación e repoboación de especies de valor comercial, en proporción o nivel da catástrofe experimentada.

Para poder adoptar estas medidas é imprecindíbel que os orzamentos deste e dos próximos anos teñan en conta as necesidades deste país. Porén, nin nos orzamentos do 2004, nin nos do 2005 aparecen consignadas partidas en capítulos tan significativos como a recuperación ambiental ou a seguridade marítima.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/11/2004
cig.informatica