|
Actualidade CIG-Comunicación-
Por un delito contra os dereitos dos traballadores,
cada un dos A CIG estuda a presentación dun Recurso de Amparo ao Tribunal Constitucional e a solicitude de indulto ao goberno.
Malia a sentenza axustarse á legalidade conforme o Código Penal, a CIG avalía que as condenas son totalmente desproporcionadas e abusivas. “Vulnérase o principio de proporcionalidade contemplado expresamente pola Sala Segunda do Tribunal Supremo e polo propio Tribunal Constitucional, que intenta evitar o automatismo da resposta penal até extremos que resulten exaxerados”, afirma Suso Seixo, secretario xeral da CIG. A propia Audiencia Provincial así o recoñece e na sentenza anímase aos condenados para que recorran aos mecanismos legais previstos, como é a solicitude de indulto, para impedir que se efectivice. Para Suso Seixo, “isto denota un elitismo e unha visión profundamente conservadora de amplos sectores da xudicatura. En función diso, tamén aplican a lei nun sentido ou noutro dependendo de quen sexa o encausado”. A modo de exemplo, Seixo lembra que hai empresas que vulneran dereitos fundamentais, como é o dereito de folga, contra as que non se adoptaron este tipo de medidas. É o caso de Augas Fontoira, que durante un ano consecutivo estivo substituíndo os folguistas con persoal contratado de fóra e o máximo ao que condenaron o empresario foi a seis meses de cadea.
Xermán Vázquez, letrado da CIG, prepara o Recurso de Amparo que será presentado ante o Tribunal Constitucional. Un dos elementos centrais deste recurso aparece recollido na propia sentenza, xa que fai referencia a que a traballadora non tiña realmente interese en seguir traballando, polo que a quen se lle impediu continuar co centro de traballo aberto foi ao propio empresario. “O dereito de folga a quen lle asiste é aos traballadores, que son os que están convocados e non se pode interpretar que o empresario tamén está afectado e que, polo tanto, se lle impediu o dereito ao traballo” explica o secretario xeral da CIG. A CIG ten previsto presentar a petición de indulto esta mesma semana e iniciará as xestións necesarias para evitar que os compañeiros condenados entren en prisión. A Audiencia Provincial aínda non fixo público o auto dando por firme a sentenza e ordenando o seu ingreso en prisión, polo tanto esas xestións irán na vía de intentar paralizar a súa efectivización. No Recurso farase referencia á demanda de que cautelarmente se paralice mentres o Tribunal Constitucional non resolva. O problema é que poden pasar varios meses antes de que se decida se admite a trámite ou non o Recurso, polo que deben ser exploradas outras vías. A CIG ten previsto pór en marcha mobilizacións e buscar de apoios sociais para que os tres encausados non vaian á cadea.
|
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 10/11/2004 |