ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 26 de novembro de 2004

Concentración de delegados da CIG diante da oficina principal de Banesto en Lugo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Clic para aumentar
Un 80% do persoal de Banesto en Galiza é presionado para facer horas non declaradas máis alá da xornada laboral legalmente establecida. Este fraude ten unha incidencia directa e claramente negativa, tanto para os traballadores/as de Banesto como para a propia sociedade galega, polo que de insolidariedade cara ao conxunto da poboación implica. (Fotos: ©Manolo Valcárcel e Xosé Valcárcel, 24/11/2004).
   
Na tarde do día 24 de novembro, delegados da CIG concentráronse durante unha hora diante da oficina principal de Banesto en Lugo coa xa coñecida pancarta na que se reclama sinxelamente que se cumpra a Lei, baixo a reivindicación: “Non ao fraude laboral en Banesto, cumprimento do horario laboral ¡XA!”.

A CIG, por medio dos seus representantes ten reclamado da dirección de Recursos Humanos do banco un xiro importante na súa política de presión e de extensión ilegal da xornada, non obtendo até agora máis resposta que “o silencio”, polo que non queda outro remedio que seguir recorrendo a este tipo de denuncias públicas. Os delegados anuncian que seguirán na loita ata obter os seus obxectivos.

Durante a concentración volveu repartiuse a nota informativa que xa se repartira nas mobilizacións anteriores, denunciando o fraude nas horas extras, co seguinte texto: “240.000 horas anuais de fraude en Banesto-Galicia”.

Un 80% do persoal de Banesto en Galiza é presionado para facer horas non declaradas máis alá da xornada laboral legalmente establecida.

Este fraude ten unha incidencia directa e claramente negativa, tanto para os traballadores/as de Banesto como para a propia sociedade galega, polo que de insolidariedade cara ao conxunto da poboación implica.

  • En Banesto en Galicia fanse máis de 240.000 horas anuais non declaradas.

  • Pérdese deste xeito a creación de 140 postos de traballo para mozos e mozas en paro.

  • Nos últimos 10 anos o cadro de persoal de Banesto en Galicia reduciuse nun 20%, é dicir, 144 postos de traballo eliminados.

  • Esta política utilizada polos responsables de Banesto ten como resultado a destrucción de 284 postos de traballo netos.

  • A esta prolongación de xornada non escapa nin o persoal fixo, nin o contratado temporal, nin o que presta o seu servicio en Banesto a través das ETTs, que coa súa complicidade están máis pendentes do negocio que do cumprimento da lei.

  • O medo á mobilidade xeográfica é utilizado como medida de presión: os traslados fóra das cidades de orixe dos traballadores/as, facilita a submisión de calquera empregado/a que pretenda manter o seu posto de traballo en Banesto.

Para Banesto en Galiza, é máis importante o mal entendido concepto dos resultados económicos e a productividade por empregado/a, que as leis laborais vixentes.


Lugo, 24 de novembro de 2004.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/11/2004
cig.informatica