|
Actualidade CIG-Comunicación-
Con esta mobilización as traballadoras e traballadores desta empresa, que a direción pretende pechar, queren denunciar e repudiar (máis unha vez) a actitude do alcalde do PP, que até o momento “pasou” de procurar unha solución a este grave problema, que atinxe a un gran número de familias da comarca. Unha actitude incomprensíbel xa que el debía ser quen máis apoiara a continuidade da fábrica, máxime nunha bisbarra na que non abonda a industria e as taxas de paro son moi altas. Durante a concentración diante do Concello, na que participaron uns mil veciños, o alcalde foi asubiado e tivo que escoitar os berros acesos da protesta pola súa actitude insolidaria e caciquil (tal como se pode ollar no vídeo anexo a esta nota informativa). |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 24/11/2004 |