ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 18 de novembro de 2004

Continúa a campaña da Federación de Banca en defensa das condicións laborais e dos postos de traballo
O Carballiño foi escenario dunha nova mobilización da Sección Sindical da CIG no Banco Pastor

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Clic para aumentar
Esta mobilización enmárcase nunha campaña posta en marcha pola CIG para denunciar a política de recursos humanos do Banco Pastor dende a chegada do novo conselleiro delegado, Fulgencio Cuellar, procedente do Banco Popular. (Fotos: ©galizacig.com, 16/11/2004).
 
Representantes sindicais da CIG no Banco Pastor e da Federación de Banca de Ourense concentráronse dende as 12 da mañá do día 16 diante da oficina que o Banco Pastor ten en O Carballiño. A mobilización tivo un gran impacto e seguimento por parte da veciñanza, xa que era día de feira nesta vila ourensá.

Esta mobilización enmárcase nunha campaña posta en marcha pola CIG para denunciar a política de recursos humanos da entidade dende a chegada do novo conselleiro delegado, Fulgencio Cuellar, procedente do Banco Popular.

Anteriormente e neste mesmo mes houbo concentracións de delegados/as en Ribeira e en Viveiro, nas que a Sección Sindical xa anunciaba novas mobilizacións.

A CIG oponse á política de traslados xeneralizados e discriminatorios, á indefinición de categorías profesionais pola que a empresa está a crear discriminacións retributivas entre o cadro de persoal, contra a extensión ilegal da xornada laboral e en xeral denuncian a implantación dunha política laboral baseada no acoso moral aos traballadores/as.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/11/2004
cig.informatica