ActualidadeVolver a Actualidade


Ourense, 8 de novembro de 2004

A plantilla leva catro meses sen cobrar e non hai carga de traballo debido ao abandono polo empresario das súas responsabilidades
O conflicto en Mobles Cordeiro chega ao Concello de Ourense onde o alcalde non recibiu ao Comité

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Os 50 traballadores/as de Mobles Cordeiro, arroupados por unha representación da CIG, concentráronse ante as portas do Concello de Ourense.
Clic para aumentar
Berros de “¡Cordeiro solución!” ao paso de José Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense, por diante dos/as concentrados.
Clic para aumentar
Xan Losada, secretario comarcal da Federación de Construcción e Madeira da CIG en Ourense, é entrevistado polos medios de comunicación. (Fotos: ©GalizaCIG, 05/11/2004).
 
O alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, non accedeu a recibir ao Comité de Empresa de Mobles Cordeiro. Ante esta situación os traballadores e traballadoas optaron por concentrarse ante o Concello o pasado día 5 de novembro.

Os 50 traballadores e traballadoras de Mobles Cordeiro, arroupados por unha representación da CIG, sindicato que ostenta a representación no Comité de Empresa, concentráronse dende as 9:30 horas da mañá ante as portas do Concello de Ourense onde ía celebrarse un Pleno ordinario.

O seu paso, os distintos concelleiros do Partido Popular, entre eles o presidente da Deputación, José Luís Baltar, foron recibidos polos concentrados con berros de “¡Cordeiro solución!”.

As mobilizacións comezaron no mes de setembro con concentracións ante a Delegación da Consellería de Traballo en Ourense, mobilizacións diante do domicilio particular do empresario e concentracións ante as instalacións da empresa, realizando os traballadores/as folgas intermitentes para poder concentrarse.

Mobles Cordeiro leva 4 meses sen abonar os salarios, e dende o mediados de setembro non hai carga de traballo debido ao abandono por parte do empresario das súas responsabilidades.

Neste momento hai aberto a instancia do persoal un proceso xudicial por rescisión de contratos ante o impago dos salarios e pola falta de carga de traballo. A empresa ameaza por enfocar a vía xudicial pola nova Lei Concursal pola que pagaría 20 días por ano traballado cun máximo dun ano.

Dende o Comité de Empresa e dende a CIG solicitan das administracións públicas a mesma sensibilidade que aparentemente teñen neste momento con outras empresas en crise da provincia de Ourense.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/11/2004
cig.informatica