|
Actualidade CIG-Comunicación-
Non puido ser. A mediación prevista para o día 18 de novembro no SIMA (Servicio de Intermediación e Arbitraxe) en Madrid saldouse sen conciliación. A parte social rexeitou a arbitraxe xa que practicamente era unha transcrición da plataforma patronal. A conflictividade volverá ao sector do telemárketing no mes de decembro ao estar chamados todos os traballadores e traballadoras do sector a novas xornadas de folga para os días 7, 23 e 30 de decembro. A arbitraxe rexeitada consistía nos seguintes puntos: Xornada
Ampliación das bandas horarias das quendas de traballo
Subrogación, contrato indefinido e indemnización
Salario
A subrogación e a loita contra a temporalidade quedaría adiada sen data pola “arbitraxe en equidade”; ampliaríanse as bandas horarias como pretende a patronal desregulando a xornada laboral e non recolle as melloras salariais defendidas polos traballadores/as. Dentro da campaña de mobilizacións que incluirá a convocatoria das xornadas de folga, a CIG ten previsto denunciar xunto ás grandes empresas de telemárketing radicadas na Galiza, ás administracións públicas e empresas galegas propietarias ou usuarias de subcontratas de telemárketing. |
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/11/2004 |