ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 24 de novembro de 2004

Vilagarcía escenario de novas mobilizacións en protesta pola situación no Banco Pastor
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Clic para aumentar
Esta protesta enmárcase na campaña de mobilizacións que a CIG está a levar a cabo nas oficinas do Banco Pastor de todo o país. (Foto: ©galizacig.com, 23/11/2004).
 
Arredor de 50 traballadores da sección sindical da CIG do Banco Pastor, xunto con outros membros da Federación de Banca, concentráronse diante da oficina desta entidade en Vilagarcía para protestar pola precaria situación que padecen os traballadores desta empresa.

Esta protesta enmárcase na campaña de mobilizacións que a CIG está a levar a cabo nas oficinas do Banco Pastor de todo o país.

Xa se celebraron outras concentracións, no que vai de mes, en Ribeira, Viveiro e O Carballiño.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/11/2004
cig.informatica